O G7 anuncia accións para frear a crise financeira mundial e evitar a caída do sistema, mais non especifica cales.
As bolsas europeas pecharon a semana cos niveis máis baixos da súa historia, a pesar das medidas adoptadas contra a crise polos principais bancos centrais e gobernos do mundo occidental. De todas elas, liderou as baixadas o mercado de Madrid, que sufriu a baixada récord do 9,14%, que deixou o Ibex 35 en niveis de 2005, por debaixo dos 9 mil puntos.
O resto das bolsas europeas afudíronse entre un 8 e un 7 por cento por mor do pánico, sen que os bancos centrais puidesen neutralizar a súa ansiedade con inxeccións de liquidez e coas baixadas dos tipos de xuro. Londres caeu arredor do 8%, París un 7,7, Fráncfort un 7 e Milán un 6,5%, mentres Nova York caía un 4%.
A situación de pánico bursátil provocou un chamamento á calma do presidente estadounidense, George Bush, que asegurou que se tomaron medidas para estabilizar o sistema financeiro. Os xefes de finanzas do G7 prometeron tamén tomar medidas "decisivas" e traballar xuntos para frear a escalada da crise financeira global agoirada polo FMI.
O grupo dos sete países máis industrializados indicou que a situación require dunha "acción urxente e excepcional" e prometeu dar os pasos necesarios para desconxelar os mercados monetarios, aínda que non deu detalles sobre a súa natureza. O G7 tamén anunciou que se usarán todos os medios dispoñíbeis para previr que institucións importantes do sistema caian, e asegurar que os bancos poidan conseguir capital de fontes públicas ou privadas.
Xa non hai máis ilusións que vender.
Se lles acaba o choio...
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Chegou de novo a época das vacas fracas, pero non hai por que asustarse. O mundo económico funciona por ciclos máis ou menos longos de avance e de recesión. Agora toca un de baixada, pero dentro de dous ou tres anos (2011-2012) comenzará outra época de subida.
Pois semella excesivo o outimismo, desde logo.
Contradiciríase o que penso que sosteñen críticos como Walden Bello, Freytas, MartinSeco, Katz, Petras, etc.
Mais ben semella ser unha longa, moi longa, crise apenas insinuada ainda (Freytas), que provén do antecedente nos 1980 do desregulamento do capital financieiro (consenso de Washington) que territorializou expansivamente polo mundo adiante diversos centros decisorios a nivel financieiro (Martinseco), e facendo apenas un xogo de nenos a brincar o asunto das subprime (unha anécdota), que non sería máis que o derradeiro episodio de un proceso de concentración do capital, por tanto en menos mans aínda, que tanto aproveita crise como expansión para cumprir inexoravelmente ca sua lei (Marx).
Isto e a lei da selva, onde os ricos comem aos pobres. Medidas...
pois a que todos sabemos, seguiremos a subencionar as poderosas multinacionais com cartos publicos, abaratamento das prestaçons sociais, recortes presupostarios...
O mal so tem um nome. Capitalismo