Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
E se irmandiña fose á Eurocopa?

Sen a nosa oficialidade, a quen has apoiar estes días?

Non habendo posibilidades (aínda) de que Galiza xogue a Eurocopa de fútbol, que xa comeza, con que selección quedamos, se quedamos con algunha?

Redacción - 13:02 06/06/2008

A Eurocopa 2008 está a piques de comezar, pero Galiza non ten case participación este ano dentro da selección estatal; o único galego que aínda resiste é Ricardo Cabanas (Zurich, 1979), que xoga coa selección de Suíza e que tamén fixo parte da Galega no seu primeiro e segundo encontro, contra Uruguai e Ecuador respectivamente (non estivo este inverno no partido contra Camerún por mor dunha lesión).

Non podendo participar como un país máis, (a pesar de que este ano avanzaron as cousas un case nada, e a federación española xa lles deixa aos xogadores da selección expresarse nas súas linguas maternas nas conferencias de prensa), como vemos as cousas esta Eurocopa?

A quen ves forte? A que selección apoiarías (se vas apoiar algunha)? Quen queres que gañe?

As preguntas están todas no aire.


4.61/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: