Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asembleas comarcais, este sábado

4.738 militantes optan a ser un dos 2.500 delegados que elixirán o novo líder do BNG

Alternativa pola Unidade presenta o 47% dos candidatos; Máis BNG, o 36,18%, e 'listas abertas', o 16%.

Redacción - 11:45 18/04/2009

Un total de 4.738 militantes do BNG optan a unha das 2.500 prazas de delegados para acudir ao plenario extraordinario do 10 de maio, onde se elixirá o novo portavoz nacional da formación, e que representarán unha das tres listas que se presentaron nas asembleas comarcais.

Tamén as 24 asembleas comarcais serán as que decidan este sábado quen integrarán finalmente as listas de delegados, ademais de debater o documento político aprobado no último Consello Nacional e de ratificar a proposta de Ana Miranda como candidata ás eleccións europeas de xuño.

A distribución de delegados é un dos aspectos de maior importancia para o plenario do día 10, posto que a representación que cada opción consiga nestas demarcacións determinará a correlación de forzas coas que cada candidato a voceiro nacional chegará a ese domingo.

Datos
Concretamente, existen tres candidaturas até o de agora presentadas en case todas as bisbarras, que se corresponden coas denominacións de Alternativa pola Unidade -amparada pola UPG-, Máis BNG -que aglutina os denominados 'quintanistas'- e as 'listas abertas' -que impulsou Encontro Irmandiño e ás que se sumou Esquerda Nacionalista.

Segundo os primeiros datos recompilados, 4.738 persoas concorrerán nas comarcais por un posto. Destes, un total de 1.953 (47%) irán baixo o paraugas de Alternativa pola Unidade, que encabeza Guillerme Vázquez. Por Máis BNG, que lidera Carlos Aymerich, hai 1.526 aspirantes (36,8%). E por parte das 'listas abertas', que non teñen un candidato oficial mais cuxa cabeza máis visíbel é Xosé Manuel Beiras, son 659 (16%) os aspirantes a delegados.


2.92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: