Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
“INDIANA JONES” NON SE ESTREARÁ NA NOSA LINGUA

Cando menos dez filmes "de éxito" deberían verterse ao galego

A Mesa e a asociación de profesionais da dobraxe de Galicia exixen á Xunta o cumprimento da lei do cinema.

Redacción - 19:35 22/05/2008

A Mocidade pola Normalización Lingüística e APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galiza) exixiron á Xunta esta mañá a garantía da presenza do galego no cinema a través da creación dun Servizo Galego de Dobraxe e Lexendaxe,así como o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, nomeadamente da estrea mínima de dez películas anuais nesta lingua.

Fran Rei, responsábel nacional da Mocidade, e Antón Rubal, vicepresidente de APRADOGA, entregaron o escrito dirixido á Secretaria Xeral de Política Lingüística (SXPL), Marisol López, coincidindo coa estrea este serán de "Indiana Jones e o reino da caveira de cristal". A Mocidade, como xa manifestara o pasado febreiro, lamentou que a SXPL desaproveitase o éxito previsíbel deste filme para promocionar a lingua, que segundo APRADOGA, tería tan só un custo do 0,30% do orzamento anual desta Secretaría.

"Indiana Jones e a dobraxe prohibida" é o título da campaña que están a levar a cabo as dúas asociacións para achegaren á cidadanía o problema da carencia de cinema en galego do filme (que si será estreado en catalán e español). Para isto, A Mocidade e APRADOGA distribuirán 8000 adhesivos e 3000 cartaces con este lema, ademais de convidaren ao envío de correos electrónicos de denuncia ao Presidente da Xunta (presidencia@xunta.es), de quen dependen a SXPL e a Secretaría Xeral de Comunicación, con competencias no audiovisual galego.


4.64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fran Rei e Antón Rubal no rexistro da Xunta
Fran Rei e Antón Rubal no rexistro da Xunta
Adhesivo da campaña "Indiana Jones e a dobraxe prohibida"
Adhesivo da campaña "Indiana Jones e a dobraxe prohibida"