Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Grazas a unha emenda do BNG en Madrid

O Estado español foi plurinacional por un cacho

Unha emenda dos nacionalistas ao Estatuto do Emigrante, aprobada pola Comisión de Traballo, obrígalle ao PSOE a rectificar tras as duras críticas do PP.

Redacción - 14:00 16/06/2007
O voceiro do BNG, Francisco Rodríguez, nun encontro co presidente español

O voceiro do BNG, Francisco Rodríguez, nun encontro co presidente español

A introdución dunha emenda auspiciada polo BNG e aprobada pola Comisión de Traballo e Asuntos Sociais do parlamento español este mércores, permitiu incorporar no Estatuto do Emigrante unha referencia ao Estado español como "Estado plurinacional", o que provocou duras críticas do PP ao PSOE.

Os socialistas españois recuaron rapidamente. Esa mesma tarde fixeron pública unha nota onde manifestaban que a redacción aprobada ao incorporar esa emenda transaccional do BNG deu lugar a un "texto equívoco" que "non responde á finalidade que se pretendía".

O PSOE asegurou que a redacción que pactara cos nacionalistas era "introducir a pluralidade cultural e lingüística de España aos efectos da difusión da cultura española no exterior", mais "en ningún caso pretendía recoñecer un suposto carácter plurinacional do Estado español, nin moito menos definilo como tal".

"Vitoria de todos os españois"

O voceiro de Asuntos Sociais do PP, Miguel Barrachina, felicitouse pola rectificación do PSOE, e cualificouna como unha "vitoria de todos os españois". Barrachina asegurou que a mención obxecto de controversia "era non só unha aberración xurídica, senón una deslealdade cara España".

O PSOE comprometeuse a corrixir a definición de "Estado plurinacional" antes da aprobación definitiva da lei, no Senado.


4.71/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: