Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: oleiros

9/Xullo/2008 /

A estatua do Che de Oleiros amence pintada de amarelo e vermello

A policía local está a investigar a autoría das pintadas. Todo apunta a que os autores tiraron dúas botellas cheas de pintura contra a efixie.


Anxo García 'Gelo', alcalde de Oleiros
30/Xuño/2008 /

"Había catro fascistas das barras americanas que cobraron 20 euros por vir facer ruído"

Esta fin de semana, o Concello de Oleiros inaugurou a 'polémica' estatua do Che. Aos que o critican polos cartos gastados, 'Gelo' recórdalles o investido noutras obras deste tipo.


5/Marzo/2008 /

Un paso máis na creación do centro de alto rendemento para discapacitados de Oleiros

O chamado proxecto CARDis-Galiza, a realizar nun terreo fronte ao INEF, foi presentado polo BNG oleirense a diversas entidades públicas e privadas.


26/Febreiro/2008 /

Oleiros terá un 'Che' Guevara de oito metros

A estatua proxectada, que resultou gañadora nun concurso, titúlase 'Guerrillero Heroico' e únese á efixie en honor a Martí, xa existente no municipio.


1/Outubro/2007 /

Campionato de pulso galego en Oleiros

A mocidade ten á súa disposición actividades alternativas para pasar o tempo de lecer.


27/Xuño/2007 /

Eva Castro foi seleccionada ao fin para ir ao Mundial

Despois de que o pasado ano a federación a deixara fóra da convocatoria, a pesares de ser a terceira clasificada no europeo de Alemania, este ano rectificaron e ofrecéronlle asistir ao europeo e ao mundial 2007.


13/Xuño/2007 /

Alternativa dos Veciños convida o PSdeG en Oleiros e Ciudadanos por Porriño facilitará o goberno do BNG

O rexedor do Porriño, Raúl Francés, repetirá alcaldía cando os de CXP voten o seu propio candidato. García Seoane procura o apoio dos socialistas.


8/Xuño/2007 /

Os mellores duatletas de Galiza compiten, pasados por auga, en Oleiros

No domingo a praia coruñesa de Bastiagueiro encherase de atletas mollados nunha cita que se está consolidando como imprescindible no calendario galego.


7/Xuño/2007 /

Vaga de convites do PPdeG: Vigo, A Coruña e Oleiros

O nacionalista Santiago Domínguez rexeitou xa a proposta de Corina Porro en Vigo, mentres na Coruña o socialista Losada cala de momento. En Oleiros, o PPdeG convida o PSdeG a gobernar.


15/Marzo/2007 /

A Consellería de Política Territorial veta o plan urbanístico de Oleiros

A Xunta denega a aprobación definitiva do PXOM de Oleiros por deficiencias na clasificación de solo.






Locais:
GZ-Sete