Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TAMÉN SE CREARÁ UN CENTRO DE INVESTIGACIÓN

Rianxo creará unha rede de museos coas casas de Dieste, Castelao e Manuel Antonio

O Concello de Rianxo acaba de asinar a compra da casa de Rafael Dieste e está en negociacións para mercar a de Castelao.

Redacción - 09:45 30/12/2007

As tres casas ubícanse na Rúa de Abaixo, moi próximas entre si. A compra da vivenda de Rafael Dieste, negociada entre o concello e os familiares do escritor enmárcase dentro do proxecto da Academia Literaria de Rianxo. Este proxecto tamén prevé a creación dun Centro de Investigación dedicado aos tres autores, que se instalará no Pazo de Martelo (actual biblioteca municipal).

Despois de que o pasado ano se pechase a adquisición da vivenda de Manuel Antonio, agora só resta finalizar as negociacións que o Concello encetou coa familia Baltar, propietaria da casa familiar de Castelao.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: