Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Solbes insiste: "Os aforros non corren perigo en ningunha entidade"

O ministro de Economía, Pedro Solbes, reitera que o sistema financeiro é forte á vez que garante que o "sistema acudirá para axudar" en caso de creba.

Redacción - 13:30 30/09/2008

O vicepresidente económico do executivo español, Pedro Solbes, subliñou este martes que os aforros dos cidadáns “non corren perigo en ningunha das entidades” e insistiu en que a solvencia do mercado financeiro estatal “serve de exemplo a todo o mundo”. O número dous do goberno saía así ao paso dos continuos rumores sobre a suposta situación crítica de entidades que traballan no Estado Español.

Nunha conferencia de prensa, Solbes intentou en todo momento transmitir unha sensación de tranquilidade á cidadanía. A pesar da desconfianza de moitos analistas, o ministro español reiterou que as entidades financeiras non tiveron “ningunha exposición” a activos perigosos como os das hiptecas 'subprime'.

Solbes deixou a porta aberta a políticas intervencionistas. Así lembrou que cando hai casos graves como o do Banesto ou o do Eurobank “o sistema acode para axudar”. O ministro asegurou que o goberno español, canda o resto dos europeos, leva “un ano traballando contra a crise”. Aínda así, recoñeceu que as dificultades económicas chegaron antes do esperado.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

Vakaloura #1 30/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se o Sr. Solbes, D. Pedro dixo isto, ollo o piollo, os que teñades algún aforriño nunha entidade bancaria ídeo retirando e gardando debaixo da viga. Estarán máis seguros. Iste é o dos orzamentos austeiros...non? Xa xa, agás para a Casa Real Española e para moitos máis.É maís perigoso que un anuncio de Telefónica...que xa é dicer!

Atlantico #2 1/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ata 20.000 euros o estado faise cargo, a partires de aí, perdes os aforros.

Vakaloura #3 1/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño entendido que non é o Estado o que se fai cárrego, senon máis ben a aseguradora da entidade bancaria que xa pagamos cos nosos depósitos. Admito que podo estar trabucado. Coma non teño ise problema nunca me preocupei do asunto. Se tivera cartos procuraría pólos en distintos depósitos de menos de 20.000.-€.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete