Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A maior empresa do sector nos EUA

Directivos dunha aseguradora "rescatada" por Bush celébrano cunha festa de 325 mil euros

En só tres meses perderan case catro mil millóns de euros, burato que tapou o goberno estadounidense. Un congresista demócrata denuncia agora os detalles da festa coa que o celebraron.

Redacción - 18:45 10/10/2008

Algo máis de 63 mil millóns de euros lles custou aos contribuíntes estadounidenses a decisión da Reserva Federal dos Estados Unidos de incluír no seu plan de rescate a aseguradora AIG, que ameazaba crebar.

A polémica xurdiu agora no comité de control e reforma gubernamental da Cámara de Representantes, onde o demócrata Henry Waxman achegou probas, fotografías e facturas, da festa coa que os executivos da empresa celebraron o rescate estatal. Os directivos de AIG non repararon en gastos e deixáronse arredor de 325 mil euros cunha semaniña de relaxamento nun hotel californiano con balneario e restaurante de luxo incluído que pasa por ser un dos máis caros daquel país. "Desde a manicura até masaxes, mentres os cidadáns corrían cos gastos", laiábase outro lexislador demócrata. A aseguradora tiña preparadas novas escapadas que foron canceladas fronte á polémica.


5/5 (3 votos)


Comentarios (4)

DanielErreCe #1 10/Outubro/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Como é posible que aínda anden ceibos? Vivir para ver...

redaccion #2 11/Outubro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

lunet #3 11/Outubro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E logo empregan a pena de morte cos pobres¡¡¡¡

Barcelos #4 11/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estes son os que deberían ir a Guantánamo por insultar gravemente ás persoas honradas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete