Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA MUNDIAL CONTRA A PENA CAPITAL

Entre 18 mil e 27 mil presos están a espera da súa execución

Amnistía Internacional reclama a todos os países unha resolución ante a ONU que impulse definitivamente unha moratoria universal da pena de morte.

Redacción - 11:15 10/10/2008

Durante o ano 2007 executáronse unhas 1.252 persoas en 24 países diferentes. Estes son, ao menos, os datos dos que ten constancia Amnistía Internacional (AI), quen exixe unha actitude máis activa por parte de todos os países no Día Mundial Contra a Pena de Morte. Na actualidade e segundo os seus datos, hoxe a pena capital é unha ameaza para un número entre 18.311 e 27.562 persoas, as que están presas en corredores da morte de todo o mundo. AI pide a todos os estados que promovan unha resolución conxunta ante a Organización das Nacións Unidas (ONU) para impulsar unha moratoria universal. Esta medida reforzaría a actual (Resolución 62/149) que sobre este tema xa aprobara este organismo en decembro de 2007.

Notábeis avances
Até o de agora 92 países xa eliminaron a pena capital das súas lexislacións para todos os delitos, outros 10, para os comúns e outros 35 estados son "abolicionistas na práctica" ao non teren levado a cabo execucións na última década. Isto dá unha cifra de 137 países que xa dixeron non á pena de morte. Os casos máis recentes que xa aboliron a lei son Uzbekistán e Arxentina.

Porén, outros 60 estados seguen sendo retencionistas e en 24 destes últimos realizáronse até 1.252 execucións en 2007. O 88% do total tivo lugar en Arabia Saudí, China, Irán, Estados Unidos e Pakistán.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 10/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Todo o mundo tranqui, que temos a ZP (alias zorro pratexado) -o chefe político dos socios do nacionalismo institucional- campeón das loitas internacionais contra a pena de morte, mesmo na mismísima ONU (!!)-.

Para qué se ha preocupar delo a AI?. Ele ten a solución: alongamento interminable das condeas ou prisión perpétua! Mais agora ainda pode volver a reivindicar (cando non teña nada serio que dicir, como agora) a salvación das vidas dos presos para así poder cumprir a perpétua!. Iso é!!

Galizoo #2 10/Outubro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Abolición da pena de morte xa.

Inxel #3 10/Outubro/2008 Inxel
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

De dazaoito a vinte e sete mil seres humanos que outros seres humanos, sen remorso e no nome de leis tamén "humanas", enviarán aos abismos do Nada. Os xurados, os xuíces, os tribunais, en definitiva, os lexisladores, baixo o abeiro de gobernos mesmo cristiáns, manexan os veredictos da maneira máis insensíbel e aséptica, borrando das súas mentes o instante da execución e o que a morte significa. A responsabilidade do asasinato legal compartíllase solidariamente co resto da sociedade e "tutti contenti". Porén, compartir o asasinato é estar de acordo con el, é ser asasino.
Abaixo a pena de morte! Recuperación dos convictos mediante o rexurdir da súa propia conciencia!

Gaviotero #4 12/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Una verdadera pena que haya tanta gente a la espera de su ejecución...¡coño, que los ejecuten YA de una vez!

teixugo #5 12/Outubro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

BRAvo!!!!!
populacho...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A cadeira eléctrica foi a máquina máis utilizada para aplicar a pena de morte (dende febreiro deste ano deixou de utilizarse nos Estados Unidos)
A cadeira eléctrica foi a máquina máis utilizada para aplicar a pena de morte (dende febreiro deste ano deixou de utilizarse nos Estados Unidos)



Locais:
GZ-Sete