Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: politica-linguistica

5/Novembro/2008 /

Política Lingüística e CRTVG sacarán ao mercado DVD na nosa lingua

O material dobrado ou producido en galego distribuirase en 177 puntos de venda e ampliará a oferta audiovisual na nosa lingua.


22/Setembro/2008 /

A mocidade coruñesa aprenderá galego a golpe de rap

Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís 'O Caruncho'.


8/Setembro/2008 /

Dez operadoras e fabricantes de móbiles incorporarán o galego

Os menús e aplicacións dos teléfonos e os servizos de información, webs e atención ao cliente ofrecerán a posibilidade de usar a nosa lingua.


1/Setembro/2008 /

Política Lingüística di estar "moi satisfeita" co compromiso dos corpos policiais co idioma

A Secretaría Xeral asegura ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado coa normalización.


20/Agosto/2008 /

A Xunta renuncia a apoiar a dobraxe ao galego no cine e nos DVD

Continuará incumprindo o Plano de Normalización, que prevé cada ano a dobraxe de dez filmes con espectativas comerciais.


5/Agosto/2008 /

Reclámanlle á Xunta unha "acción directa" ante a actitude "belixerante" de Air Berlin

O deputado do BNG, Bieito Lobeira lamentou a existencia dunha compañía "que opera dende Galiza e que verte na súa publicación críticas e prexuízos sobre a lingua galega".


11/Xullo/2008 /

Unha mostra multimedia amosará o valor da lingua dentro da diversidade

Ademais, este venres presentouse o primeiro dicionario ilustrado do Comercio no noso idioma.


Campaña de Política Lingüística
3/Xullo/2008 /

Política Lingüística recorda que o castelán "non é lingua ameazada" en Galiza

A secretaria xeral vén de presentar unha nova campaña para a promoción do galego: "En Galego tes todo por vivir. Tócache!".


11/Xuño/2008 /

Ir Indo retira o seu dicionario en liña e esixe un concurso público de axudas para o seu mantemento

A editorial afirma que non reactivará a aplicación até que Política Lingüística reabra o procedemento que declarou deserto en novembro.


10/Xuño/2008 /

'Faille un clic ao galego' supera as 13 mil descargas

A campaña promovida, entre outros, por Microsoft e Política Lingüística, rematou coa entrega de premios.


27/Maio/2008 /

"En galego": valor engadido no contorno económico

O Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo propón por en valor o galego como "elemento diferencial de certas actividades económicas".


9/Abril/2008 /

Venecia ben vale un relato

Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, entregoulle o premio a Mercedes Folgueira, autora do relato gañador.


2/Abril/2008 /

Galiza, Euskadi e Cataluña potenciarán a tradución entre as tres linguas

Os gobernos que asinaron o Protocolo de Colaboración en Política Lingüística reuníronse este mércores en Barcelona.


29/Marzo/2008 /

Retallos de historias a pé de rúa

Un pequecho cubo recorrerá prazas de vilas e cidades convidando os veciños a entraren a botar un conto. Con todas as pezas vaise facer un vídeo.


8/Febreiro/2008 /

Acabar coa "lacra do monoligüísmo" no Estado

Os responsábeis de Política Lingüística de Cataluña, Euskadi e Galiza acordaron traballar por unha España multilingüe e pola igualdade de dereitos na UE.


9/Febreiro/2008 /

A lingua e a cultura galegas chegan ás universidades brasileiras

Novo convenio coa Universidade de São Paulo en Brasil para a promoción da nosa lingua, e renovación do xa existente coa Universidade da República en Uruguai.


4/Febreiro/2008 /

A lingua nos concellos: a necesidade doutros criterios e de novas metas

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua solicitoulle á Xunta a inmediata convocatoria das axudas e a revisión dos seus obxectivos


24/Xaneiro/2008 /

"Canastra" para o galego

O presidente da Federación Galega de Baloncesto reuniuse coa secretaria xeral de Política Lingüística para lle dar pulo ao galego no seu deporte.


21/Xaneiro/2008 /

"Rou, rou, xouxigou, tu que vas e eu que vou "

Fermosas pezas de música infantil para descargar, na web de Política Lingüística.


9/Decembro/2007 /

"A laranxa foi á fonte, o limón foi atrás dela"

Velaí un dos retrousos que puido escoitarse xa nestas xuntanzas lúdico-musicais para nais, pais e cativos. A pé do Nadal, Mercedes Peón e Guadi Galego animarán novas convocatorias por todo o país.






Locais:
GZ-Sete