Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE DOMINGO É A FINAL

Alemaña e España pelexan por abrazar a Eurocopa

Os alemáns buscan o seu cuarto título europeo e os españois o segundo.

Redacción - 11:00 29/06/2008

Por primeira vez na historia deste torneo, Alemaña e España pelexarán nunha final pola Eurocopa. Os xornais europeos non ven un claro favorito. Aínda que os alemáns contan cunha gran experiencia neste torneo, que xa conquistaron en tres ocasións (1972, 1980, 1996), os españois (que só gañaron en 1964) están practicando un fútbol que está a sorprender pola súa calidade.

Alemaña saltará ao campo con Lehmann; Friedrich, Mertesacker, Metzelder, Lahm; Frings, Hizlsperger; Schwenteiger, Ballack (Borowski), Podolski e Klose.

O once inicial dos españois estará composto por Casillas; Sergio Ramos, Puyol, Marchena, Capdevila; Senna; Iniesta, Cesc, Xavi, Silva; Torres.

O partido, que arbitrará o italiano Roberto Rosetti, comezará ás 20.45 horas no estado Ernst-Happel de Viena e no Estado Español poderá verse en Cuatro.


2.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: