Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consulta popular

Aríns pronúnciase a prol da independencia

77 persoas manifestáronse partidarias de probar "algo completamente diferente", mentres que os outros catro votos foron declarados nulos.

Redacción - 12:05 06/10/2009

A consulta popular que tivo lugar esta fin de semana en Aríns (Compostela) saldouse cunha vitoria esmagadora da opción a prol de probar "algo completamente diferente", en lugar de seguir a ser "unha colonia como nos últimos 525 anos". O referendo, organizado por Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos, tivo, así e todo, unha escasa participación.

O escrutinio rematou con 28 votos a favor e ningún en contra na urna para maiores de 18 anos e cun voto a favor e ningún en contra na urna para menores de 18 anos. O proceso máis longo foi o escrutinio do voto por correo, que concluíu con 52 votos emitidos, dos que 48 se posicionaron a prol de "algo completamente diferente" e catro foron declarados nulos, por chegaren fóra de prazo.

Aínda que a organización da consulta evitou dar "mostras externas de alegría", por "cortesía institucional", non ocultaron dar chimpos. Na web de Sei o que... publicouse un vídeo coproducido con GZVídeos onde se amosa o desenvolvemento da histórica xornada de votación.


4.85/5 (20 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: