Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: apple

20/Novembro/2008 /

A Apple non lle afecta a crise

O éxito dos seus novos computadores está a elevar as súas vendas con respecto a 2007, ademais dos bos resultados do iPhone e do iPod.


5/Setembro/2008 /

Lavado de imaxe para o Windows Vista

En vista das críticas vertidas sobre o seu sistema operativo, Microsoft decidiu inverter 210 millóns de dólares nunha campaña de publicidade para mellorar a súa imaxe.


28/Xullo/2008 /

O fundador de Ubuntu aspira a un Linux "máis bonito ca os Mac"

O responsábel da empresa que patrocina o sistema operativo, Canonical, tamén rexeitou a publicidade insertada no software.


22/Xaneiro/2008 /

Teléfono con e-radio

Creado polos deseñadores de Eliumstudio por conta do fabricante Thomson, este teléfono-de radio bautizado Symbio é ao tempo un teléfono sen fíos e unha radio que funciona con internet.


16/Xaneiro/2008 /

O portátil máis delgado do mundo, a novidade de Apple

O presidente da compañía informática fixo un balance positivo da marcha da empresa durante 2007.


14/Decembro/2007 /

iPhone: Malo para as empresas

Os donos das empresas compran iPhones. As plantillas imítanos. Pero os servizos informáticos bufan e moitas empresas corren o risco de que os técnicos se neguen a pagar por eles a responsabilidade que lles corresponde


14/Novembro/2007 /

Microsoft xa ten a súa alternativa ó poderoso iPod

Chámase Zune e vaise lanzar á venda en Estados Unidos coa novidade de que inclúe, de forma gratuíta, a posibilidade de personalizar a parte de atrás do aparato cun gravado en láser, a elixir entre os deseños de 18 artistas internacionais.


3/Novembro/2007 /

Despois do iPhone, chega o Skypephone

Compañías líderes das novas tecnoloxías introdúcense no sector da telefonía móbil. Por se fose pouco, a seguinte vai ser Google.


26/Outubro/2007 /

Xa está aquí o Mac OS X Leopard

O lanzamento da nova versión do software de Apple chegou este venres cargado de expectación.


26/Setembro/2007 /

Apple é a mellor marca de computadores e IBM a peor

Segundo unha enquisa entre 4.000 usuarios realizada pola OCU e outras tres organizacións de consumidores de Portugal, Italia e Bélxica


6/Setembro/2007 /

Os novos iPod poderanse mercar no noso país antes de fin de mes

Pantalla táctil e conectividade wi-fi principais novidades do trebello, que terá un custe mínimo superior aos 300 euros.


2/Xullo/2007 /

O teléfono de Apple non se poderá mercar en Galiza até o Nadal

Os distribuídores galegos reciben numerosas chamadas de persoas que queren xa un iPhone. É probábel que o prezo mínimo sexa uns 500 euros.


13/Xuño/2007 /

Apple ofrece o seu navegador compatible con Windows

A compañía da mazá ten lista unha versión de proba do seu Safari para computadoras cos sistemas operativos XP e Vista


4/Xuño/2007 /

Apple confirma o lanzamento de iPhone

O iPhone é un completo dispositivo que combina teléfono móbil, reprodutor multimedia e un dispositivo móbil de navegación


8/Abril/2007 /

Lenovo e Nokia son os xigantes informáticos "máis limpos"

O colectivo ecoloxista Greenpeace fixo unha clasificación das empresas do sector TIC segundo o impacto que causan sobre o ambiente. Ningún gaña a etiqueta "verde".


iTunes
12/Marzo/2007 /

Críticas desde a UE á incompatibilidade do iPod co software que non é de Apple

As cancións mercadas na tenda virtual iTunes só poden ser reproducidas no iPod.


4/Marzo/2007 /

Mercan os dereitos sobre a patente dos reprodutores mp3 e denuncian os principais fabricantes

A empresa estadounidense Texas MP3 Technologies demandou a Apple, Samsung e Sandisk, principais fabricantes de reprodutores mp3 do mundo, por infrinxir a lei de patentes. Os denunciantes mercáronlle a dous coreanos hai pouco máis de dúas semanas un curioso rexistro de 1997 relacionado con este tipo de reprodutores.






Locais:
GZ-Sete