Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Sentenza recorríbel

O xulgado que extraviou o expediente do caso 'La Coruña' falla a favor do ex alcalde Paco Vázquez

"Non fica demostrado" que o rexedor incorrese nun delito de "desobediencia" ou de "prevaricación".

Redacción / Europa Press - 20:10 06/10/2008

O xulgado número 5 da Coruña considera que "non fica demostrado" que o ex alcalde da cidade e embaixador español no Vaticano, Francisco Vázquez (PSdeG), incorrese en delito de desobediencia ou prevaricación ao usar 'La Coruña' en lugar do topónimo oficial 'A Coruña'.

Deste modo, o ministerio xudicial fallou en contra da demanda que denunciaba que Vázquez incumpría as sentenzas "que obrigaban" a usar o único topónimo oficial da localidade en detrimento de 'La Coruña', segundo a sentenza dada a coñecer este luns polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC).

O fallo xudicial considera que a decisión tomada no pleno municipal pola que se aprobou a oficialidade de 'A Coruña' "non vulnera a lexislación" en materia de toponimia e tampouco as resolucións da Fiscalía.

Deste modo, a sentenza apunta que "o que se aproba non é que a cidade adopte, a partir deste momento, o topónimo 'La Coruña', senón que se aproba o seu uso conxunto -en galego, 'A Coruña', e en castelán 'La Coruña'- engadindo no seu apartado terceiro que "calquera persoa ou institución ou administración poderán usalo conxunta ou indistintamente".

Contradición

Na mesma sentenza, o xuíz apunta que a Lei 3/83 do 15 de xuño de Normalización Lingüística estabelece que "os topónimos oficiais de Galiza terán como única forma oficial a galega". Para o MpDC resulta "canto menos, curioso" recoller ambas as dúas afirmacións.

Ademais, o maxistrado considera que ao empregar o topónimo en castelán en vez do oficial en galego non se deduce "clara intención de non cumprir a orde da Autoridade superior".

Extravío do expediente

O MpDC anunciou que recorrerá o fallo xudicial a través dun contencioso-administrativo "onde se pode solicitar ademais a suspensión preventiva do acordo adoptado".

Ademais, lamentou que a resolución chegue "poucos días despois" de que se iniciase a reconstrución do expediente completo da denuncia, xa que este se "extraviara" por parte da sala.

Reproban tamén que "leve máis dun ano e medio agardando" o fallo, e reprochou que "tivo coñecemento da perda dos arquivos a través dunha queixa ante o Valedor do Pobo".


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (16)

sozinho #1 6/Outubro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Bendita casualidade! Liberdade para os xulgados, con esta profesionalidade, que deixen de xulgar! Todos ceibes de imposicións consumistas, sen a tentación do salario! Con L de Liberdade e con A de Ascetismo. Cuan grandes son os nosos gobernantes!

Barcelos #2 7/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Certo. Non o fixo por desobediencia, fíxoo porque él é o mandamáis. Os desobedientes son os demáis, incluido Losada.

Pero que pouco sería é esta xente. Extravían o expediente, pero non extravían a L

E ainda fallan a favor, manda chover na Habana! E quén falla en contra deles?

Os xuices deberían estar no cárcere a maioria deles, porque Paco Vázquez xa está no Vaticano.

Hermerico #3 7/Outubro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

é o julgado quem prevarica

tinho #4 7/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

e por que sera que nom me sorprende!!
sera que o ``vazquismo´´tem a longa mam da xustiza??

mansdodemo #5 7/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

A lei é clarísima.A lei 3/83 do 15 de Xuño de Normalización Lingüística,estabelece que "os topónimos oficiais de Galiza,terán como única forma oficial a galega".
¿Porqué na maioría dos canais de televisión,pronuncian e len "La Coruña?.
¿Que pasa neste país,e a estas alturas,no cumprimento da Lei de Normalización Lingüística?.
¿Porqué se extravian os papeis da denuncia?.........

Gaviotero #6 7/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xoselado #7 7/Outubro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A xustiza neste país é a que é e contra o nacionalismo-salvo o español- todo vale.
P.D: Non hai quen entenda a redacción desta nova: xulgado nº 5: do penal, instrucción? o Ministerio Fiscal fallou en contra da demanda: non será o xuiz? recorrer cun contencioso adtvio?Fai falla en Vieiros alguén cuns mínimos coñecementos xurídicos.Saúdos.

felipin #8 7/Outubro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A sentenza semella feita a medida. A xustiza segue sendo un dos lugares onde o uso do galego é unha situación excepcional tolerada con disgusto.
E o dos topónimos ... en fin. Ide ver como as gastan na wikipedia.es: Sangenjo, Rianjo, Puentedaquí e Las e Los por todos lados, e con robotiños automáticos para corrixir os que o corrixan (xa sei que existe a galipedia pero é que non entendo esa necesidade de apropiarse de todo canto lugar onde o castelán pon o pé cambiándolle o que lles parece). Polo visto houbo unha votación onde esa posición gañou 21 contra 19. Ole!

felipin #9 7/Outubro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

¿O meu comentario xa nace con +1? Eu non me votei ¿?

molondron #10 8/Outubro/2008 molondron
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Cando aprenderemos que os topónimos galegos non teñen unha "versión en castellano"? Iso é seguirlle o xogo aos bil-lingüístas harmónicos!. É A CORUÑA ou, simplesmente, CORUÑA.

rockandroll #11 9/Outubro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

hahahahaha....gaviotero, vai onde a zeñorita ehcarlata, bufom do caralho. O único nazi (e com z)ES TU!!! Só que és desses nazis, que afinal acabariam no forno crematório por nom ser mais que PUTOS NEGROS que querem ser brancos. Sabias aquela de que Roma nom paga a traidores?

FROUXEIRA #12 10/Outubro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Hai tantas cousas non demostradas e que se castigan con mala fe.Paco Vázquez é un delincuente das letras Galegas.

mceleiro #13 10/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#13 ...das letras galegas e outras muitas cousinhas, se a família da sua dona nos contasse.... Por algo se foi agochar baixo das saias do Papa com imunidade diplomática.

Que a Justiça é cobre os olhos com uma venda ninguém o duvida.

Cuevillas #14 10/Outubro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero ou Inestrillas ou como te chames: Galiza é un topónimo oficial xunto con Galicia, ámbalas dúas denominacións galegas, sendo a última a copiada polo castelán.
Eu non estou en desacordo en que os extranxeiros chamedes La Coruña a Cruña ou El Grove a Ogrobe. É lícito, pero non oficial claro. Tamén cómpre que nos chamemos A Vila a Ávila, Valedolide (o nome medieval xa que era parte de Galiza toda Castela) a Valladolid, Madride a Madrid, Çamora a Zamora, O Burgo a Burgos.
Moitos de estes nomes certos ou inventados pero válidos. Como noutro tempo foi válido "Niño de la Guía" ou "mesón del Viento".
O que pasa, Gaviotero é que os españois sodes os máis analfabetos que hai, e por riba maketos.

Vakaloura #15 12/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¡Papáe..papáe! E logo quen xulga aos xuices?
¡Hai meu meniño! Aos xuices xúlgaos o corporativismo.

Menan #16 21/Outubro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cuevillas, iso de "Niño de la guía" ¿era do topónimo Niño da águia?, ¿non si?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete