Comunidade? Rexión? Terra? Nación? Territorio? País? Nunca se coñeceron tantas definicións para Galiza. Pobre Risco, el que tanto cavilara na cuestión. E no presente nada. Mais claro, ben se sabe aquilo de que o mozo preguiceiro por non dar un paso dá un milleiro.
O Risco dicía: somos unha fatalidade biolóxica. Ollo! Non somos un desatino natural. Simplemente, somos resultado dunha converxencia histórica e orgánica. O Risco moito bebía dos alemáns. Murguía tamén. Ramón Villar Ponte non. Se cadra por iso se esqueceron del. Ou era un fol de cinza? Non. Mais é obvio que o sentimento ás veces dobrega á razón. Agás aos Villar Ponte. Benzón para eles!
O Ramón vivía na órbita do liberalismo italiano. Refírome ao Mazzini, non ao Maquiavelo. Ramón tiña siso. Puido ser el o pai da patria e ao fin foi o Castelao. Ou alguén o dubida? O Mazzini foi pai da patria italiana. Tamén se dubida?
Dende o xudaísmo até o David Miller, pasando polo Aristóteles, pola Revolución francesa, polo marxismo ou mesmo polo Beiras, moito se ten teorizado ao redor da cuestión nacional. Xa dixemos que somos unha nación, non? Pois somos e non fai falla explicar nada. Xa está explicado todo. Cuestiónasme? Investiga, le e aprende, compañeiro.
O país para algúns é un lindo monte macizo d´O Courel, unha cristalina auga de Cíes (léase con seseo) ou os aturuxos dunha vella na foliada do San Martiño de Coiro no Morrazo. Hai quen din que Galiza é a “nazón de Breogán”. Pois tamén podía ser do John Balan que entre a rapa e a rebola, veña o demo e escolla! E Rosalía cantaba tan ben ás flores que a desposuíron da alma. Cousas. Lerias. Escollan por gusto ideolóxico.
Cantos serán os que poetizan o país converténdoo nun mito? Pasan do materialismo ao idealismo como o demo chisca un ollo, carallo! Danlle vida como lla deu o Risco. Pobre Risco! Sempre lle quedará o humor, ou? A min, non. Por iso prefiro ao Ramón. Sigamos
Castelao sentou cátedra na definición de nación. Mereceu matices. Deullos o Beiras. Mais houbo outros que se cegaron coa democracia. Son progresistas. Nós somos tradicionalistas. Non, mellor somos saudosos porque somos galegos, verdade? Xente boíña, agradábel, parva, submisa... Saudade, claro. Señardade, soidade, nostalxia, morriña... Parvos, ou?
Os iluminados economistas fixéronse políticos. Filisteos (dixit Risco). Abundan e por iso escasean os debates ideolóxicos profundos, ilustradores e didácticos. Todo se resolve con... co capital! Tería razón o Otero cando falaba da Idade Media: mellor, sermos un país precapitalista. E católico, claro. Menos mal que contabamos co Porteiro Garea, co Peña Novo ou cun Viqueira. Trabes de ouro do noso país.
Estatuto de nación? Nación, para que? Nación para ter selección galega de fútbol? Nación para falar galego ante a cámara de televisión? (Na intimidade falo castelán porque son bilingüe “harmónico”, e tamén coas amizades e coa muller e cos pequenos e co médico e co camareiro...) Nación para autodesprezármonos aos poucos? Sermos nación e dotármonos dos mecanismos propios da nación: autodeterminación. E isto díxoo Risco, Castelao, os Villar Ponte, Bóveda, Lousada Diéguez, Otero, Celso Emilio, Del Riego, Beiras, Ferrín e dígoo eu.
Procuremos o volksgeist. Échevos máis intelectual falar de volksgeist. Tamén é máis sinxelo. Estudarei a Fichte e a Herder. Logo a Locke, Kant... Que che parece? Así pasaran os días. Non me pidas que estude e logo participe na materialización e formalización da nación galega. Non hai tempo. Pois sabedes que vos digo? Que mallades no mesmo grao e así non imos a ningures!
O meu país é unha nación. Píntalle o que che pete pero Galiza é unha nación. Moitos antes ca min traballaron a treu para que ficase clara a cuestión. Para min está clarísima. Para os filisteos non. Claro, Risco, xa sei, son filisteos. Desculpa.
Puta mania de escrever em castrapo. Moito FPG, pero mira.
Puta manía de criticar por reprender. (puristas da m.)
Parabéns polo artigo!
#1 Eu non sé se che deches conta de que estamos en Galicia.
O teu nick podería ser apropiado noutro país, pero aquí parece unha falta de respecto cara aos demais, aquí non fai falta reinvindicarse. Galegos somos a gran maioría.
Tampouco se pode ir polo mundo insultando á xente e créndose un deus. É curioso que chames "porco noxento" ao Papa, porque actúas como el, falando ex-cátedra coma se foses infalible e establecendo dogmas de fe.
Por outra banda, que ten de malo falar en castrapo. Cada un exprésase como sabe.
Ou é que ti falas mellor que ninguén? E se é así,fala co espello.
Ou FPG é un partido político, non un grupo de académicos intelectuais.
¡Parece mentira home! ¡tan novo e tan amargado!. Tómache uns cacharros e alegra esa cara.
Para escrever como é devido não é preciso ser um grupo de académicos intelectuais. Só com conhecer as regras da escrita é suficiente. Isso o sabe qualquer pessoa, seja galego ou não.
Contudo, concordo com Barcelos nisso de que cada um se expressa como sabe. Isso reduz a todos os académicos reais e galegos a simples papões que dizem o que sabem e como sabem, mas não sabem o que dizem.
O meu país é...o meu país.
E iso é máis importante que todo o demais.
Para falar dos demais, OBSERVADOR, hai que ser perfecto ou quase-perfeito. Aprende a colocar os pronomes e despois poderás dar aulas de dialecto galego da Língua.
En todos os foros hai que aguantar reintegratas como ese "eugalego" que non toleran que se fale de ningún outro tema que non sexa o seu tema. Se un grupo españolista deseñase unha estratexia para rematar co debate no interior das páxinas escritas en galego, debería contar sempre coa capacidade desas persoas para anular calquera debate que non sexa ortográfico.
Ninguén vai ás páxinas lusistas para recordarvos como hai que escribir. Se non vos gustan os colaboradores de Vieiros nin que estes escollan a opción de escribir en galego, montade vós outro xornal.
Lidor, não por ver a gralha alheia és melhor "escribidor". Olha-te no espelho, que eu já darei conta das minhas imperfeições.
Se dás conta das túas non fales das dos outros. Parece de lóxica elemental.
Tens razão, Lidor, imos ter que calar todas as gralhas dos académicos reais. São tantas que até dá pudor nomeá-las. O pior é que depois temos que aprendê-las como se fossem regras gramaticais!
Excelente artigo onde achei reminiscências do FMI que cantava e canta o Zé Mário Branco. Nom lhe vou fazer nengumha crítica; porém, quero dizer algo a sujeito dos "comentadores"; considero que começar (continuar) com liortas normativas em vez de falar do tema importante som ganas de tocar o çoco. Como muito bem di Lidor, em todos os foros há um isolacionista (ou mais)que se dedica a insultar a quem nom partilha a sua opçom normativa. Desculpai a ironia e até mais ver.
Barcelos, eu estou em Galiza. Ti que sabes se sou novo?
Parece mentira, um pseudo patriota defendendo a xerarquia catolica. E digo xerarquia, pq a Igrexa Catolica esta cheia de herois: Padre Arrupe, Sta. Tareixa de Calcuta, os xesuitas assassinados por axentes estadounidenses no Salvador (1989)... essa e a Igrexa de verdade, nom o porco esse que vai vestido de branco.
Por certo, que se estam a colar porcos espanhois a escrever em espanhol e insulta-la nossa ideoloxia.
luisfoz, toma o traballo de ler desde arriba e verás quen comezou a intoxicar e a insultar a quen non comparte a "opción normativa". Non fagas ti o mesmo, ou sexa, non intoxiques. ¿Ou acaso "Puta manía de escrever em castrapo" é falar do tema que propón o articulista?
"Tigalego". Alégrome que esteas en Galicia. A verdade é que non sé se es novo, díxeno por educación. Estaría mal chamarche vello se es novo. En cambio se é ao revés ata queda ben.
Non che equivocas ao chamarme pseudopatriota, pois de patriota non teño nada, nin presumo diso. As bandeiras para as festas da vila e para enterrar aos militares mortos.
Non defendo á xerarquía católica. Líbreme Deus de semellante sacrilexio.
O que pasa é que non me gusta que compares ao porco, animal simpático e que nos alegra os entroidos co Papa.
¿Que dano fíxoche o pobre animaliño? Que vergonza, chamarlle Papa ao porco, ou "espanhoi" a un porco galego co denominación de orixe.
E ás persoas tampouco se lles debe insultar, nin cagar, nin mexar nelas ainda que sexan Papas, Bispos, Cardenais e outra xente de mal vivir.
Por suposto que non lle chegan á altura das sandalias a esa xente que nomeas e a outra como Ghandi,Lutero King, Forrest Gump...
O tema da relixión encántame pero hoxe prefiro non falar porque non me sento "moi católico", nin doutras relixións.
Non me considero ateo nin moito menos. Eu teño as miñas crenzas, pero non teño porque buscar a outro para crear unha igrexa, unha seita o unha relixión.
De pequeno fun a un colexio de curas, e non se como respiran agora, pero antes eran mala xente en xeral.
Había algún bo, pero eu preguntábame, se este tío é tan bo, por que se meteu aquí con esta mala xente? Vano a malear.
Atenção, aqui só se fala do que se tem que falar!
(e ninguém FALA, todos ESCREVEM, uns bem e outros mal)
Lidor, desculpa se te incomodei sem merecê-lo. Nom se trata de ver quem começa ou nom; trata-se de deixar de pelejarmos por umha normativa. Por enquanto deves reconhecer que os reintegracionistas nom o temos fácil; apenas podemos expressas as nossas ideias na Internet ou nos nossos próprios meios. Em que editorial temos a possibilidade de publicar os nossos escritos?
Xa é de noite e comezo a escribir estas palabras, cheo de humildade (Quere unha pouca?).
Diríxome a vostede para intentar calmar a inquietude de adicarlle algún tempo desde que comezou a escribir nesta páxina.
Vostede, aínda non sabe que unha licenciatura ten tres ciclos e non dous? Non sabe que "estudante do último ciclo de Filoloxía Galega" suporía ser licenciado? Vostede non está no último ciclo, porque non é licenciado, e presentarse con datos que non son verdadeiros axudan a desacreditar a unha persoa que pretende falar de cousas certas do pasado.
Aínda así, isto non quita que sexa unha persoa totalmente cualificada para o traballo que está facendo neste xornal, pois o feito de ter escrito noutras publicacións como a Revista Murguía (nº 7-8), A trabe de ouro (nº 67), Gara (17.05.04) e outros xornais como o Berría, e o feito de estudar Filoloxía Galega, axudaríanlle a ter un dominio da lingua e da escrita, presuposto que aínda non demostrou.
Vostede, “estudoso do nacionalismo e militante independentista” (segundo a páxina de AMI, asociación na que militou durante moito tempo) e candidato na lista da FPG (nº3), non axuda a criar país (pois creado xa está), cos seus continuos discursos cheos de citas e alusións a outros personaxes, e feitos, e días e horas, que ben parecen unha práctica onanística baseada no recordo, que fan destes algo ilexible, inintelixible e indixerible (se se puidesen comer, claro).
Chego a dubidar, polo mesmo, que algunha palabra (ou idea) saia da súa propia cabeza sen que fora dita anteriormente por algunha outra persoa (normalmente morta) ou que apareza nun libro (quizais no de frases escollidas).
Sen máis, poño estas suxestións á súa disposición, pois creo que compartimos un obxectivo común: a próxima e vermella República Galega, só o creo, pois non estou seguro do seu obxectivo...
Para rematar, permítame dicirlle unhas palabras a modo de cita:
"A literatura (e entendamos o xénero xornalístico como parte desta) será revolucionaria en tanto en canto sexa boa, senón será totalmente o contrario..."
Segue sendo de noite e eu tan humilde coma sempre...
Fanecas-Bravas
Sería bon que puxeses o nome porque eu penso que só hai unha persoa que encaixe coa ladaíña de cousas que botaches. Parece mentira que non me escribises en reintegracionado.
Tamén miro que non te me esqueces dos artigos que publique. En Gara, cando compartiamos militancia, publiquei tres máis, non te lembras? O de AMI non fun eu precisamente quen fixo esa definición. Dos ciclos tes razón. Estou no segundo. Agardo este ano rematar. A túa última cita é prototípica tamén dunha persoa (na mesma que penso que escribiu isto).
O artigo tiña outra intención da que lle diches ti. Non trato de crear país senón de amosa que xa está feito dende hai tempo. Ä vez é unha crítica á falta de coñecementos da nosa propia historia nacionalista. Eu ben sei que ti estás á altura, e dígoo con boa fe.
Máis nada, agardo que deas o teu nome para confirmar todo o que dis e xa que compartimos tanto tempo, non sei porque non me chamas e combinamos un día a falar. Non tomei a mal todo isto que colocaches (aínda que prediques ben na miña contra).
A coidarse.
Xurxo
Naceu en Vigo en 1984. É licenciado en Filoloxía Galega e prepara a tese sobre a figura de Ramón Villar Ponte.