Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROBOUNO O PLENO DO CONCELLO

A Coruña quedará libre de símbolos franquistas, malia o voto en contra do PPdeG

Henrique Tello, do BNG, acusou os populares de "estar do lado dos verdugos".

Redacción - 18:50 06/10/2008

O pleno municipal da Coruña aprobou este luns, cos votos favorábeis de PSdeG e BNG e o voto en contra do PPdeG, a proposta do alcalde da cidade de elaborar un ditame para a aplicación da Lei sobre a eliminación de símbolos da Guerra Civil e a ditadura franquista. Os tres grupos municipais poderán presentar as súas propostas sobre os expertos que deben conformar esta comisión, que finalmente elixirá o alcalde, Xavier Losada.

Carlos González-Garcés, concelleiro de Educación, desexou "consenso" e que a elección dos asesores se realizase "sen condicionamento previo para dar dereito aos cidadáns, e que os símbolos sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento". Pola súa banda, o voceiro dos nacionalistas da Coruña, Henrique Tello, afirmou que a aprobación "non é só un paso administrativo", senón o inicio dun procedemento "para situar a historia e os seus protagonistas" e "restaurar a memoria e a dignidade". "Non é boa, nin mala, senón xusta", sentenciou. Tello considerou "ferinte" que sexan homenaxeados con estatuas e rúas "os que levaron a cabo un exterminio contra os débiles".

Pola contra, o Partido Popular votou en contra, aproveitando que foran rexeitadas dúas emendas súas. Os populares pedían a supresión dun parágrafo no que Javier Losada estende a Ditadura dende 1936 até 1977, e solicitaban igualmente que o alcalde non tivese a potestade de nomear os asesores que guiarán o proceso. En consecuencia, Tello acusou os populares de "estar do lado dos verdugos".

Estatuas, escudos e ducias de rúas
En varias cidades galegas a simboloxía franquista foi desaparecendo de xeito paseniño nos últimos anos. En Ferrol, por exemplo, só resta por eliminar a Cruz dos Caídos situada na praza de Amboaxe, e en Vigo o Concello chegou a un acordo co Bispado de Tui-Vigo para retirar das fachadas dos edificios relixiosos os elementos visuais relacionados coa ditadura. Porén, até o de agora non se pode dicir o mesmo da Coruña: a estatua de Millán Astray aínda é o centro dunha praza a escasos metros da praza de María Pita, unha das vías de entrada na cidade continúa sendo o 'Viaduto do Generalísimo', e José Antonio ou Calvo Sotelo continúan dando nome a colexios, cantóns e rúas.

O texto aprobado este luns na Coruña é o primeiro paso para que do rueiro da cidade desparezan nomes como Rúa División Azul, Avenida Alférez Provisional, Rúa Comandante Barja, Praza de Enrique Cánovas Lacruz ou Praza de José Toubes Peto.

Garzón xa ten os 4.396 nomes galegos
As asociacións para a recuperación da Memoria Histórica presentaron este luns, perante o xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, un listado único de 133.708 vítimas, 4.396 de Galicia, da Guerra Civil e a posterior represión franquista da que se eliminaron as identidades duplicadas que estes colectivos entregaron en setembro. O avogado das asociacións, Fernando Magán, amosouse convencido de que a petición dos querelantes, 22 asociacións e dez particulares, é "xuridicamente sostíbel en liña cos precedentes da Audiencia Nacional". "Moi logo teremos o auto que esperamos", augurou.

Na documentación que a Consellaría de Cultura lle remitiu a Baltasar Garzón, os 4.396 nomes de vítimas do franquismo están completos, e aparecen a carón dos lugares onde se atopan soterrados os seus posuidores, coa descrición das causas das súas mortes, descritas, entre 1936 e 1939, polos seus asasinos. Ademais do censo, o xuíz Garzón recibiu un mapa que recolle 305 "lugares de represión", que foron escenario de fusilamentos e paseos ou soterramentos. Tamén hai cárceres e predios nos que se practicou a tortura e 26 foxas e 11 puntos da costa nos que se deitaban os cadáveres.


5/5 (8 votos)


Comentarios (18)

pardodecela #1 6/Outubro/2008 pardodecela
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Logo ofendense cando lles din que son franquistas.

subela #2 6/Outubro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Valente alcalde!! máis de 20 anos no goberno e acórdalle agora isto. Está moi ben que se faga ninguén o dubida pero mérito do alcalde CERO, que lle plantase cara ao embaixador cando estaba, aí pensaba o PSOE igual que o PP, valentes trapalleiros!!!

Autodeterminacao #3 7/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Temos de começar por limpar os séculos escuros de nosso idioma.
Os isolatas dizem que o galego teve um desenvolvimento separado do Galego/português durante os séculos escuros de fins de XVI a fins de XVIII.
Mas pode-se chamar desenvolvimento a:
- Um idioma proibido na Galiza nesse periodo?
- Idioma que deixou de ser escrito?
- Idioma falado só em casa e no mundo rural?
-Idioma que se transmitiu de pessoa a pessoa e de pais para filhos de OUVIDO com todas as deturpações daí resultantes?
- Os galegos obrigados a "hablar" castelhano em vez de falar o seu idioma nativo original da Galiza?.
O que a RAG está a fazer é tentar apagar a nossa cultura original e substituí-la pela castelhana através do dialecto artificial “portunhol”.
Com humor: http://br.youtube.com/watch?v=...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...

Barcelos #4 7/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Esa gaivota da foto encima do escudo hai que exterminala.

Gaias #5 7/Outubro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E logo queixanse os PPeiros de que os chamen franquistas!.

shiva #6 7/Outubro/2008 shiva
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Aos que falan dos séculos escuros e da represion do galego, que saiban que a diferenciación do galego e do portugués xa comezo bastante antes, no s.XV o galego e o portugues xa eran linguas diferentes, mentres que nesta última as vocais nasais se conservavan, en galego ían desaparecendo...
Non sei se todos os que falades aqui tivestes a curiosidade de contrastar a historia da lingua galega coa portuguesa.... soamente un achegamento ao mundo filolóxico amosariavos moitas cousas!

ecoe #7 7/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

non é posible que a nasalización faga unha diferencia de língua!!

tinho #8 7/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

nom ha de que sorprender-se, o estrano seria que votasem a favor, estes mesmos som os fies seguidores franquistas, transformados em neo-democratas ``de toda la vida´´ .
se defenderam o galego com o mesmo entusiasmo...

Lidor #9 7/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

autodeterminaçao, es un completo imbécil e un fascista, porque cando se ataca o fascismo ti cambias de tema. O mesmo lle digo a brasileirosouza, ide tocar o carallo a outro lugar, aquí non se falaba diso.

Maeloc-do-Rouco #10 8/Outubro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A liberdade de expressom implica sr Lidor que qualquer de nos temos direito a falar do que nos pete e cando o considere-mos acaido no entanto nom insultemos.... Nom ha moitos meios na GZ nos que se permita utilizar o galego em padrom portugues ou galego AGAL...por nom haver se nom ha nem moitos meios em galego OFICIAL-RAG, imagina o que lhe fica ao reintegracionismo, que ainda assim segue a medrar (malia a sua utilizacom ser dificel ao estar-mos a maioria educados na gramatica espanhola ou no seu decalco galego OFICIAL-RAG) e a convencer a moita gente da sua necesidade e da sua logica historica e contemporanea...De vagarinho e como diz o professor F. Venancio "com maior conhecemento mutuo e com respecto por tud@s"...
A conclussom que voce tira de que o sr Autodeterminacao ou o brasileirosouza apoiam ao fascismo apenas por dar a sua opiniom neste foro nom so e insultante para estas pessoas, e puro delirio, e sendo voce o que quere limitar a liberdade de expressom destes intervintes tal calificativo deveria auto-aplica-lo a voce proprio. Eles em nengum intre se refirem a voce nem moito menos lhe insultam...Boa Sorte e que sonhes com o reintegracionismo

tinho #11 8/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mirade onde estaba o gaviotero defendendo os seus ideais como so eles sabem faze-lo (cagam por nos e dim vivaspanhas)

Lidor #12 9/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver, mailó, que non te dou ensinado: considere-mos é unha burrada, algo normal en ti, pero para que vexas que me preocupo e non coma os teus amigos lusistas, que deixan que ornees e nin che pasan o prontuario. Consideremos é galego e tamén portugués, -mos nunca foi un pronome, faime caso, non cho digo para confundirte.

Lidor #13 9/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

e fóra os nomes fascistas das rúas!!!

GalizaPais #14 9/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mais cedo ou mais tarde Galiza será livre:

Na rúa pola defensa da lingua galega
http://www.youtube...
polo dereito de vivirmos en galego
http://www.youtube...
A língua galega nas escolas rurais da Galiza
http://br.youtube...
Manifestación pola Lingua
http://br.youtube...
Galiza non se vende
http://br.youtube...
Somos Luso-Reintegracionistas e estamos orgulhos@s!!!
http://br.youtube...
Reintegracionismo, a verdade
http://br.youtube...
Alexandre Banhos no Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa
http://br.youtube...
NH e Ñ
http://br.youtube...
Carlos Figueiras do MDL na TV Galicia
http://br.youtube...

Autodeterminacao #15 9/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

IndependenteGZ
Acertou em cheio:
"" Quem conhece que o galego existe no mundo?
Há uma discução muito estúpida se o nosso idioma nativo se deve chamar Galego ou Português.
Esta estupidez tem afastado muitas elites portuguesas da causa galega.
Não estamos em tempo de dividir esforços....
Que o idioma é o mesmo ninguém tem dúvidas.
Deixem o GALEGO entrar na lusofonia que em todo o mundo todos os povos saberão que o galego existe e é o pai do português.
Agora quem conhece que há um idioma galego? Para além de nós?
Temos de ser inteligentes e ver o curto, médio e longo prazo......
Só escrevendo o nosso idioma nativo sem castelhanices na norma universal temos futuro como galegos..""

espanol634 #16 9/Outubro/2008 espanol634
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Rosa Díez: "Non nos interesa a identidade dos galegos"
El gallego es un dialecto regional. Es sólo para hablar entre gallegos. El español es internacional .
El gallego y el portugués eran iguales pero después del gallego estar prohibido 3 siglos los idiomas se quedaron desfasados en el tiempo. Ahora ya es otro.
Los gallegos tienen que asumir que fueron asimilados . Hoy son españoles.

GalizaPais #17 9/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nesta situação catalães e bascos não tinham dúvidas!!
O galego/português hoje é uma língua universal .
Oficial em 10 Estados soberanos se incluirmos a Região Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosul, União Africana (onde o espanhol não é) União Europeia e com tradução permanente nas Nações Unidas.
A Galiza só terá futuro como região ou país galego com a recuperação da sua língua nativa. Abram os olhos galegos não se deixem enrolar com dialetos da RAG.
Se têm um idioma nativo e materno com origem milenária nos vossos antepassados que vos projeta no mundo porque irão trocá-lo por um simples dialeto artificial por adopção sem futuro!.... feito á pressa pela RAG para continuarem da dependência de Madrid.!!

Maeloc-do-Rouco #18 10/Outubro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Lidor, o dia que fales como a gente, discrepando mais com educaçom e sem falatar ao respecto...Nom sabes escrever Maeloc?? cal e o teu problema??...nom che aprenderom a respectar a gente ainda que nom concorde contigo??...A ver se deixas DUMHA VEZ de fazer alussons pessoais e achegas algo, olha para o Anti-lusista, o Bertus ,etc que discrepando mais tentam arguementar e fornecer ideias ao debate..Tu nom..O teu e chamarme Maelo ou criticas cosmeticas fora de lugar....E perder o tempo contigo porque nom falas...ODIAS e isso nom e bo para umha vida sa...Por certo: aprende galego: que quere dizer: "Non te dou ensinado??" e que nom CHE APRENDEROM A USAR CORRECTAMENTE OS PRONOMES?? Nom podia ponher um exemplo mais claro do que e andar por Vieiros so "a caza do reintegracionsita"...fazendo o ridiculo..Parabens Lidor, ja te conhecemos tud@s...e o teu monotema

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete