A Confederación de Empresarios de Galicia rexeita o imposto argumentando que freará a competitividade das empresas instaladas en Galiza.
O Consello Económico e Social (CES) avaliou positivamente o anteproxecto de lei do chamado canon hidroeléctrico e valorou especialmente que se recollan as recomendacións da Unión Europea en materia de medio ambiente a través do sometemento a tributación dos efectos ambientais consecuentes á realización de actividades que empregan augas embalsadas.
O CES destaca de forma especial o estudio económico-financeiro que acompaña á memoria e ao anteproxecto de lei do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada, que agora deberá ser aprobado polo Consello da Xunta. No seu ditame, o organismo entende acertada a remisión dunha memoria con ampla información sobre os aspectos a considerar en relación co anteproxecto, que estabelece un tributo para compensar os efectos negativos polas actividades que lle afectan ao patrimonio fluvial e pretende reparar o dano que causan as devanditas accións.
Queixas da CEG
O ditame positivo do Consello Económico e Social non contou co apoio de todos os seus membros , xa que a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) presentou un voto particular no que se mostra moi crítica con este novo tributo, asegurando que lle ocasionará un problema de competitividade ás empresas instaladas en Galiza, polo que reclaman unha "reflexión máis profunda e crítica", especialmente no escenario económico actual.
"Non é razoábel estabelecer un tributo novo sobre unha actividade que debe ser fomentada debido ás necesidades do conxunto do sistema eléctrico", engaden. De paso, aseguran que os encoros son beneficiosos para o medio porque regulan as augas e contribúen á redución de gases de efecto invernadoiro na produción de electricidade. Ademais, considera o tributo "confiscatorio" ao comparalo con outras medidas impositivas "postas en marcha por outras autonomías".
O Consello Económico e Social non é un organismo público?
Non debera ser perseguida a mentira de calquera dos seus membros? Non cometen prevaricación sabendo que sosteñen falsidades e posicións inxustas, como o caso da CEG empresarial?
A CEG di unha tontería como un mundo: En primeiro lugar as empresas que teñen grandes hidroeléctricas teñen a sede social en Madrid ou País Vasco (Unión Fenosa, Endesa, Iberdrola, Ferroatlántica de Villar Mir...). En segundo lugar hai que foderse porque a producción hidroeléctrica non pode deslocalizarse, se a auga está en Galiza non se pode producir enerxía en Marrocos ou China pagándolle catro perras gordas aos traballadores.
De verdade a CEG pensa algo en Galiza e nos seus intereses económicos aínda que sexa desde o propio punto de vista egoísta??
Non sei se son uns merdáns ao servizo da corte e simplemente uns ineptos?
¡Beizón ao canon hidroeléctrico, en definitiva !
Os que se queixan é lóxico que o fagan: menos cartos para as súas "sedes sociais".