O BNG lembra que froito das súas negociacións se reservaron neste exercicio 2.042 millóns de euros, en contraste cos 2.020 millóns previstos para 2009.
O BNG buscará "mellorar de xeito substancial" os orzamentos nas negociacións co PSOE
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, advertiu que o seu grupo non considera "satisfactorias" as partidas destinadas polo Estado ao noso país, no proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PXE) para 2009.
Jorquera criticou que a cifra global consignada, de 2.020 millóns de euros, "está por baixo do total das contas do presente ano", xa que, tal e como recordou, froito da negociación do BNG, reserváronse neste exercicio 2.042 millóns para Galiza.
Anunciou, neste senso, que os nacionalistas aplicarán a súa capacidade de diálogo "para mellorar de xeito substancial" as partidas durante a súa tramitación, antes de que proxecto sexa aprobado polo parlamento español.
Cómpre lembrar que o grupo parlamentario que sustenta o goberno, o PSOE, non conta coa maioría necesaria para sacar adiante os orzamentos polo que deberá negociar con outros grupos. Logo das declaracións realizadas nos últimos días, todo indica que PNV e BNG son a opción preferente dos socialistas españois.
"A nosa disposición ao diálogo é reiterada mais temos unha condición: que sexan uns orzamentos xustos para Galiza", apuntou Francisco Jorquera este martes, e engadiu que "a día de hoxe" a posición do BNG está "moi afastada" respecto destes orzamentos.
"Responsabilidade", mais con "máis compromiso"
No entanto, sinalou que "o BNG é consciente de que nun contexto de crise económica hai que ser responsábel e non se pode pretender solucionar a un tempo todas as carencias que Galiza ten en infraestruturas". "Pero aínda así necesitamos máis compromiso inversor", dixo.
Por último, o portavoz nacionalista admitiu que nos tramos do TAV que conecta coa Meseta "o orzamento correspóndese en liñas xerais coa capacidade de absorción real", mais criticou que "non sucede o mesmo co Eixo Atlántico que, para Galiza, é tan importante ou máis" que o primeiro.
A guerra do Afeganistão tem os seus custo financeiros, tal como teve a do Iraque!
Daquela onte cando a Touriño se lle enchía a boca de dicir que tiña unha boa nova para Galiza volvia a facer o de sempre, render pleitesía a Ferraz e ser un monicreque de Madrid. Cando o PsdG vai ser algo semellante ao PsC?
O PSdG non exixte, é un sucedáneo. Na Galiza existe o PSOE e punto. Igual pasa co PPdG que tampouco existe. É o PP e non hai outra. Unha cousa ben distinta é o que ocorre co PSC, ise si que exixte coma tal partido político, (Partit Socialista de Catalunya ) por que ainda que nas eleccións vaia xunto co PSOE, na realidade non está vencellado ao mesmo. Poñamos que é un partido federal e únicamente vinculado e vencellado a Nación Catalá. Polo demáis a Touriño énchselle a boca con calquer cousiña.É se en Ferraz lle din que está máis guapiño caladiño, pois vai e cala. ¡É o que hai!
O orzamento de Galicia non entende de crises (empreguei un titular de Vieiros aplicado á Casa Real).
Hai menos cartos para todos e cúmprese a porcentaxe que pedía o BNG. Se agora queren face-lo teatro de que consiguen un par de millonciños máis pola capacidade de diálogo, pois vale, aplaudimos e todo, pero o substancial xa se conseguiu: manter practicamente a inversión en Galicia. Pero, en que se gasta? Aí xa non se poden botar balóns fóra, son as consellerías do bipartito, incluído BNG, que fallan tanto uns coma outros.
Sinto non concordar, pero para Galiza sempre é noite governe quen governe. Para Galiza nunca hai cartos de Madrid. Pois digo eu que xa está ben de pedir esmolas. Temos que facer valernos en pé de igualdade. Recoñezo que cos políticos que tivemos e temos no governo da Xunta, tampouco lles imos a pedir máis. Non temos políticos coas suficientes miras políticas coma para acadar máis. De onde non hai non se pode quitar. Triste, pero non menos certo.