Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza o vindeiro xoves

O Encontro Irmandiño redefine o seu traballo "dentro e fóra do BNG"

A comisión coordinadora da corrente que ten en Xosé Manuel Beiras o seu principal referente estuda os seus pasos futuros.

Redacción - 11:00 27/07/2009

Para o próximo xoves día 30 está prevista a reunión da Coordenadora do Encontro Irmandiño, co obxectivo de reflexionar conxuntamente "sobre o estado da vida interna do BNG e a súa relación cos movementos sociais, así como os métodos para achegar o BNG e o Encontro aos mesmos". Un proceso no que cavilan convocar máis adiante "un grande encontro nacional moi aberto sobre estas cuestións".

Na mesa da xuntanza desta semana estarán varias suxestións achegadas por grupos de militantes, acerca dos obxectivos para o novo período político e na intención de seren roteiro para "o seu reforzo orgánico para o traballo dentro e fora do BNG".

"O Encontro Irmandiño proponse debater e resolver sobre as formas de organización e de achegamento entre as forzas políticas e os movementos sociais tan afastados da práctica política dos partidos políticos tradicionais e tamén do BNG nos últimos anos, así como sobre o papel da esquerda na sociedade galega e no mundo", expoñen na convocatoria. Enganden como obxectivo "ambicioso pero urxente" que é vontade da corrente "crear a certeza de que o nacionalismo e a esquerda se pode organizar garantindo que responda unicamente aos intereses dos segmentos e clases sociais comprometidos na transformación liberadora do marco xurídico-político e das relacións sociais"


4.47/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: