Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O Trasno

Dereitinglish

Que un profesor da universidade de Santiago decida impartir parte do seu temario de dereito civil en inglés causa certa inquedanza no alumnado. E, polo que se ve, no máis reivindicativo e galeguista.

Daniel López Muñoz - 20:43 10/10/2008
Tags:

 
O que podería parecer unha tolería poida que non o sexa tanto. A universidade ten que abrir a mente e ser espello da diversidade, tamén lingüística. Estamos, ademais, en plena febre de intercambios internacionais de estudantes e o inglés é o latín de hoxe. Sen esquecermos que, a falar, apréndese falando. 

 

Aínda máis: a introdución do inglés como lingua vehicular opcional en certas materias produciría un efecto interesante sobre os monolingües recalcitrantes do castelán (que en dereito disque, segredo a voces, son a maioría do profesorado e a maioría do alumnado: verbigracia, o dereito autonómico impártese con total frescura en castelán). En efecto, postos a empregar o argumento da “universalidade” para desprezar o galego e aferrarse ao castelán como lingua-única-de-prestixio, pois, iso, velaí tes universalidade da boa!, por elevación, “in your face!” 


Digamos logo que, de seu, a medida debería ser benvida polos que estamos a prol de que, na universidade, o galego tome espazos de prestixio, se consolide con naturalidade, en pé de igualdade con calquera e, de paso, -esta é unha pequena maldade- que os monolingües casteláns de Galicia Bilingüe e demais andrómenas mentireiras saiban a que sabe a súa menciña. Para equilibrar o cotarro, vamos, e para aproveitar a fondo, dunha vez, esa oportunidade estratéxica única que temos neste recuncho galego da aldea global: ser destros en galego, que nos une ás raíces para seguirmos sendo o que somos, e nos abre ao portugués e a toda a lusofonía; movernos sen problema en castelán que forma parte das nosas vidas e das de cincocentos millóns máis de homes e mulleres; e agora, vaia, do inglés, que é esa cousa na que esbardallamos para entendernos cun paquistaní, unha sudafricana e, con toda probabilidade, un finlandés. 

 


Desde aquí, logo, noraboa a iniciativa. Que espero que vaia acompañada polo sentidiño. E, sobre todo, que non vaia envolveita na mensaxe de que o uso do inglés é válido, o do castelán admisible, pero o do galego repudiable. Porque iso si, neste país, nesta hora,  sería un comportamento antixurídico. A que si, señor profesor?


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete