Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“PRODUCIÓN ENERXÉTICA: LUCRO COLONIAL”

A FPG inicia unha campaña contra a “especulación enerxética”

A formación política cualifica de “espolio” os plans de concesións eléctricas da Xunta.

Redacción - 18:15 09/05/2008

A Frente Popular Galega fixo pública unha nota de prensa pola que anuncia unha campaña que leva por lema “Produción enerxética: lucro colonial”. Con estes actos políticos queren mostrar a súa discrepancia co próximo reparto enerxético que prepara a Xunta. A organización independentista móstrase en contra do “espolio” de recursos naturais e pide políticas respectuosas co medio ambiente e que tenda á soberanía enerxética.

En canto ás concesións eólicas, a FPG denuncia as presións que exercen “os grandes magnates, nunha complexa arañeira de intereses económicos, que pretenden alzarse como nova burguesía nacional co abeiro do PSOE e do BNG”. A FPG denuncia que toda a patronal enerxética con intereses en Galiza cotiza fiscalmente en Madrid.


4.78/5 (32 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: