Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Outro mundo posible; outra España, imposible

11:30 08/07/2008

A vitoria da selección española na Eurocopa de Fútbol deu a España varios días de balbordo que axudan a esquecer a delicada situación económica que pasa a maior parte do Estado e, sobre todo, axudou a que o nacionalismo saíra do armario sen complexos. Un nacionalismo distinto do que se expresa cando gañan Alonso, Nadal, Pedrosa ou o combinado español de baloncesto. Non sei que ten o fútbol que cando xoga La Roja moitos políticos e xornalistas din cousas que gardan no seu comportamento diario. A por eles é a consigna, e o todismo o comportamento. Ou toda España se alegra ou "a por ellos". Se hai quen non se alegra non só é mal español, senón que tamén é "gilipollas", como lles chamaban a Urkullu e Puigcercos na Cope, ou simplemente lles desexan  "que les den por Urkullu".

Na SER, cando marcou Villa, o locutor berrou que o xogador asturiano tiña "unos huevos como mi cabeza”, mentres antes dos partidos os coristas púñanse de pé no estudio para tararear o himno que non ten letra por moito que a cante Luis Aragonés. "Yo soy español y estoy orgulloso”, "el que escuche este himno y no sienta nada, no tiene sangre en las venas” e outras soflamas eran deitadas como aceite fervendo nas orellas dos ouvintes desas emisoras que, haino que lembrar, se declaran a cotío non nacionalistas. Os nacionalistas son outra cousa. Son intolerantes e incultos. En Madrid, non embargantes, estes respiran tolerancia.

Chega esta victoria cando o español, agora coñecido como "idioma común", pasa os seus últimos días neste mundo porque, como todos saben, a Xunta, a Generalitat e o Goberno vasco desenvolven unha efectiva tarefa de exterminio e aniquilación idiomática. Só un manifesto asinado por ducias de milleiros de persoas combate esa política na que borrar do mapa ao castelán é a consigna. É unha mágoa que unha lingua que deu tan grandes escritores e encheu páxinas tan gloriosas da historia (sen unha pinga de nacionalismo, iso si) vaia desaparecer. Pero é o que teñen as autonomías e os nacionalistas, xunto con algún socialista despistado, que queren acabar con todo.

Mentres, os pobres galeguiños seguen ao seu, chorimicando porque unha gran marca de roupa como Springfield chama ao galego "dialecto del castellano" nunha postal de felicitación a un dos seus clientes redactada en portugués. Os galegos seguen a facer vitimismo porque unha traballadora de Navantia, na sempre plural e acolledora capital de España, escribe a un traballador de Ferrol que non sabe se o escrito que este lle enviou llo redactou o seu fillo de dous anos "o es algún dialecto que hablan ustedes en la aldea".

Pero así son as cousas. Esta crise económica vai facer certo iso de que outro mundo é posible. Pero nin esta nin ningunha crise logrará mudar a España, non. Porque é así. Outra España non é posible.

4,32/5 (34 votos)


Comentarios (39)

AGIL #1 8/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De acordo. Apenas uma observação, "leve": "La Roja" na realidade é "La roja y gualda" ou "La mona[rquica]". Assim nos vai...

AGIL #2 8/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outra leve (esta sim, leve) observação: A primeira parte do artigo não consoa com a segunda parte. Aquela vai pelo direito e esta, pelo indireito... Não sei, mais efeitivo (embora todos entendamos) seria que a segunda parte, a relativa às línguas, fosse também pelo direito. Opino.
Contudo, entendo a esguelha do autor... Enfim...
Ou não, não entendo essa mistura de factos aludidos e não explicados: "manifesto", "Springfield", "Navantia"... Acho que pertencem a situações diversas, umas objetivas ("manifesto" e "Navantia") e outra subjetiva ("Springfield"), pelo menos como chegou ao meu conhecimento...

vonMises #3 8/Xullo/2008 vonMises
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amolado estou eu, Dani, que apostara 15 sobre 16, e vai e perdo, que xa é mala sorte...

