Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: galego

hai 15 horas e 57 minutos /

"A Academia nace cunha conciencia clara de unidade do galego-portugués"

Esta segunda feira comezou en Compostela a andaina da Academia Galega da Língua Portuguesa, unha aposta, do eido privado, para a incorporación do galego á lusofonía. Vexa dentro o vídeo da presentación.


hai 4 dias /

A Academia Galega da Língua Portuguesa comeza a súa andaina a vindeira semana

No evento participarán personalidades da vida cultural, universitaria e política de Galiza, e representantes da Academia das Ciências de Lisboa e da Academia Brasileira das Letras.


hai 2 dias /

Os principais escritorios de Linux están en galego ao 99%

O traballo dos equipos de voluntarios conseguiu que a nosa lingua sexa a terceira en porcentaxe de localización, no caso do KDE 4.2.


hai 5 dias /

Xa é oficial: Firefox está en galego

A versión do navegador libre na nosa lingua atópase en fase beta, mais xa está dispoñíbel na web de Mozilla.


30/Setembro/2008 /

Renóvase o dicionario inglés–galego máis completo

Elaborado por investigadores da Universidade de Vigo contén uns 20 mil termos con exemplos e explicacións gramaticais.


25/Setembro/2008 /

O galego, lingua prohibida no Parlamento Europeo

O BNG denuncia que o PP segue a impedir que se poida falar no noso idioma nesta institución, cando si se pode empregar noutras administracións da U.E.


25/Setembro/2008 /

O Sergas promete darlle pulo á normalización do galego

Bieito Lobeira lembrou que a maior parte dos enfermos diríxense aos facultativos en galego e non reciben a atención nese idioma.


George Steiner e o galego
19/Setembro/2008 /

Steiner pídelle "desculpas" ao Pen Clube a través dun xornalista de El País

"O meu comentario irreflexivo foi unha resposta ao chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España", afirma.


18/Setembro/2008 /

En Gales ferve a nosa cultura

O Centro de Estudos de Bangor inaugura a primeira Residencia de Escritores Galegos e organiza diversas conferencias ou recitais


16/Setembro/2008 /

Prisa, Steiner e os “clérigos” do Pen Club Galicia

Un executivo do Grupo Prisa aproveita unha columna de opinión para tildar os membros desta asociación de “reaccionarios antiilustrados”.


Edificio do TSXG
15/Setembro/2008 /

A Xunta recoñece que no eido da xustiza é onde menos se avanzou á hora de normalizar o idioma

Dende a Consellaría de Presidencia aseguran que nestes momentos xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego.


8/Setembro/2008 /

Dez operadoras e fabricantes de móbiles incorporarán o galego

Os menús e aplicacións dos teléfonos e os servizos de información, webs e atención ao cliente ofrecerán a posibilidade de usar a nosa lingua.


5/Setembro/2008 /

O 26% do profesorado de lingua e literatura galega fala habitualmente castelán

O Consello da Cultura Galega vén de presentar un estudo que constata que a meirande parte dos alumnos de secundaria rematan sen competencias na lingua galega.


1/Setembro/2008 /

Política Lingüística di estar "moi satisfeita" co compromiso dos corpos policiais co idioma

A Secretaría Xeral asegura ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado coa normalización.


27/Agosto/2008 /

"A política lingüística deste Goberno foi continuísta se non de retroceso"

A Mesa pola Normalización define a actitude do PP cara ao galego como de racismo lingüístico.


26/Agosto/2008 /

“¡Non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante...”

O filósofo George Steiner aproveita unha entrevista nun xornal español para cuestionar a presenza do noso idioma no ensino universitario.


26/Agosto/2008 /

O 'dance' en galego xa ten imitacións

Un grupo brasileiro plaxia o xa famoso A festa non vai parar, de DJ Son1c. Ofrecémoslle os vídeos onde poden comparar se houbo apropiación intelectual.


Alberto Núñez Feijoo
24/Agosto/2008 /

Feijoo cre que estamos "ante o inicio dun conflito lingüístico que se pode enquistar"

"En Galiza non había ningún problema e hoxe hai moita xente que non está de acordo coa política lingüística da Xunta", di.


8/Agosto/2008 /

"Desolador" escenario para a lingua no sistema sanitario

Bieito Lobeira (BNG) propón o respecto ao galego na atención sanitaria e que o coñecemento da lingua teña carácter eliminatorio nas futuras ofertas públicas de emprego.


5/Agosto/2008 /

Reclámanlle á Xunta unha "acción directa" ante a actitude "belixerante" de Air Berlin

O deputado do BNG, Bieito Lobeira lamentou a existencia dunha compañía "que opera dende Galiza e que verte na súa publicación críticas e prexuízos sobre a lingua galega".