Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PASAMENTO

A cultura galega perde a Ramiro Fonte

O poeta eumés levaba unhas semanas ingresado nun hospital de Barcelona, onde faleceu a medianoite do sábado.

Redacción - 11:10 11/10/2008

O escritor e membro correspondente da Real Academia Galega Ramiro Fonte faleceu a medianoite do sábado en Barcelona, no hospital de Bellvitge, onde se atopaba ingresado dende o 23 de setembro. Fonte, nado en Pontedeume en 1957, era director do Instituto Cervantes de Lisboa e un dos poetas máis importantes das dúas últimas décadas no país.

Ramiro Fonte foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo en 1977 e publicou unha ducia de volumes de poesía, cos que obtivo numerosos premios, entre eles o da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica española, o Esquío, ou o Miguel González Garcés. Tamén é autor de oito novelas, a máis recente A ponte nos ollos (2007), conclusión da triloxía Vidas de infancia.

O pasado mes de xullo recibiu o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra, no decurso dunha homenaxe que se lle rendeu na cidade de Ferrol, á que estivo vencellado a pesar de ter nado na veciña Mugardos.

Reaccións
Na súa vertente de membro correspondente da RAG, o académico Xosé Luís Axeitos salientou a importancia de Fonte no eido da lírica: "Foi fundamentalmente un gran poeta. Dáse o paradoxo de que máis xente o coñece polas súas memorias, pero por riba de todo foi un poeta". Ademais, explicou que "se formou entre a tradición e as lecturas máis vangardistas. Rosaliano confeso e lector de literatura do século XIX", aínda que tamén entregado ás letras do século XX, con influencias como a de Manuel Antonio. "El quiso sempre ser poeta", afirmou Axeitos.

O director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, lembra este sábado no seu blog Brétemas o papel fundamental de Ramiro Fonte na poesía galega: "A noticia prodúcenos enorme desolación. Abandonounos un amigo de lealtade inquebrantable e un dos grandes, grandes, escritores galegos universais de todos os tempos. A cerimonia do seu pasamento celebrarase en Pontedeume. Con todos os nosos abrazos para Elsa".

A tenente de alcalde do Concello de Ferrol e concelleira de Cultura, Iolanda Díaz, afirmou que fora unha grande perda para a cidade e para todo o país, pois "conseguiu trascender a ser case universal". Salientou que Ramiro Fonte "soubo renovar magnificamente a literatura e a poética no noso país", e que as súas achegas creativas foron "fundamentais nun momento dificil".

Díaz tamén lembrou que, ademais da homenaxe que se lle rendera no mes de xullo, estaba previsto recoñecelo como fillo adoptivo de Ferrol con outro acto. De feito, xa se musicou un dos poemas que leu na entrega do premio Porto Magno e tamén se elaborou un traballo de publicación dos seus poemas. Porén, non puido ser: "Tiñamos moi pouco tempo porque sabiamos da súa enfermidade".


Ligazóns

4,68/5 (19 votos)

Comentarios (15)

-Xavier #1 11/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Que estranha linguagem a da própria vida, que nos oferece às vezes a miragem da morte.

Descanse em paz Ramiro Fonte.

micsha #2 11/Outubro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Un maestro, un extraordinario poeta. Un escritor auténtico. Mi pena, mi pesar.

lugris #3 11/Outubro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Un bó conversador, un grande poeta, un bó amigo dos seus amigos. Esta mañá a noticia dábaa a Radio Galega. No mellor da súa vida literaria e creativa. Únome a todas as persoas que o querían na súa pena.

AGIL #4 11/Outubro/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Se nos conhecemos "in praesentia", não lembro que conversássemos demoradamente. Acho que a Cultura Galega e, em particular, a Literatura perde um bom poeta. Lamento a sua morte prematura.

Atlantico #5 12/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Sodes pateticos reventado os fios, e máis ainda nunha necroloxica.

Anti_Lusista #6 12/Outubro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Deixade de falar de ILG ou AGAL carallo!!!!!!!!!!!!!!!!!! Tanta parvada, falade do poeta e escritor, o que facedes é unha parvada, hai outros fíos para falar de lusismo ou isolacionsimo, manda truco!!!

Respeto ante todo!

AGIL #7 12/Outubro/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em (#11) diz Atlantico: «Sodes pateticos reventado os fios, e máis ainda nunha necroloxica.»
COM.- TENS TODA A RAZÃO. Mas, já sabes, espaÑa e os seus naZionalistóides súbditos são assim: Apenas, só, exclusivamente sabem ("sabem") destruir, quebrar sentimentos, impor-se para acabar no nada. Continuemos com a necrológica. Lamento e muito não poder comentar com autoridade a obra de Ramiro Fonte. Aliás, apenas achei na rede este sítio (em castelhano) dele ou sobre ele:
http://amediavoz.com/fonte.htm . Se algum conhece outros em Galego, faça o favor de o colocar aqui.

Hispanico #8 12/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

GalizaPais e Autodeterminacao "of the many names", frequentadores do integrismo reintegracionista:

Parande já com as vossas verborreas ridículas, que além de nom serem lidas por ninguem, pola sua inoportunidade (eu ainda nom lim nada delas) estám a danar gravemente o reintegracionismo. Sondes moi maçadores. Já valeu ho!

Cuevillas #9 12/Outubro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

"...E así xulgo a inmensidade,
A obra dos mariñeiros,
As somerxidas cidades,
Os celestes estaleiros.

Peto na porta do faro
Neste solsticio de inverno;
Só un friorento paxaro
Parece exercer goberno..."

Grande escritor que tamén era boísimo en língua castelán. Tódolos escritores galegos son moi bos escribindo en castelán porque teñen máis coñecimento do latín e das verbas galego-portuguesas; séculos máis antergas có castelán. Todo esto descarta a teoría "bilingüista" ou "monolingüista española" da suposta "falta de comunicación", "problemas de escritura" ou mesmo "de competitividade" que supón estudar en galego neste "mundo moderno". Grandes mentiras de xente que é craramente inferior e mentalmente máis analfabeta.
Ramiro Fonte é un grande exemplo de escribir moi ben, de ter boa prosa en dúas línguas, e de levar o "Instituto Cervantes" en Lisboa cando tamén daba a coñecer o galego en cidades coma Barcelona.
Obrigado por espallar coa túa pravoa na túa vida a grande língua europea da historia: o Galego.

bertus #10 12/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Fícame pendente a obra de Ramiro Fonte.
P.D: Hispanico, engade "espanol634" a "of the many names".

Lidor #11 12/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Grande poeta, grande perda para Galiza. Sinceramente, o meu pesar.

Erasmo #12 13/Outubro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ogallá o vento te leve ó infinito... vémonos calquera día destes...!

pucelano #13 13/Outubro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

xente coma ramiro merecía un monumento en Galicia. Espectacular. Ata sempre

Anti-Colonialista #14 14/Outubro/2008 Anti-Colonialista
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Portugal e Galiza têm uma origem comum. A sul do rio Douro os portugueses/galegos com a reconquista cristã das terras aos mouros extenderam-se até ao sul com esta cultura milenária comum.

CULTURA COMUM GALEGO-PORTUGUESA
http://br.youtube...

mansdodemo #15 14/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ao pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando imaxino que és ida
no mesmo sol que te me amostras,
e eres a estrela que brila,
e eres o vento que zoa.

Si cantan,es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
e es o marmurio do rio
e es a noite e es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min e en min moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

ROSALÍA DE CASTRO



si choran,es ti que choras;
e es o marmurio do río
e es a noite e es a aurora.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete