Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investigación dos EUA sobre os crimes

Inmunidade aos mercenarios que asasinaron civís en Iraq

A administración iraquí insiste en iniciar o seu propio proceso xudicial contra os soldados privados da empresa Blackwater.

Redacción - 09:00 30/10/2007

A inmunidade prometida aos mercenarios empregados por Blackwater para a realización de tarefas militares en Iraq fará con probabilidade que sexa imposíbel xulgalos polos asasinatos de civís nos que presuntamente están implicados. Xa que logo, toda a información que os investigadores obtivesen froito das declaracións dos soldados aos que se lles outorgase a inmunidade, non serviría para a actuación do fiscal contra eles.

As queixas polos excesos e o uso da violencia destes "gardas de seguridade" veñen de tempo atrás, pero a morte de 17 civís iraquís hai poucas semanas durante un tiroteo disparou a indignación e obrigou o goberno estadounidense a abrir unha investigación ao respecto. O propio director da Axencia de Seguridade Diplomática dimitía recentemente e por motivos non aclarados despois da publicación desde a súa oficina dun informe onde se advertía da necesidade de controlar a actividade en Iraq de empresas como Blackwater.

O goberno iraquí insiste en que a súa propia investigación demostra xa a culpabilidade dos mercenarios implicados no recente asasinato masivo, e pide que os Estados Unidos faciliten a apertura dun proceso xudicial ao respecto.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: