Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Gadis: Vivamos como galegos

10:30 24/10/2007

Pois para vivir como galego é imprescindíbel o uso cotiá do galego, pois é a miña (nosa) lingua. Ou non?

O anuncio de “Gadis” creou certa euforia e éxito nunhas masas fartas de tanto reproche españoleiro baseado en tópicos empregados como aldraxantes. O anuncio varía esa visión e fai do mal un ben. E ninguén lle pon chatas. Acolleuse favorabelmente. A min, gustoume.

Mais, eu négome a vivir como galego falando castelán. Eu son galego e falo galego. Dicía Éamon De Valera: “prefiro unha Irlanda inglesa que fale gaélico que unha Irlanda ceibe que fale inglés”. De Valera pensaba que algún día chegaría a liberdade para Irlanda e que a lingua non podía ser moeda de troco nin sacrificio a facer.

O galego é un signo identitario, propio, singular. Isto está claro xa nos textos da literatura galega, dende un Xoán Manuel Pintos ata un Manuel Antonio. As orixinarias Irmandades da Fala nacen cun propósito: a defensa, exaltación e fomento do galego. Os Villar Ponte considera a lingua como o principal factor na configuración de Galiza como nación. Ninguén discute hoxe que o galego é noso e que é cousa nosa falalo.

O galego éo todo para poder vivir como galegos e galegas. Ou acaso todo a nosa identidade redúcese ao fútbol, a choiva e a retranca?

Ollo! O anuncio está en galego. Moi ben. Congratúlome. Quen non? Mais eu entro na tenda e miro: “alimento para animales”, “pescadería”, “frutería”... Falo en galego aos empregados nunha cidade coma Vigo (como en tantas outras) e dinme: “está al fondo a la derecha” ou “espere que ahora mismo le pregunto al encargado”. Miro os anuncios en papel do supermercado e todo está en castelán, os panfletos tamén, ata o ticket. Mesmo en internet a súa páxina non está en galego e nin tan sequera posibilita lela na nosa lingua (hoxe en día existe un tradutor inmediato).

Eu para vivir como galego necesito normalizar o meu idioma. É un dereito. Oxalá modifiquen esas actitudes e normalicen tamén o galego nos supermercados, pois é o mínimo e non custa tanto. A crítica é construtiva. O “Gadis” debe falar agora.

4,51/5 (76 votos)


Comentarios (120)

Vilagarcia #1 24/Outubro/2007 Vilagarcia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou de acordo. Fóra do que "motu propio" poida facer algún dos empregados (hai caixeiras que se desenvolven en galego con naturalidade) a empresa desenvólvese moi lonxe da normalización do idioma galego. Vivamos como galegos? Si, exercendo!

carlosroca #2 24/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben, imos a que o GADIS atenda en galego, a por eles!!!
E que o esixan a todos e todas os empregados, os que xa son e non saben que aprendan e aos novos que llo esixan.
Agardo que os sindicatos estexan de acordo....

crunha #3 24/Outubro/2007 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois si, a ver se cumpren eles mesmos o seu lema. Eu o máis que vin foi un Gadis onde a rotulación estaba en bilíngue, e tristemente era primeiro en castelán e despois en galego.
De todos xeitos non cometamos o erro de criticar máis aos que fan un pouco en galego que aos que non fan nada.
Ah, e por certo, a ver se poñen a páxina web en galego, pero por favor non feita por un traductor automático. Daquela case prefiro lela en castelán.

lute #4 24/Outubro/2007 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Felicidades Xurxo por ser tam claro como breve e argumentado.

Como ti dis, que fale GADIS agora.

Lute

galegoportuguesa #5 24/Outubro/2007 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto que acontece no Gadis acontece em qualquer lugar ao que vaiamos e, por suposto, se fosse conditio sine qua non para os empregados responder em galego, logo sairia algumha plataforma denunciando que "se impone el gallego", mas se os nenos recebem desde pequeninhos aulas em inglés ninguém protesta "porque es una lengua mundial". Como se o galego nom o fosse mundial, como se precisassemos falar inglés para comunicarmo-nos cum brasileiro, cum angolano ou cum português (só por citar exemplos). Claro que moitas veces nem sequera os "galegofalantes e reivindicantes" nos percatamos disso e pensamos que a lingua se reduce ás quatro províncias, deixando-a cada vez mais isolada e em progressiva defunçom. De facto, escrevé-la com ortografia espanhola é mais umha forma de aceitá-lo domínio do espanholismo mais recalcitrante, ainda que nom nos deamos conta.

damegon #6 24/Outubro/2007 damegon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coidado con reclamar a rotulación en galego. Ainda sodes levados a Madrid como Éric Bertràn, o rapaz de 14 anos que foi levado perante a Audiencia Nacional acusado de ameazas terroristas a DIA, por esixir a rotulación dos productos e da web en catalán :-)

carlosroca #7 24/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meu deus que medo me dá a Audiencia Nacional...

eugalego #8 24/Outubro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom gosto do castrapo.

xesta #9 24/Outubro/2007 xesta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

é o momento de facer unha campaña "vivamos como galegos en galego" aproveitando o acerto de gadis, extendela un pouco.

O_Castrexo #10 24/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uf! Menos mal! Un artigo escrito EN GALEGO neste xornal. Que gusto! Como me gusta o meu idioma! Hahaha.

Xa comezaba a estar farto de ler tantos artigos de opinión e comentarios escritos con grafías estranxeiras e sen tradición literaria en códigos híbridos, imaxinarios e outras linguas élficas...
Tiña que vir o artigo da man dun profesional da Filoloxía Galega. Agradézocho Xurxo!

Iso por un lado.

On the other hand, concordo con todo o artigo! Canta hipocresía hai neste país! Isto é como do conto da "morriña" e iso de que os galegos queren taaanto á súa terra... si, si! Moito marketing...

"Mais, eu négome a vivir como galego falando castelán."

Con respecto a isto que dis. Non sei se víchedes os comentarios rexistrados no Youtube onde se pendurou o anuncio (está penduradísimo. Témolo ata subtitulado en inglés e castelán)
Nestes vídeos hai moitos, cando digo moitos son moitos, galegos castelán-falantes auto-adxudicándose medallas do tipo de: "yo me siento muy orgulloso de ser gallego" ou "este anuncio me hace sentir muy orgulloso de mi tierra". Non entendo como pode haber xente tan cínica ou tan pouco coherente.
Como se pode sentir un tan orgulloso de ser galego sen estar comprometido co idioma ou ata chegar a rexeitalo?! Nunca entenderei o grotesco e esperpéntico que pode chegar a ser este país. Se fose por este tipo de xente Galicia tería morto hai moito tempo e xa non existiría a idiosincrasia nin a identidade dese pobo que protagoniza o spot. Eu tamén prefiro unha Irlanda británica pero de fala gaélica e non unha Irlanda independente de fala inglesa.

Pero este é outro conto!!

O caso é que agora, logo de tantos alardes de galeguismo, haxa un compromiso co uso real do galego como ti dis, en Gadis, e noutros supermercados e grandes superficies .

meendinho #11 24/Outubro/2007 meendinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E mais outro em galego élfico!! Claro que Vilar Ponte, as Irmandade ou mesmo Manuel Antonio tinham como alvo da nossa língua esta união do galego com o... chamemos-lhe élfico luso-chinês (por isso que agora é tudo "made in china" -igual até o português é também da china...-).
"Canta hipocresía hai neste país!"... é que o digas. Dizem o tal SantamariNa, Barreiro e demais ILGueiros que o galego e português são duas línguas TOTALMENTE independentes desde há... pelo menos 500 anos!! mas quando se vêem arredor de filólogos da lusofonia enchese-lhes a boca falando da unidade galego-portuguesa... vaia, vaia...

Critica este castrexo aos galegos que têm como língua habitual o castelhano, mas dizem se sentir ledos (com orgulho, parez ser...) de serem galegos. E diz o castrexo que vaia incongruência! Pois... seguro estou que nalgum intre falas-te dos irlandeses, dos escoceses ou mesmo dos vascos como exemplo a seguir. Todos eles empregam na maioria da população a língua da metrópole. Mas são exemplos dos nacionalismos periféricos europeus. é o que nos tocou. Só desde a consciência como povo se pode normalizar uma língua. Primeiro vêem os galegos castelhano utentes e só mais despois a tranformação linguística de usos.

Eu prefiro um galego castelhano utente com orgulho de ser galego que milita politicamente na recuperação da língua, que apoia aos partidos nacionalistas, que defende o direito dos seus filhos a se escolarizarem em galego que um galego desses típicos do nosso país que ainda falando sempre em galego não defende essa língua quando fazer falta.

O_Castrexo #12 24/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nunca entenderei o reintegracionismo!
Nunca entenderei o reintegracionismo!
Nunca entenderei o reintegracionismo!
Nunca entenderei o reintegracionismo!
Nunca entenderei o reintegracionismo!
Nunca entenderei o reintegracionismo!

Por que defenden as linguas imperialistas das metrópoles?? Aaargh! Defenden que os escoceses, irlandeses e vascos, sociedades completamente normalizadas nas linguas das metrópoles, son exemplos de nacionalismos a seguir! Menudos exemplos!
Ademais, por se non fose pouco, defenden que en Angola e a "lusofonía" (sic!!!) deben falar portugués!! Eu preciso unhas vacacións urxentes e marchar deste país unha boa tempada... Inglaterra vén a min! e eu vou a ti! Quero marchar far away deste país de reintegracionistas e castelán-falantes, ambos acomplexados, que se auto-adxudican medallas logo de non facer nada polo país!

Aquí os únicos que falan élfico imaxinario son os reintegracionistas! Ata o élfico ten máis tradición literaria ca o código híbrido reintegracionista!

Logo de tanto nh, lh, ç e ss teño as dioptrías disparatadas... o_O

breixoak #13 24/Outubro/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que grupos como Gadis aposten por un anuncio deste tipo ten bastante que ver coa situación política que vive o país. Seguramente o que se intenta é facerlle, de cara á galería, ás beiras á parte nacionalista do goberno e quizais poder entrar na foto. Aínda así, a aposta é máis ca pobre. Ten razón Xurxo, sobra propaganda e fan falta feitos. A realidade é que as empresas seguen a empregar invariablemente o castelán, unha situación que non mudou practicamente nos últimos 20 anos. Se miramos para Cataluña ou Euskadi a realidade é ben outra

teixugo #14 24/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu gosto da idiosincrásia dos "bebe-albariños", só são galegos para isso , vir beber albarito. Caballeros del albarito: Rajoy, Fraga...

O_Castrexo #15 24/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Cataluña ata a Coca-cola está etiquetada en catalán!

http://www.racocatala...

Mira para ahí! Nós... ocupémonos da norma no canto de normalizar.

teixugo #16 24/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#12, tu não tens que estudar?
tu não tens amigos?
Quem te atura!
Deixa em paz à fotocopiadora!
Mete-te com algém que se possa defender.

O_Castrexo #17 24/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu levo na facultade dende as 4:00 da tarde ata as 7:00 cos meus amigos...! Non comeces a acosarme! Que lle pechen a conta a ese usuario tolo que acosa a outros usuarios!

Hahaha.

Eu veño a Vieiros a comentar un pouco cando non teño nada que facer para facervos garrear reintegracionistas porque sodes personaxes moi divertidos...

"Atura". Iso existe en portugués? Iso foi galego, portugués ou élfico unha vez máis?

surenho #18 24/Outubro/2007 surenho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non só Gadis ten os seus carteis en castelán, tamén os centros Haley que son da mesma empresa (Gadisa). Nun destes centros presentei unha reclamación por escrito en galego e a resposta foi...en castelán. Os productos da "marca branca" tampouco etiquetan en galego, entroques os produtos da marca branca de Eroski (que non é galega) si etiqueta en galego.
E Froiz? que ten as bolsas en castelán, portugués e inglés (serán reintegracionistas e por eso non escriben en galego?)
Moito queda por facer.

Maeloc-do-Rouco #19 25/Outubro/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexo, a cada volta estou mais convencido de que a tua actitude e simplesmente a dum fanatico provocador incapaz de argumentar a prol do que tu acreditas e que remata fazendo-o unicamente na contra de aqueles que nom som da tua corda...Falta-che subtileza e se calhar facilidade expresiva pra usar a retranca e o humor como recurso argumental, polo que o unico que fas e provocar e reaccionar foscamente como um verdadeiro "hooligan", enchendo o teu espazo de desqualificazons as opinions alheias, aldragens, exclamazons, intoleRRancias e umha insuportabel e constante exaltazom. Pode-se ser isolacionista ou reintegracionista e ser civilizado, ainda que semelhe que nom seja do teu interesse... Tu ja te qualificas a ti proprio com essa mega-fobica predisposizom anti-reintegracionista de teu...Por que nom te censuras a ti umha miguinha meu no canto de argalhar e celigrar pra ter censurado a tudo o mundo que ousse discutir os teus cuspes verbais?? Escoita-ches a alguem pedir que fechassem a tua quenda?? Ninguem...malia as palavras inmaduras e mal-soantes que bem e certo que tenhem saido em (malpocada) represalia as tuas esmagantes provocazons...Please. Give us a break mate...Parabens aos que participam no debate de jeito civilizado (a maioria)e ao Xurxo polo texto preciso e ricaz que vem de achegar

teixugo #20 25/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pede-lhe também à universidade que lhe feche a fotocopiadora a mulher!!!

CUñAAAAAAAOOOO!!!!!!

COM RESPEPECTO AO LÉXICO, CABEÇA DE MINHOCA, NÃO LESTE EM NENHUM SITIO DO FORO QUE HÁ QUE FAZER UM DICIONÁRIO PAN-LUSÓFONO?

Ou não te interessa entender o que não queres "espavilao"?!

Aqui estou, e seguirei. Até breve.

teixugo #21 25/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esquezi dizer: "Espabilao" ORGÁNICO.

lagares #22 25/Outubro/2007 lagares
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Embora isso não tenha a menor importância, "atura" existe sim em português.

rufus #23 25/Outubro/2007 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mentras Gadis sigue a mercar os produtos de tempada neste país, e as condicións dos empregadas e empregados son un chisco mellor que noutos supermercados "que tanto respetan el gallego" nos quedámonos conque os carteis están en castelán e as traballadoras e traballadores falan nese mesmo Idem (como se en Vigo Gadis fose o último reducto de uso do castelán). Contradictorio??? por suposto. E tanto!!!.
Máis creo que é interesante seguir sacandolle o medo a esa empresa en usar o galego de xeito natural, que vexa que pode desenvolver a súa actividade económica no idioma deste país.
O resto serán pasos atrás, prexuizos de purismo

O_Castrexo #24 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1º Léxico pan-lusófono... puaaaaahahaha!! Ides meter o léxico dos indios nativos do Amazonas e dos nativos angolanos e mozambicanos! E no léxico hispanófono metedes tamén o castelán da Coruña, o de València, o de Barcelona e o de Bilbao!!

FÓRA o portugués da "lusofonía" (siiiiiiiic!!!)! Vivan os indios e os pobos nativos de calquer continente, entre eles, os galegos!

Merda de imperialistas!

e o Gadis en Galicia EN GALEGO e en Angola EN KIKONGO, CHOKWE, QUIMBUNDO e UMBUNDU!

E en Mozambique en emakhuwa, xitsonga, ciyao, cisena, xiChona, echuwabo, cinyanja, xironga, shimakonde, cinyungue, xiChope, bitonga, swahili !! O Gadis de Mozambique en swahili !

Funchal #25 25/Outubro/2007 Funchal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caro O_Castrexo,

Como recusa o português como língua oficial para Angola "Ademais, por se non fose pouco, defenden que en Angola e a "lusofonía" (sic!!!) deben falar portugués!!" Gostaria como grande amigo de Angola, que propusesse a língua ou línguas que deveriam ser oficiais. Das cerca de 50 línguas faladas em Angola proponho-lhe que escolha entre as seguintes, por serem faladas por pelo menos 3% dos angolanos.
Umbundo, Quinbundo, Quicongo, Chocué, Cunhama, Nhaneca, Mbunda, Khoisan e Gangela.
Mais informo, que 50% dos angolanos já só falam português (causas da guerra e consequente movimentações de populações).

AGIL #26 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dizem que a melhor demostração do movimento é andar, mover-se, evidenciar que não recuamos, nem somos estátuas...
O resto pode ser, é: «Eis uns bons conselhos para vós, mas não para mim...»
É o que acontece nos Gadis e nas Telefonicas e em quase todos os grandes negócios de toda a ordem na Galiza e com os galegos e a custo dos galegos...
Se os chineses querem ser galegos, mercê dos benefícios que a Telefónica espanhola traz aos empresários galegos, por que não o pedem em Galego? Porque Telefónica passsssssa do Galego... Mas também porque os empresários galegos passsssam do Galego...
E Gadis? E Carrefour? Têm rotulados os seus produtos, a maioria, em vários idiomas, entre outros o Galego ou Português, tanto tem, mas os empregados à partida sempre arrancam em castelhano...
Enfim...

AGIL #27 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uma pergunta, o_castreXo: A palavra "follar" não será um castelhanismo no galego?

O_Castrexo #28 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso din os galegos. Galicia española! Xa liches o comentario de Xurxo? Os supermercados e outros establecementos neste país traballan en castelán.

Bravo! Oeeeeee o 50% dos angolanos xa só falan portugués! Supoño que será certo. Aquí o 50% dos galegos xa só falan español. Viches tamén o último estudo sociolingüístico da RAG?

Guerras contra os nacionalismos tamén as houbo en España. Una, grande y libre. España se rompe! berran os españolistas hoxendía.

Vai ti saber como é ese estado angolano... "Angola una, grande y libre" tamén.

AGIL #29 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Diz o tristeiro do_castreXo (#15): «En Cataluña ata a Coca-cola está etiquetada en catalán! ... Mira para ahí! Nós... ocupémonos da norma no canto de normalizar.»
COM.- Se visitas Carrefour, bastantes "produtos" estão etiquetados em bilingue (castelhano e português, ou galego, tanto tem para a empresa) nos Carrefoures de cá e de lá da raia, da seca e da molhada.
Eroski tem rotulados todos os seus produtos nos quatro idiomas do reino: castelhano, catalão (não valenciano), basco e galego ("normativizado" pelas instituições epanholas), mas não português.
Gadis tem rotulados bastantes produtos em francês e castelhano...
Enfim...
Mas falta, a meu ver, o principal: Que os galegos sejam atendidos oralmente em Galego.
Rótulos, sim, mas também atenção oral em Galego. Que opinas, meu?

O_Castrexo #30 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1º Hohohoho. Non me digas que tanto ten para a empresa etiquetar en galego que en portugués? Temos unha imaxinación...

2º O Corte Inglés e Alcampo teñen rótulos en galego pero non atenden tampouco en galego.

Que establecemento deste país atende en galego? A min non me falan galego en ningures.

3º O reino ten 5 idiomas oficiais. Esqueces o occitano XDDD

Funchal #31 25/Outubro/2007 Funchal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caro O_Castrexo,
Não sei se te percebi bem, mas defendes o desmembramento de Angola pelos diferentes povos?????

O_Castrexo #32 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mmm... eu defendo o desmembramento de España polos diferentes pobos... e o desmembramento de Francia polos diferentes pobos e o desmembramento do Reino Unido polos diferentes pobos... e a súa final incorporación como estados libres á Unión Europea, proxecto de unión política que se constrúe en igualdade entre todos sen xerarquías entre pobos, linguas e culturas.

Adoro iso de que no seo da Unión Europea linguas tan humildes coma o gaélico irlandés ou o maltés manteñan a mesma xerarquía ca o inglés, alemán, español, portugués ou francés. Iso é xusto. Aquí en España primeiro (xerarquía!) é o español e logo o resto (galego, catalán, vasco e occitano)

Non coñezo tanto Angola. De feito non a coñezo de nada. Tería que informarme un pouco sobre a situación política alí. Imaxino que é unha "torpeza", como di a Ana Rosa Quintana, comparar a situación política española coa angolana. Cada país é cada país e cada situación é particular.

Eu non simpatizo cos separatismos. Son favorable á independencia de Galicia sempre e cando sexa logo incorporada á Unión Europea. Aló en Angola non hai unha Unión Europea e non coñezo a situación política daquel país.

Polo momento, gustariame ver que o estado angolano recoñece as linguas co-oficiais dese estado polo incalculable valor lingüístico e cultural desas xentes. Cada vez que morre unha lingua a mans dunha lingua imperialista (inglés, español, portugués e francés) estase a cometer un crime.

O_Castrexo #33 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este debe ser, ao meu coidar, o futuro mapa dos estados da Unión:

http://www.eurominority.org/ve...

teixugo #34 25/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O macarra este a falar de povos, indígenas... bla, bla, bla e tem a bandeira de Inglaterra, desculpem, England!!

Macarra. Talibão orgánico. Alvoroçador talião orgánico.


"Fololofucho".

O_Castrexo #35 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño a bandeira de Inglaterra (England!), nación inglesa, e non a do Reino Unido (United Kingdom!)...

Eu nunca defenderei o monolinguismo dos Estados Unidos, ou que se fale inglés na India, no Québec ou que sexa de obrigado coñecemento para os esquimós no Territorio do Noroeste canadense.

teixugo #36 25/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O pior é que nesse ponto estou d'acordo contigo. Mas não só com o português em Brasil..., o castelhano em grande parte de Hispanoamérica, o chinês... a minha aproximação à lusofonia é outra. Em poucas palavras: O Minho de Berlim.

Defender não sei o que dos ingleses... ainda não entendo, como não seja a ajuda que prestaram aos portugueses frente aos Castelhanos não poucas vezes...

Percheron #37 25/Outubro/2007 Percheron
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O anuncio está moi ben, pero non esquezamos que detrás de Gadisa (e tamén de Reganosa) está o Sr. Tojeiro, que precisamente peca bastante do que se comenta neste artigo:

"[...]me enfadé con el alcalde, que era mi empleado además, porque siempre fue Puentes de García Rodríguez y ahora es As Pontes. Hablar gallego no es ser gallego, gallego es hacer cosas por Galicia. Fíjate que cuando yo le puse Haley a los hipermercados me llamó por teléfono y me dijo que cómo le había puesto un nombre americano a un negocio gallego. Y le dije que Haley es el cometa y que con ese nombre puedo ir a todo el mundo y con Gadis, no."

Tirado da entrevista ao Sr. Tojeiro en http://www.noticiasgalicia.com...

AGIL #38 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O_CastreXo, perguntei acima se a palavra "follar" é castelhanismo no Galego. Sabes que procede (parece) de "fuelle". Portanto, a correspondente galega deveria ser "folar" (de "fole"), não é?

O_Castrexo #39 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois non che sei iso de "follar" pero o que si sei é que a palabra española "coño" en galego é "cona". É un cultismo. Vén do latín: cunnus (vulva). Temos "cunnilingus" por exemplo.

En galego é "foder" e non "follar". Coñezo pouco este campo semántico. Se é un lusismo non o sei pero non me importa nada que o galego importe léxico doutras linguas. Viva o borrowing.

Troita_de_pe #40 25/Outubro/2007 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Artigo tan superficial como talibán é o seu autor

outrolector #41 25/Outubro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para #30 - A min téñenme atendido veces abondas en galego no Corte Inglés, e mais noutros supermercados e almacenes. E coido que a correlación entre atención en galego e bó servizo/profesionalidade é bastante aparente.

Paréceme que os traballadores deses establecementos que teiman, adrede, en non atender aos clientes na lingua que estes usan, sexa galego ou castelán, son simplemente túzaros, mal dados, ou no mellor dos casos bastante parvos.

crunha #42 25/Outubro/2007 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixando a un lado os debates de salón sobre normativas (non é unha descalificación, eu tamén participo neles, pero é que xa están invadindo todos os debates de vieiros, veña a conta ou non), e deixando tamén a algún provocador que anda por aí ceibo, ao tema:
Eroski si que ten supermercados con rotulación en galego, aínda que só nos rótulos máis grandes e en algunha propaganda.
Presión a todos os supermercados para que usen o galego, non só a Gadis, a ver se por facer un bo anuncio van levar todos os paus.
Ah, un artigo interesante de Xoán Manuel Pereiro sobre o tema:
http://www.sihomesi.com

lavesedo #43 25/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a min onde me atenden en galego é na tenda de vilariño...pero claro, mírase que todos os reintegratas, isolinos, nacionalistas e independentistas, de esquerdas e progresistas que comentades o artigo do Xurxo, (parabéns, seica está a crear debate), só mercades en grandes superficies.
Viva o compromiso co pobo e os tendeiros galegos!!!

AGIL #44 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

CastreXo and co.: Para além de destruir e esnaquizar, que mais propostas fazes?
Destruir... Eis o Bush!!! Melhor destrutor em nenhures se pode achar. Queres ser como o Bush? Que o unido, fique desunido; que o assisado, acabe louco, tolamente louco; que o que é, deixe de ser...
Mas tudo isso para quê e por quê?

O_Castrexo #45 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vou continuar co debate saído pola tanxente e como se di follar en galego...

Para 41# Flípoo. Polo teu comentario, ou ben es empregado de El Corte Inglés ou eu son unha persoa con moi mala sorte. Eu sei que hai rótulos no Hipercor ou en Alcampo que che indican onde están as "frutas / froitas" pero os empregados non atenden en galego. E as etiquetaxes tampouco están en galego.

Nunca tiven a "sorte" de que me atendesen no meu idioma nesas grandes superficies nin noutros establecementos... Se cadra é que os empregados, como ti dis, non teñen formación (lingüística) ou simplemente non lles dá a gana porque ninguén lles obriga. Están obrigados a facelo?

Para 43# Unha cousa non exclúe a outra. Ninguén dixo iso. Non sei os demais pero eu non só merco en grandes superficies... Procuro ir mercar á señora María (onde queira que esté) sempre que podo pero está todo máis caro...

Só estamos a "denunciar" o hipócrita que resulta Gadis creando un spot made in Galicia, facendo alardes de galeguismo e proclamando aos catro ventos que "vivamos como galegos" cando a realidade neses supermercados é moi distinta.

AGIL #46 25/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

lavesedo diz: «... só mercades en grandes superficies. Viva o compromiso co pobo e os tendeiros galegos!!!»
COM.- Todo um sintoma do que acontece na Galiza: "tendeiros" vs. "grandes superfícies". Como no conflito linguístico...
Compremos nos "tendeiros", que nos falam em "enxebre"... E cada vez mais reduzidos num recanto.
Numa "economía libre de mercado", como é o reino de espaÑa, não devemos reivindicar que em toda a parte nos atendam em Galego? Tanto o "tendeiro" quanto o "grande-superficieiro"...
Igualmente, tanto um quanto o outro deveriam ter produtos rotulados em Galego...
Comprar no "tendeiro" por manter a língua na sua "enxebreza" é jogar, mais uma vez, a perder: Haverá de esse "tendeiro" procurar ser competitivo das "grandes superfícies" e estas atenderem os clientes em Galego.

arinspunk #47 25/Outubro/2007 arinspunk
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ainda és cansino Castrexo, cansino, cansino, cansino...

O_Castrexo #48 25/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moléstoche? Impórtache?

Ninguén te manda ler os meus comentarios. Se non che gusta o que digo non os leas e punto... é moi doado. Veña. Téntao. Se cadra a o consegues...

Rexistrácheste para soltar semellante parvada? Estás recén rexistrado é levas escritos dous comentarios. Rexistrácheste para dicir neses dous comentarios que O_Castrexo é "cansino"?

Impórtache o que digo? Eu digo que me dá a gana, cando me dá a gana, onde me dá a gana e como me dá a gana... insisto, impórtache?

Se non che gusta, non leas os meus comentarios.

O_Castrexo é xa un clásico destes foros. Sen min isto xa non sería igual.

Maeloc-do-Rouco #49 26/Outubro/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexinho, es bem inmaduro ho -o teu derradeiro texto ja o di tudo...como se nom o figessem ja os teus anteriores-...A ver se vas baixando da nube e te incorporas ao mundo civilizado das pessoas que achegam, debatem, discrepam, acordam, retrucam etc com educazom e humildade...pensando no conteudo e na riqueza de aprender e intercambiar opnions e pontos de vista e nom nos seus delirios de grandeza (mais bem de cativeza e de miseria a fim de contas) pessoais...Ou e que so escreves pra amolar?

arinspunk #50 26/Outubro/2007 arinspunk
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mi ma...

arinspunk #51 26/Outubro/2007 arinspunk
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que cansino...

maraghota #52 26/Outubro/2007 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexo dixit: "porque ninguén LLES obriga"

Castrexo dixit: "MoléstoCHE?"

Castrexo dixit: "Ninguén TE manda ler os meus comentarios"

Não apenas é bem chato, resulta que nem galego sabe.

Se lesse mais em português, talvez aprenderia a distinguir o dativo do acusativo e/ou usar os pronomes com correcção.

Quando ao comentário #48: Castrexo, cresce (e reflecte).

Mimá, que exibicionista é a ignorância.

Parabéns pelo artigo, concordo.

lavesedo #53 26/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

AGIL, para alén da retranca que diría o outro...
o q me dis en #46, non hai por onde collelo. Se non aprecias o ton do comentario e non distingues que menciona a todos os que andan no debate, escriban como lles pete, e queres entrar en fonduras, direiche que si defendo un sistema económico alicerzado "máis nos tendeiros ca nas grandes superficies" por seguir coa teima e que non me sentiría moito máis féliz de pasar dunha "economía libre de mercado" en español a unha "economía libre de mercado" en portugués, substituír un imperialismo por outro, é iso o que está atrás do teu comentario??
Dis que "Comprar no "tendeiro" por manter a língua na sua "enxebreza" é jogar, mais uma vez, a perder". Non tal. Comprar no tendeiro é xogar a gañar na lingua e na dignidade, na resistencia ao capitalismo e no único camiño cara á verdadeira independencia. Imos ficar contentos de sermos "aparvados polo sistema" só porque o faga en pulcrísimo galego reintegrado??
Dis que "Haverá de esse "tendeiro" procurar ser competitivo", non haberemos nós procurar mellor baixar do carro consumista e decatarnos de que a longo prazo perdemos coas grandes superficies??
Não sei que voçè opinar...

lavesedo #54 26/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

aí lle deches maraghota...

OBSERVADOR #55 26/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexo acha que sem ele este foro não seria igual?? Sem dúvida. Mas de momento alguns nos conformariamos com que pensasse mais o que diz e as outras mudanças já irão vindo.

Lavesedo, o que te diz AGIL é que há que exigir a todos, sejam tendeiros ou grandes superfícies, o mesmo. Eu ficaria com essa breve mensagem.

AGIL #56 26/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Diz de si o_castreXo: «O_Castrexo é xa un clásico destes foros. Sen min isto xa non sería igual.»
COM.- Clássico, clássico, ... Bô!, parece-me excessivo. Ainda és muito novo, mas simpático sim és e um pouco... como diria eu? ... divertido, sim divertido. "Fas"-me divertir muito com as tuas patinagens de neurônios... Começas um glorioso e perfeito argumento e no "millor" dele reviras a mente para outro lado. Esse estranho movimento de mente causam-me muita hilariaridade! É muito divertido, rapaz! Continua, continua: Vieiros ganha em mensagens e os leitores com vagar, em gargalhadas. E, já sabes, o riso é saúde.
Parabéns, "macho"!

AGIL #57 26/Outubro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lavesedo vou tentar explicar a minha mensagem (#46)
1.- Tu dizias (sim, sei que é um texto tirado de contexto, mas parece que não tanto que renunciasses a ele): «... só mercades en grandes superficies. Viva o compromiso co pobo e os tendeiros galegos!!!»
2.- E eu respondia, antes de mais, comparando o comércio de produtos com o intercâmbio (quase comercial) que é a comunicação humana por meios linguísticos: «Todo um sintoma do que acontece na Galiza: "tendeiros" vs. "grandes superfícies". Como no conflito linguístico...»
3.- E, sim, com retranca (portanto, com algum excesso) continuava: «Compremos nos "tendeiros", que nos falam em "enxebre"... E cada vez mais reduzidos num recanto.»
Porque não me negarás que, por muito boa vontade de "estar com o Povo" (supondo que os "tendeiros" façam parte do Povo...), estes, se não se "reciclarem", acabarão extinguidos... Está a acontecer. São as leis do mercado em que estamos imersos, contra as quais a boa vontade pouco pode fazer.
4.- Explicava-o a seguir: «Numa "economía libre de mercado", como é o reino de espaÑa, não devemos reivindicar que em toda a parte nos atendam em Galego? Tanto o "tendeiro" quanto o "grande-superficieiro"...»
Poderíamos (poderiéis!) iniciar uma revolução radical contra as leis do mercado, mas, entrementes, que se pode fazer relativamente à língua? E aí sim acho que os consumidores podemos exigir: "Vendam-nos, mas vendam-nos em Galego". E, como já está a acontecer nalguns âmbitos comerciais, sim vemdem em Galego, no "galego" esse que chamam "normativo" ou no Galego universal que dizem Português. Por aquilo da "economia" utilizarão a dupla ou a quádrupla rotulação, mas vão pouco e pouco vendendo em Galego.
Outra cousa é que o cliente galego seja quanto mais numeroso. Porque hoje, caro, quantos exigem ser atendidos em Galego? Daquela, a "culpa" não está só duma parte, mas também doutras.
5.- Explicava (era a minha intenção...) a seguir: «Igualmente, tanto um quanto o outro deveriam ter produtos rotulados em Galego... Comprar no "tendeiro" por manter a língua na sua "enxebreza" é jogar, mais uma vez, a perder: Haverá de esse "tendeiro" procurar ser competitivo das "grandes superfícies" e estas atenderem os clientes em Galego.»
O "tendeiro" pode ser engraçado e mesmo falar Galego com clientes hispanófonos, mas, se oferece produtos caros que podem ser comprados mais baratos onde quer, nem o cliente "galegófono" lhe comprará nada, irá ao mais barato ou menos caro.
Por isso, ele, como comerciante, terá de ser competitivo ou desaparecer. Mas os clientes "galegófonos", em qualquer hipótese, têm o direito de serem atendidos em Galego para adquirir produtos rotualdos em Galego.
É o que pretendia dizer e disse.

suso #58 26/Outubro/2007 suso
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ia eu comentar o comercial do GADIS, dizer que me parece divertido e positivo, que com efeito sem galego não se pode viver como galegos (seríamos uma espécie de asturianos algo mais retranqueiros)...quando vejo os cometários de Castrexo que leva a água ao rego da discussão ortográfica...olha, já me parecía raro que o artigo tivesse tantos cometários. Parece uma leui: todas as discusões de mais de 25 comntários são sobre modelo ortográfico ou sobre se somos ou não celtas...
Bom, Castrexo: o problema é que não vas convencer a nenhum reintegracionista de que escreve numa ortografia estrangeira, porque os reintegracionistas pensamos que essa ortografia inventamo-la nos, e pensamos que no Brasil se fala galego; e aliás, nos taopouco te vamos convencer a ti: nunca vi uma conversão ao reintegracionismo por motivos intelectuais. Vou-che contar o segredo de como se faz um reintegracionista. E vou-che fazer uma proposta, a ver se tens valor: parece-me que es universitário, por algum comentário. Bom, faz um "Erasmus" de 3 meses no Porto ou em Lisboa. Verás o que vai acontecer: ao chegares, vai-che costar um bocado comprender o que fala a gente. Uma semana depois, perceberás tudo. Duas semanas depois, estarás a falar galego com a gente de jeito normal, mas começarás a "meter" algum "lusismo" (carro em vez de coche, fatía em vez de "rodaxa", cartão de crédito em vez de "tarxeta de crédito"... Na semana terceira também começarás a escrever algum texto pequeno e simples "em português"; Dois meses após a tua chegada, estarás escrevendo "português" com total soltura e correção. Três meses depois, ao rematares o Erasmus, voltarás, saudoso, à Galiza....qué ganas de voltar a oir galego, de voltar a ler e escrever galego...! Mas oh, surpresa...daquela estarás convertido num maniático detectador de "castelhanismos" na fala e escrita da gente: por exemplo, "tarxeta de crédito" e "Por certo..." serão para ti castelhanismos como catedrais....e continuarás a usar o teu adquirido (por arte de maxia) "português" para intercambiar e-maisl com os novos amigos....Resumidamente, serás um "reintegracionista prático". E de ese ponto a sair do armário...

O_Castrexo #59 26/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os Erasmus son unha merda neste país. A onde pensan que imos con 1.000 euros? Con iso non dás nin a volta á esquina. Dan máis para mercar ordenadores...

E se vou de Erasmus, non penso ir ao Porto. Primeiro porque en Portugal non existe a Filoloxía Inglesa. Existe, segundo estou a mirar na páxina do Porto, isto:

http://sigarra.up...

Unha cousa moi rara.
Línguas e Literaturas Modernas - Variante de Estudos Franceses e Ingleses.

http://sigarra.up.pt/flup/curs...

Iso que vén sendo, saber de todo e non saber nada, non? Cacho filólogos, especialistas, van saír de aquí.

Se vou de Erasmus (que non teño cartos e ninguén mos dá!!!) marcho para Inglaterra que é o que teño que facer, non para o Porto XDDD Non por nada senón porque no Porto non falan inglés...

*Non vou aprender a usar "dativos e acusativos" escoitando aos portugueses porque en portugués non existe diferenza entre "te e che". Ademais, eu falo perfectamente e as miñas intervencións sempre foron impecables. O que pasa é que os reintegracionistas son identifican as miñas falas co portugués é por iso din que están mal... Pfff.

maraghota #60 26/Outubro/2007 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexo dixit "marcho para Inglaterra que é o que teño que facer, non para o Porto XDDD Non por nada senón porque no Porto non falan inglés..."

Deve ser que o inglês nom é uma língua imperialista :D

Castrexo dixit "Non vou aprender a usar "dativos e acusativos" escoitando aos portugueses porque en portugués non existe diferenza entre "te e che"."

Será porque "porque ninguén LLES obriga" :D

Castrexo dixit "Ademais, eu falo perfectamente e as miñas intervencións sempre foron impecables."

Que bom, além de ignorante, vaidoso.

Lidor #61 26/Outubro/2007 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Suso, merca lentes, non foi o Castrexo quen desviou o tema deste artigo.

lavesedo #62 26/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sigo sen estar dacordo con parte do que dis, AGIL. Eu non nego a necesidade de esixir ás grandes superficies respecto pola nosa lingua, tampouco nego a grande responsabilidade da sociedade, etc. Mais sigo sen estar convecido da apocalipse e o total pesimismo que se albisca atrás de cousas como:
"Porque não me negarás que, por muito boa vontade de "estar com o Povo" (supondo que os "tendeiros" façam parte do Povo...), estes, se não se "reciclarem", acabarão extinguidos... Está a acontecer."
COM. Si que che nego ese suposto futuro de grandes superficies a cuádrupla ou dupla rotulación e cidadáns-robot atrás do carriño a enchelo seguido de parvalladas. Ademais, non é vontade de estar co pobo, é SER parte do pobo. Eu, non sei ti, síntome así.
Tamén dis: "Si que "O "tendeiro" pode ser engraçado e mesmo falar Galego com clientes hispanófonos, mas, se oferece produtos caros que podem ser comprados mais baratos onde quer, nem o cliente "galegófono" lhe comprará nada, irá ao mais barato ou menos caro"
COM. Pois seméllame unha simplificación indigna dalguén que é quen de fiar tan fino noutros aspectos, por exemplo a omnipresente normativización. Xa non é que de aquí a pouco o esgotamento do petróleo esfarele esa ecuación Grande Superficie=Mellor Prezo, mais tamén unha nova conciencia que nace na xente pode inserir nos criterios de compra algún que vaia alén do aforro curtopracista. E un pode ser o de mercar onde che respecten a lingua, por exemplo. Eu se non me atenden nun establecemento en galego, tento non voltar, chamádeme maniático.
Por iso dixen aquilo do "compromiso co pobo e os tendeiros", non por outra razón.

saúde

lavesedo #63 26/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

castrexo dis que: "escoitando aos portugueses", coido que as normas RAG-ILG que ti defendes coma ninguén non falan de CD rexidos por "a", para alén de nomes propios. Non sei, mírao, que igual tes ti razón, como es o impecábel...

E eu digo carro e cartón de crédito, leo portugués e detecto castelanismo seguido,...MEU DEUS, suso!!, serei reintegracionista!!!!

xoca #64 26/Outubro/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño que dicer que na tendas de GADIS de Compostela respostanche moitos empregados en galego, que é a empresa a que non se preocupa pola normalización pois os carteis si que aparecen en español.
Por outra banda Xurxo, eston de acordo contigo e esperemos que fale GADIS agora. De todas formas Vigo e Coruña son cidades, ali falan ben, non como os aldeáns de compostela.

jujolor #65 26/Outubro/2007 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pareceme axitado o artigo, mais coma non insistamos no sentimento galego nesta e noutras empresas Galegas, non faremos nada, mais por outra vanda eu digo o que fago, cando eu me atopo con algun empregado de este super e lle falo en galego coma el no me responda no mesma lingua, digolle que non o entendo e que me fale en galego, xa que estou no meu pais e eiqui falase galego e eu coma di xoca si son de cidade mais non importe de donde sexas senon o sentimento que teñas.



SEMPRE EN GALIZA

guillerme #66 26/Outubro/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu considero que Gadis atopou o camiño a seguir, esperemos que continúa nesa liña e xa verá como os galegos tamén respondemos axudando a esta empresa.

laurinha #67 26/Outubro/2007 laurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Castrexo, para que saibas que nos paises catalaes tamém ha os que pensam como tu sobre a norma, eis uns blaveros e como se che asemelam

http://perso.wanadoo.es/valenc...

O_Castrexo #68 26/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lauriña, estiven a traballar en València este ano e sei cómo é a polémica e tamén estou de acordo en que o Pais Valencià conserve o seu estándar lexítimo propio (básico en lingüística: "lingua" non é igual a "norma") que recolla a súa riqueza lingüística.
Teñen todo o dereito do mundo a chamarlle á lingua co seu xentilicio, a manter o seu estándar autónomo e a rexeitar, ou non, a proposta da entidade política conxunta cos outros territorios cos que comparte fala.

Iso é democracia e iso será escollido polos propios valencianos. Asegúroche que son xente que se sinte moi orgullosa de seren o que son: valencianos e non outra cousa.

E mooooooooi boa xente :) Para o ano repito :P

E eu non desviei o tema. Estiven a falar dos supermercados e o pouco que se comprometen co galego pero sempre son vítima de certas acusacións e véxome obrigado a responder.

Para Lavesedo:

Eu non son o que anda a dar leccións de cómo se ha de falar galego... Os que non teñen outro tema de conversa son outros! non eu!

O_Castrexo #69 27/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que lle pasa aos cataláns é que son uns histéricos ademais de padecer un egocentrismo e unha vaidade de amplitude inimaxinable.

Cando o occitano estea normalizado en Francia (veremos...) o cazador convertirase en cazado senón ao tempo...

lavesedo #70 27/Outubro/2007 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mañá pido os pementos en valencià na tenda...vivamos como ilicitanos!!

Reboirassempre #71 27/Outubro/2007 Reboirassempre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lusistas:pequena burguesia corrupta,fillos do autoodio,traidores a clase obreira....

O_Castrexo #72 27/Outubro/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fantástica intervención do Reboirassempre. É un resumo moi directo e acertado.

Parabéns.

OBSERVADOR #73 27/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lavesedo, sinto dar-te a má notícia: és bastante reintegracionista, sim. É que a cousa contagia-se, como a gripe. E claro, neste tempo... ;-)

teixugo #74 27/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Resumo #71, 72:

-Pi