Dani-Alvarez #4 8/Xullo/2008 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boas AGIL,
eran moitas cousas as que quería denunciar e pouco o espazo do que dispoño antes de que o artigo semelle un ladrillo. Coa ironía xogo tamén na primeira parte, cando afirmo que en Madrid non hai nacionalistas (españois), porque os nacionalistas son outra cousa, "intolerantes e incultos".

Entre todas as cuestións que menciono, podo concordar en que o tema Springfield é o menor.

Recoméndovos q

Dani-Alvarez #5 8/Xullo/2008 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desculpas,

recoméndovos, dicía, que botedes un ollo ao comunicado que onte emitiu a Mesa do Turismo, un organismo que agrupa a 30 das máis potentes empresas do sector turístico español. É, simplemente, delirante.

Tiven a oportunidade de falar co presidente desta Mesa del Turismo e deixoume abraiado.

http://www.europapress.es/econ...

Quero dicir, en definitiva, que xa non se di que o español debe ser o idioma principal. Algúns afirman xa sen complexos que as outras linguas "amolan".

E iso é moi preocupante. Acho que, agás os cataláns, en Galicia e en Euskadi non se está a respostar convenientemente desde o espectro bilingüe. Porque somos maioría.

galeguzo #6 8/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dani, mais uma vez digo-o: um prazer ler-te em Vieiros e escuitar-te na nossa rádio nacional.

- um leitor

cidadan77 #7 8/Xullo/2008 cidadan77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pregunta ao autor:

Outra España non é posible. E outra Galiza é posible? É dicir, isto é un laio baleiro ou un convite a abrazar o arredismo?


(Desculpas aos reintegratas polo neoloxismo dialectal empregado)

Dani-Alvarez #8 8/Xullo/2008 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boa pregunta cidadan77.

Non é unha invitación a nada máis que a unha reflexión á que xa convidaron outros.

Sería en todo caso un laio, pero non baleiro, senón cheo de descontento. Disque asinaron 115.000 personas o manifesto polo español. ¿Son moitas entre 44 millóns? Non parece.

Pero o problema non é cantos asinan, é que che diga un señor de Murcia que se perde en Galicia porque as estradas están sinalizadas en galego. Iso é o que se está a estender. Sempre estiveron aí, pero agora saen do armario a presas.

En todo caso, chamo a combatir a mentira. Non temos que pedir perdón por ter un idioma. Os bilingües somos nós. Que axiña poñen todo en inglés, e canto se lles nota que non lles gosta o euskera, o galego e o catalán!

E falando de arredismo, ¿Non serán eles os separatistas?

Obom #9 8/Xullo/2008 Obom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dáni, concordo totalmente co que dizes. E qual é a resposta que se devia dar ao Manifesto desde a Galiza e Euskádi? Para mim, emigrado que levo já onze anos vivendo no "Império Grande", que estivem sempre próximo de posturas susodetorianas, este Manifesto deu-me o empurrão definitivo cara a posições independentistas. E considero que não devo ser o único.

Anti_Lusista #10 8/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"En Madrid, non embargantes, estes respiran tolerancia" Hahaha que crack meu. 100% dacrodo meu, outra España non é posible porque eles non queren. Agardo que nas vindeiras eleccións os galegos pensen un pouco mais...

Gaviotero #11 8/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Otro periodista mejor también es posible...

Gaviotero #12 8/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este es otro de los "escocidos" por la ola de españolismo que inunda España...pues nada, ya sabéis, ¡pomadita! ¡Jajaja!

lavesedo #13 8/Xullo/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

é unha ghavota??, NON TAL! é un avión??, NON TAL!, é un feixista con pluma(s)? NON TAL! É SUPER LÓPEZ!!! parabéns pola túa volta para nos ensinar o mundo aos probes nasionalistas...

ecoe #14 8/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É obvio que as e os €$pañoi$ son os SEPARATISTAS, e xa non digo nada si son nacionalsocialistas.

Ésa tese mantenna un meu amigo portugués: sempre me está a dicir que a ver cando GZ dá a libertade a €$paña. Coido que ten razón.

Habeía que mirar si estaría axeitado rotular todo en galego monolingüe exclusivamente, e se non se entende: pasar todo á linguaxe universal: inglés, linguaxe dos cans, etc.

aovellaquemira #15 8/Xullo/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na linha do apontado por Agil, tampouco me queda clara a segunda parte do artigo.
O da selecção 'nacional' (u-la nación española?) e um exemplo mais. Milhões houvo já antes.

A cousa, no terreo político, é simples:

- Pensa voçê que alguma vez o Reino de España vai respectar a súa língua, cultura e identidade, e polo tanto a súa dignidade?

Ps. Por certo, por aquí há comentaristas que poderiam escrever artigos completos lá: http://www.infonacional.com/in...

Gaviotero #16 8/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sigue soñando, ecoe...

roibran #17 9/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Gaviotero resulta que unhas veces lle persiguen, e outras os demais soñan.

Freixo #18 9/Xullo/2008 Freixo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou de acordo co comentario #9 de Obom. O igual que Serbia foi a responsable da desintegración da Iugoslavia, tentando impoñerse as demáis nacións, no Estado Español é a vella Castela (España) quen quere esmagar a toda cultura, lingua ou forma de pensar diferente da España Una Grande y Libre. Os que din que o quen non se emociona o ouvir o himno español non ten sanguen nas venas son os herdeiros directos dos "cuneteros" do 36. A min está situación prodúceme moita tristura porque sei que en en España tamén hai xente de ben, e mesmo na Galiza coñezo a boa xente que alegrouse da victoria da selección española (que non de "la Roja"). Pero comezo a pensar que tal como titula o artigo, outra España non é posible e só nos queda traballar paseniñamente, e buscando o apoio maioritario da sociedade galega pola independencia.

cidadan77 #19 9/Xullo/2008 cidadan77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#8
"Non temos que pedir perdón por ter un idioma.[...]

E falando de arredismo, ¿Non serán eles os separatistas?"

Este humilde servidor engadiría "e tampouco temos que pedir perdón por ter outras ideas políticas, mesmo por sermos independentistas". Se non nos gusta a España que hai e pensamos realmente que non se pode cambiar, o lóxico era querer saír dela e non quedar no laio eternamente.

Vexo que estamos lonxe de deixar de ver o independentismo como un sarampelo ou unha chata que lle apoñer aos españois. E así ata cando?

(Isto que facemos de criticar escondidos detrás do nick é no fondo moi feo, pídolle desculpas ao autor)

Anti_Lusista #20 9/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Pero comezo a pensar que tal como titula o artigo, outra España non é posible e só nos queda traballar paseniñamente, e buscando o apoio maioritario da sociedade galega pola independencia".

O certo e que eu penso igual, aínda que para mín o ideal sería isa confederación ibérica que defendía Castelao, pero tamén coma el penso que é case que imposible.

toivonen1978 #21 9/Xullo/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿E qué opina Galicia ¿¿bilingüe?? de todo isto?

Eu debo de estar vivindo nunha Galiza diferente a estos artistiñas. Na miña casa os xornais veñen en castelán, as radios e televisións, a maioría, os nenos cada vez se apartan máis do galego, etc...

¿Non deberiamos ser os galegos quenes protestaramos porque queren matar a nosa lingua facendo da mentira máis descarada unha verdade absoluta?

¿Preocúpalles a estes artistiñas a convivencia galego-español ou simplemente lles preocupa a existencia dunha delas? ¿É unha cuestión lingüística ou ten un transfondo político? e, sobor de todo ¿pícalles a unhos cantos que se manifestan en La Coru o sobaco ou o da man dereita alzada ten outro senso?

OBSERVADOR #22 9/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Gaivota que vá prá sua EhpaÑa, que aqui não faz nada de bom.

Ao autor do artigo: A sua conclusão é opinião de uso corrente entre os ambientes reintegracionistas. Não quer dizer que todos opinemos igual, mas a esse respeito temos poucas dúvidas: Espanha não muda nem mudará de política. É a que sabe fazer, é onde se sente cómoda, e sobretudo, É A SUA APOSTA. Levam muitos séculos trabalhando por ela. O seu fim é deixar agora de insistir. Não vão fazer tal. Portanto, concordamos.

Para que um artigo seja um tijolo ("ladrillo" diz você) não é precisa de muita extensão. Precisa, isso sim, de estar mal escrito. O seu artigo não está mal escrito, mas o seu temor a parecer maçador ("pesado") na extensão dele fez-lhe resumir de jeito defetuoso uma quase realidade que, com acerto, denuncia você.

Acho mais perniciosos os esforços empregados em Política "Lingüística" desde qualquer governo galego (de "GaliCIA") que a parva madrilena, intolerante e inculta, de Navantia. Poderia você ter nomeado essa fonte de apagamento do galego, assim como outras... Mas não fez.

Também poderia ter rematado com uma crítica no mesmo sentido ao sector do turismo com a informação que amavelmente nos convida a ler. Isso sim, a ironia do início é o melhor. Entende-se perfeitamente, apesar da ortografia (que amola um pouco, desculpe), e sabe a pouco. Cinco páginas dessa ironia não podem ser maçadoras. E se o são, que seria dos Castelao, Lugris e etc. !!??

bertus #23 9/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo artigo pra falar da "España eterna". Fíxome rir deste esperpento españoleiro.
Quxirera engadir dúas cousas: o día da final ía eu cun amigo no seu coche subindo pola praza de Abastos en Compostela. Había moita xente diante do Embora festexando e uns mozos cortaban o pouco tráfico que por alí pasa. Un deles, ben respaldado, berrou cara o coche con túzara actitude, entre ameazante e desconfiada, porque vía que non ía conosco o asunto: "pita pita". Meu amigo pitou moi moderadamente e abriron camiño mentres incremetaban o ton troglodita do OEOE...
A outra son as declaracións do porteiro da selección, Kasillas (certo que os catalás deféndense mellor, até lle sacan punta a selección cos nomes dos xogadores: http://www.youtube.com/watch?v... ), que dixo ao día seguinte que os xogadores viran os xornais e como se festexara por toda España, o cal, dixo, era signo de unidade en momentos nos que facía moita falta...

Dani-Alvarez #24 10/Xullo/2008 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boas Anti_Lusista,

a confederación ibérica é unha proposta brillante, pero estas cousas sempre as plantexan os que están en inferioridade de condicións. ¿Cantos se atreven a falar en España de "Estado plurinacional" que non sexa en Galiza, Euskadi ou Catalunya? Antes algún aínda falaba da España plural, pero agora nin iso: "unida y diversa".

Sempre nos piden que agardemos, que xa virán tempos mellores para falar destas cousas, pero canto máis vai, peor.

Caro OBSERVADOR,

atendo os teus apontamentos. Dígoche de verdade que como me cebe con estas cousas escribo un tratado.

Sobre ortografía, podemos discutir noutro momento, aínda que vexo antes outras cuestións prioritarias.

Lidor #25 10/Xullo/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

OBSERVADOR: Es um maçador maciço, juro-to! sempre coa mesma historia...

OBSERVADOR #26 10/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caro Dani-Alvarez,

1) Obrigado por responderes. É uma sorte poder trocar impressões com o autor do artigo.

2) E o tratado será "ladrillo"? Espero que não. Escreve um tratado, sim. Mas escreve-o, que tê-lo só na cabeça não serve de nada e escrito todos podemos lê-lo.

3) Contudo, acho que antes que um tratado, poderias escrever uma série de artigos com esse assunto. Todos diferentes, mas conservando esse bom humor e ironia muito boa. Isso sim, melhorando a ortografia.

Cumprimentos.

(A Lidor: Maço, sim, até abrandares o cérebro, meu cabeça de "boj")

ecoe #27 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Malicia Bilingüe non opina: minte a sua falsidade con argumentos ANTIQUÍSIMOS. Xa o Lenin tratou sobre a innecesariedade de unha língua oficial OBRIGATORIA (pola "Con$titución" con P, €$pañola)
http://www.primeiralinha.org/t...

ecoe #28 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outra mostra ben clarificadora. Pode unha persona CONDENADA polo TRIBUNAL SUPREMO de 1989, por implicación activa e/ou pasiva na tortura e morte de un detido, ser enterrado con HONRAS OFICIAIS(garda de honra da garda civil e policia), e asistencia ó enterro de militares, civís e alcaldes varios?

A qué €$paña se honra? á (H)ÚNICA existente, á NACIONALSINDICALISTA.

ecoe #29 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por si quedaba algunha dúbida sobre o €$tado MÁIS CORRUPTO DO MUNDO (esa sí, pola legal, eh), capaz de SUPERAR toda a corrupción da DICTADURA franquista, ahí os exemplos dos privilexios de alts cargos cesantes, mesmo CON EXENCIÓNS FISCAIS (coma as €mpre$a$). Nós tod*s temos a exención de pagar por todo e pagar por todo.
http://www.insurgente...

aovellaquemira #30 10/Xullo/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ecoe, claro que pode, isso e todo o que queira, meu.
Até comezos do século XXI e desde o comezo da 'democrácia' 44 Guardias Civiles forão condenados por torturas (quantidade ridícula!), 38 dos cales forão inmediatamente indultados.
Já o disse o ZP após as denúncias por torturas de dois 'ainda presuntos' etarras: Leatad se paga con lealtad.

ranciadas #31 11/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min gústame o artigo de Dani, ten as ideas moi claras e un apuntamento esencial, que estamos a facer os galegos contra o manifesto, non deberiamos facer tamén outro os GZ, CAT e EH?

OBSERVADOR #32 11/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gostei do de "Malicia" Bilingue. Vai como anel no dedo.

ecoe #33 11/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É propiedade, intelectual, para uso común e colectivo, faltaría máis, do Calros Solla.

Pedrel #34 13/Xullo/2008 Pedrel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Antonio Gil, español de pro.
Parabéns por vivir dun xeito coherente: rabioso, contrario a todo o que semelle galego, fanático, incoherente, en fin, parvo.

OBSERVADOR #35 13/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pedrón, digo, perdón. Pietrel, pierde pEpEro el lebrel, digo, el pedrel!

ecoe #36 13/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Item máis: http://www.rebelion.org/notici...

AGIL #37 13/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em (#1), hai 5 dias, eu, AGIL (António GIL), escrevia: «De acordo. Apenas uma observação, "leve": "La Roja" na realidade é "La roja y gualda" ou "La mona[rquica]". Assim nos vai...»
...
Em (#34), hai 9 horas e 52 minutos, Pedrel (ignoto indivíduo) balburdia: «Antonio Gil, español de pro. Parabéns por vivir dun xeito coherente: rabioso, contrario a todo o que semelle galego, fanático, incoherente, en fin, parvo.»
Serei tão parvo que não entendo o que balburdiam os parvos?

-Xavier #38 14/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pedrel #34 diz:

"Antonio Gil [...] Parabéns por vivir[es] dun xeito coherente [...] contrario a todo o que semelle galego"


Digo:

A luta contra imposição da aparência é característica das pessoas que defendem a verdade, como o António Gil Hernández. A defesa daquilo que é aparentemente galego é própria do espanholismo para fazer com que o verdadeiramente galego simplesmente esmoreça. Portanto, Pedrel#34, o teu comentário é vazio de sentido, de siso, de sentidinho e até de juízo.

Contra a aparência inútil, a identidade real.

Saúde e reflexão.

sophia #39 16/Xullo/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi bo artigo, debería ser publicado nalgúns destes xornais que se declaran "de Galicia" porque é moi elocuente, ó millor mesmo convencía algunha xente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dani Álvarez

Dani Álvarez

Naceu nas Pontes en 1977. Marchou para Euskadi estudar Xornalismo. Logo de licenciarse, comezou a traballar en Radio Euskadi. Na actualidade dirixe o programa radiofónico "Ganbara", de información xeral e debate. Canda Xabier Lapitz coordinou o libro "Proceso de paz en Euskadi. 20 voces por la normalización".





Locais:
GZ-Sete