Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


19:00 24/07/2008 / Na XVI Edición do certame poético

"Açougue", do poeta portugués Amadeu Baptista leva o Premio Espiral Maior

O xurado valorou un traballo "de base autobiográfica" que ao tempo "ilumina un xeito de crónica colectiva, histórica, do pobo portugués e da cultura portuguesa".


19:00 24/07/2008 / Xogos Olímpicos

Maniféstese aquí, aquí e aquí

Beixín escolle tres parques públicos aos que se han limitar as protestas que se produzan durante as Olimpíadas.


19:00 24/07/2008 / Milleiros de compradores afectados

Malia negalo Martinsa-Fadesa "si vendeu vivendas sen licenza"

Así o aseguran desde a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, desde onde pedirán a administracións e Banco de España que obriguen as entidades financeiras a informar sobre os avais subscritos pola inmobiliaria.


19:00 24/07/2008 / SECTOR PESQUEIRO

A UE supedita as axudas ao desmantelamento e reestruturación da frota

Aprobáronse de xeito definitivo as axudas económicas de urxencia destinadas aos armadores para afrontar o encarecemento do gasóleo.


19:00 24/07/2008 / A 2 semanas de comezar

O COI prohíbelle a Irak participar nas Olimpíadas

Había sete atletas preparándose para participar. O organismo internacional ratificou esta semana unha primeira prohibición que emitira o pasado mes.


17:30 24/07/2008 / LOGOTIPO

Pelegrín ás olimpíadas de Londres

Unha proposta de imaxe alternativa para os xogos olímpicos de 2012 de inconfundíbel aspecto xacobeo está a ser a máis votada nunha web.


17:15 24/07/2008 / Á porta do congreso

Sectores do PSdeG renegan dos socialistas sen carné

Militantes vigueses organizan a queixa interna fronte ao crecente poder no partido dos considerados "independentes".


14:35 24/07/2008 / PONTEJAZZ, ATÉ O 26

Pontevedra, cidade de jazz

O albino Johnny Winter, lenda viva do blues, protagoniza a noite do 24 na cidade,


14:22 24/07/2008 / UNHA SALA DE CINE DE MADRID AUMENTA O REALISMO DO XOGO INCORPORANDO OS OLORES

O novo dos videoxogos: agora tamén se cheiran

No seu camiño cara conseguir o maior realismo posible, os videoxogos achegan agora a novidade de poder recrearse nos olores que as situacións provocan.


14:00 24/07/2008 / REACCIÓNS Á EPA

UXT subliña o bo comportamento do emprego en Galiza

O sindicato destaca que os sectores servizos e industria seguen a xerar emprego.


14:00 24/07/2008 / SITUACIÓN LABORAL

O PP considera que son os peores datos que Galiza podería recibir

Os populares critican o incremento do desemprego no último ano e acusan ao bipartido de política de "autobombo".


13:45 24/07/2008 / Esta quinta feira, ás 19h30 en Compostela

Organizan unha cadea humana pedindo a "repatriación e liberdade" dos presos galegos

Desenvolvida por Ceivar, a convocatoria ha denunciar tamén a presunta agresión sufrida esta semana polo mozo Santiago Vigo na prisión de Aranjuez.


13:00 24/07/2008 / ENERXÍAS LIMPAS

O 0,3% da luz do Sáhara podería abastecer de enerxía a toda Europa

A Unión Europea está a estudar a posibilidade de instalar un panel solar no deserto saharauí, o que permitiría reducir as emisións de CO2.


12:21 24/07/2008 / A SÚA VIAXE EUROPEA TEN UN MARCADO CARÁCTER COMERCIAL

O presidente venezuelano en Portugal

Venezuela e Portugal subscribiron cinco convenios bilaterais
Os gobernos das repúblicas Bolivariana de Venezuela e Portuguesa subscribiron cinco convenios bilaterais en áreas que abranguen a tecnoloxía, infraestrutura e saúde.


12:21 24/07/2008 / TEATRO

En Ribadavia continúa o MIT, en Compostela despídese 'Noite de Reis'

O 24 Teatro de Ningures presenta 'Bailadela da morte ditosa' e o 25 o CCG leva ao castelo o seu 'Kiosko das Almas Perdidas'.



12:00 24/07/2008 / "Socialistas e republicanos"

Espazo Aberto organízase tamén dentro de Galiza Nova

As mocidades da nova corrente nacionalista, que antes de fin de ano creará un novo partido dentro do BNG, presentan a campaña "Pola esquerda, República Galega".


11:45 24/07/2008 / MERCADO ELÉCTRICO

Gas Natural dá o primeiro paso para adquirir Fenosa

O grupo gasístico catalán confirma que está a negociar con ACS para adquirir o 45,3% da eléctrica. Mentres, sen noticias de movementos do capital galego.


11:30 24/07/2008 / Crónicas desde a India (7)

Actividades altamente perigosas

O seu home quería obrigala a deixar de traballar, dado que o seu traballo implica estar todo o día nas aldeas practicando unha actividade altamente perigosa: falar coa xente. Escribe María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento.


11:30 24/07/2008 / OS CONCERTOS DO 24

O Festigal ponlle a música á vespera

Polo escenario do Campus Sur pasarán esta noite Nao, Lamatumbá e The (International) Noise Conspirancy.