Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coa beizón do goberno cántabro

Caixanova estuda o SIP con Caja Cantabria, Sa Nostra, Cajastur e Cajamurcia

Segundo avanza Caja Cantabria, as entidades converxerían baixo a fórmula do Sistema Institucional de Protección. Manterían amarca, e coa fusión no horizonte do medio prazo.

Europa Press - 18:48 04/02/2010
Fernández Gayoso, presidente de Caixanova

Fernández Gayoso, presidente de Caixanova

O presidente de Caja Cantabria, Enrique Ambrosio Orizaola, recoñeceu que a entidade está a falar con Caixanova, Cajastur, a balear Sa Nostra, e Caja Murcia dentro das negociacións para un proceso de integración, pero matizou que se trata só dunha "das alternativas", porque tamén hai contactos con outras entidades e non hai aínda acordos nin se empezou a falar do plan de negocio. Segundo as súas previsións, haberá que esperar aínda un mes máis para coñecer con que entidades se desenvolverá o proceso de integración da caixa cántabra, que segue apostando por reunir entre catro e seis caixas baixo a fórmula SIP (sistema institucional de protección), co fin de manter a marca, os órganos de goberno e a obra social.

Despois de transcender nalgúns medios de comunicación as negociacións con esas catro entidades, o presidente de Caja Cantabria explicou que esa é "unha das alternativas" da entidade cántabra, pero insistiu en que tamén se está a falar con outras caixas. "¿ Estamos a falar con esas caixas e con outras? Si. ¿Asinamos ou estamos a negociar o plan de negocio? Non", resumiu Ambrosio, quen recalcou que "antes de sentar" cunhas ou outras para deseñar un plan de negocio conxunto hai que ter "definidas" unha serie de "liñas de xogo" que, nalgúns casos, dependen das respostas que lles dea o Banco de España.

Ambrosio sinalou que as respostas que vai formulando o Banco de España aos distintos interrogantes satisfan ás veces a unhas caixas máis que a outras e haberá que esperar a ter a resposta a todas as preguntas e a ter as "directrices" do SIP para, en función diso, lograr unha "conxunción entre catro, cinco ou seis caixas". Entre elas admite que poderían estar Cajastur, Sa Nostra, Caixanova e Cajamurcia, coas que podería ser "viábel" a integración, pero tamén poderían ser outras" porque, tal como reiterou o presidente de Caja Cantabria, "non está nada pechado" e hai outras caixas coas que se atopan "nas mesmas circunstancias".

Beizón do goberno cántabro
O presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, cre que é unha "boa fórmula" a alternativa de integración de Caja Cantabria con Caixanova, Cajastur, Sa Nostra e Caja Murcia, sinalando que o conxunto disporía duns 100 mil millóns de euros de activos.

A preguntas da prensa tras coñecerse que Caja Cantabria mantén contactos coas tres entidades citadas dentro dunha das alternativas de integración que se formula, porque tamén existen contactos con outras, valorou positivamente o proceso así como o feito de que a entidade cántabra estea a negociar "sobre a base de non perder personalidade xurídica" e de conservar "a autonomía da obra social". O xefe do Executivo opina que é "unha boa fórmula" que a caixa se integre nun conxunto que sumaría os 100 mil millóns de euros en activos, e gabou especialmente a Cajastur, que cualificou do "socio ideal", non xa pola proximidade senón porque opinou que é "unha das caixas máis sólidas de España" e está "fóra de calquera sospeita". Revilla insistiu en que a integración das caixas é "imprescindíbel" ademais dun "ultimato de Europa e do Banco de España" para rematar coa atomización.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: