Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carreira presidencial nos EUA

McCain propón retirar un billón de dólares da sanidade benéfica en dez anos

Os principais medios estadounidenses coinciden en que o candidato republicano, logo do debate deste martes, se afasta da Casa Branca.

Redacción - 12:50 08/10/2008
McCain e Obaba, este martes

McCain e Obaba, este martes

John McCain, candidato do Partido Republicano á Casa Branca, pretende recortar nun billón de dólares (perto de 750 mil millóns de euros) o orzamento destinado aos programas Medicare e Medicaid, isto é a asistencia sanitaria gratuíta para as persoas con recursos económicos moi limitados que existe en EUA. A Administración Bush xa lle puxo trabas a este fondo económico con anterioridade.

Segundo publica o xornal económico Wall Street Journal baseándose en información achegada polo equipo do candidato, a revisión orzamentaria á baixa que levaría a cabo McCain de chegar á Presidencia estadounidense ten que ver coa súa proposta electoral de "déficit cero" en sanidade.

Por outra banda, o republicano e mais o aspirante do Partido Demócrata a presidir o país, Barack Obama, mantiveron este martes (madrugada da cuarta feira, en Galiza) un segundo debate para contrastar propostas diante da opinión pública. Os principais medios estadounidenses -mesmo algún dos máis conservadores- coincidiron en sinalar que Obama sae máis reforzado da confrontación dialéctica, e que McCain se afasta un pouco máis da Casa Branca.

Crise económica e Iraq
O debate comezou enfocado directamente nos problemas económicos, onde o demócrata mostrou maior iniciativa e máis proximidade á realidade. En troques, o republicano mantivo unha actitude á defensiva e acusou as compañías hipotecarias da actual situación de crise.

Ao respecto da política exterior, Obama sinalou que "non entendo como acabamos invadindo Iraq, un país que non tiña nada que ver co 11-S", e prometeu unha saída tan rápida do país como o permitan as circunstancias, en ano e medio. Pola súa banda, McCain opinou que un líder debe saber "cando ir á guerra e cando non", e esa decisión só se pode tomar "co coñecemento e a experiencia".


5/5 (2 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 8/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Erre que erre como si entenderan de qué falan: os políticos ad hoc son como papagaios pautados, non poden nin son quén de rectificar, malia que os pelen coma pitos.

Estes "republicáns" made in EEUU, son máis papistas que un papa romano, e achégannos a lembranza do gran discurso franquista por antonomasia: ....Estábamos al bode del abismo y, afortunadamente, hemos dado un paso al frente"!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete