Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
MOBILIZACIÓN

Centos de persoas maniféstanse en Ferrol contra a sanción a un militar

A plataforma de apoio pediu que se lle retire o expediente ao cabo Gago, condenado por denunciar neglixencias no exército español.

Redacción / EP - 16:40 12/10/2008

Unhas 700 persoas segundo a Policía local e 2.500 segundo os organizadores pediron este domingo en Ferrol a retirada do expediente aberto ao cabo Jorge Miguel Gago, expedientado pola Armada Española por denunciar supostas neglixencias nun accidente no que morreron dous militares en 2005. Gago foi, ademais, sancionado a semana pasada con dous meses de prisión.

A Plataforma de Apoio ao cabo Gago, integrada por asociacións veciñais, sindicatos e o BNG e EU-IU, partiu ao mediodía do domingo nunha manifestación de protesta do porto de Curuxeiras, dende onde percorreron as rúas ferrolás pedindo a retirada da sanción para o militar. Segundo informou a Europa Press o voceiro da Plataforma de Apoio, Santiago Torrente, durante a protesta tivo lugar un "momento tenso" ao paso da comitiva pola Igrexa do Pilar, onde a Garda Civil celebraba o día da súa patroa.

"Cando pasamos por diante, tiveron que escoitar os nosos berros e os nosos apupos", explicou. O pasado mércores o cabo foi informado sobre o expediente aberto polo exército español por declarar nos medios de comunicación sobre as "neglixencias" dos seus superiores. Os familiares de Gago, que o venres se encadearon durante unha hora en Ferrol como medida de protesta censuran que o documento teña carácter "confidencial", co que Defensa "evítalles mesmo aos familiares coñecer as últimas novidades sobre a posíbel sanción".

O cabo enfróntase a unha sanción de dous meses de arresto en cárcere militar, que podería cumprir en Madrid ou en Rota (Cádiz), por realizar declaracións nos medios de comunicación sobre o sinistro nas que asegurou que os seus superiores actuaron de forma neglixente o día do accidente.

Estado de Gago
Santiago Torrente explicou ademais que Jorge Miguel Gago se atopa "en moi mal estado psicolóxico" tras coñecer a sanción imposta "tras moitos meses de loita". "Está encerrado na súa casa e non sae para nada, pero está informado de todo o que está a pasar", aclarou. Segundo cree Torrente, o traslado a prisión "podería ser inminente", polo que "é posible", dixo, que a Plataforma e a familia se vexan "obrigados" a realizar accións de protesta "de carácter urxente" para evitar o encarceramento do cabo Gago.


4,6/5 (10 votos)


Comentarios (4)

Autodeterminacao #1 13/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

GALIZA CEIBE
1 Galego nativo escrito na norma universal como único idioma oficial na Galiza.
2 Entrada como membro de pleno direito na lusofonia.
3 Recepção imediata em canal aberto das televisões portuguesas na Galiza.
Só com estas condições a Galiza terá progresso em galego e será respeitada no mundo.

GalizaPais #2 13/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Depois da Coroa tanto ter privado os galegos das suas origens e idioma quase nada se perdeu. Foram três séculos de proibição do galego na Galiza. O galego foi a segunda literatura medieval mais importante quando o castelhano/espanhol nem de dialecto era classificado.

Quem duvida que o galego é ainda um idioma internacional?
Depois de proibido na Galiza durante três séculos quase nada perdeu da sua originalidade:
http://br.youtube...
O nosso idioma está vivo na Galiza e recomenda-se.....é preciso ser muito espanholista para não reconhecer que o português e o galego são o mesmo idioma tanto no século IX como no século XXI. Contra o castrapo da RAG e pela recuperação total da língua nativa da Galiza. São mais de 250 milhões de pessoas em todos os Continentes que falam nosso idioma nativo.

afonsoriscos #3 13/Outubro/2008 afonsoriscos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

deixade de contaminar tódolos foros dunha puta vez!!!
falade da situación do galego nos sitios apropiados e non fodades os que queremos enterarnos doutras cousas.
eu tamén teño moitas cousas importantes que dicir, máis as comento nos foros axeitados.
de tódolos xeitos viva a lingua galega e viva galiza.

RiaGalega #4 19/Outubro/2008 RiaGalega
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pedido dos nacionalistas a todos os galegos que transmitissem esta mensagem no fim de um comentário.

GALIZA CEIBE
1 Galego nativo escrito na norma universal como único idioma oficial na Galiza.
2 Entrada como membro de pleno direito na lusofonia.
3 Recepção imediata em canal aberto das televisões portuguesas na Galiza.
Só com estas condições a Galiza terá progresso em galego e será respeitada no mundo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete