Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

Só un colexio mudou o seu nome franquista

O departamento de Educación recoñece a lentitude no cambio das denominacións e recorda que require o acordo de consellos escolares e concellos.

Redacción - 18:00 29/09/2008

"Illa de Tambo" é o novo nome do colexio de Marín (Pontevedra) anteriormente denominado "Centro Almirante Salvador Moreno". Este foi o único centro educativo que mudou a súa denominación ao amparo da Lei da Recuperación da Memoria Histórica, retirando a franquista por outra máis acorde á zona e nacida do consenso da comunidade educativa. Así o ven de recoñecer a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María Xosé Pérez Mariño, en resposta a unha pregunta do deputado nacionalista Manuel Parga no Parlamento.

Este é o balance de entre un conxunto de 11 centros dos que se ten constancia que teñan un nome franquista, na súa meirande parte nas proximidades da Coruña e en Ferrol. Pérez Mariño asegurou que dende o seu departamento xa se instou aos colexios ao cambio, se ben esa modificación require uns trámites nos que están implicados os propios centros, os consellos escolares, os concellos e a Consellaría de Educación. Neste sentido, dixo que dende a Xunta prefiren que escollan a súa nova denominación "de forma voluntaria". Asemade, asegurou que neste mes de setembro se volverá a instar aos directores a que cumpran o previsto pola lexislación.

Colexios que aínda conservan o nome
Mentres, o "Centro Francisco Franco" de Beariz (Ourense) será previsíbelmente o segundo en mudar oficialmente o seu nome. Non obstante, de momento está pendente dun informe favorábel do concello. Canda el, atópanse outros nove que comezaron o curso coa vella denominación franquista. En Marín aínda se mantén a escola de educación infantil "Calvo Sotelo". En Ferrol sitúase un centro de educación especial adicado a "Carmen Polo", así como outro de primaria e un instituto con nomes de ministros e amigos do dictador, Marqués Suances e José Ibáñez Martín. Na Coruña podemos atopar os colexios de primaria "Montel Toucet" (un militante franquista), o "Enrique Salgado Torres" (director xeral da Vivenda) e o "Sanjurjo de Carricarte" (alcalde da cidade en tempos da ditadura). A estes oito súmanse o que en Culleredo se adica ao cruceiro "Baleares" (un dos sublevados do golpe militar), outra escola en Pontevedra que recibe o nome de "Almirante Salvador Moreno" e un colexio vigués ao que lle chaman "Doutor Eijo Garay", bispo moi próximo ao ditador.


Ligazóns

3/5 (7 votos)

Comentarios (15)

onofresabate #1 29/Setembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

¿E cambiaranlle o nome ao CEIP Pío XII de Santiago? Este individuo non era franquista, era nazi, aínda peor, se cabe.

Carlinhos #2 29/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Res, non verba.

subela #3 29/Setembro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os centros públicos con nomes franquistas e os concertados permíteselles todos, que incumplan o decreto do galego, que teñan unhas taxas de nenos con alerxias do 90% (truco para acadar que che dean un centro que non che corresponde) ou que non respeten a lei de normalización (Colegio Santa María del Mar LA CORUÑA, que rotula así os seus uniformes) e de revisar concertos nada de nada e de non repetir concertos nada de nada. Outra consellaría do PsdG que é un auténtico noxo. Na educación non cambio case nada en relación ao PP

pampo #4 29/Setembro/2008 pampo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se depende da vontade da Sra. Pérez Mariño e do seu equipo teremos que aturar esta vergoña aínda uns anos. Se fora para recortar algunha plantilla de profesorado ou para calumniar a algún profesor/a xa tería actuado esta "figura" ...
Concordo con Subela, na Consellería de Educación aínda no houbo transción democrática... a ver se hai cambio de adscrición política despois das eleccións...

Gaias #5 29/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Por isto seguro non se manifestan nin os GB, nis o PP. E decir, polo cumprimento da lei que obriga a retirar a simboloxia franquista en Galiza.
Ainda que mais grabe e que o partido que sacou adiante a lei, non faga que se cumpra en Galiza.
Eu antes morto ou sin escolarizar que asistir a un colexio co nome "Francismo Franco" ou "Carmen Polo".

Carlinhos #6 29/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nomes, símbolos... mais, raio mudou? Estám a ilegalizar partidos políticos o Exército ditou a Constituiçom, o sucessor de Franco é quem el quix, fecham e secuestram publicaçons, colabora-se com a OTAN em assassinatos maciços, as empresas que medraram à sombra do franquismo som as donas da Galiza e já nem estatatais som, há tribunais de excepçom e pres@s polític@s, si,polític@s, porque se lhes aplicam normas excepcionais aos reus integrados em organizaçons polícas armadas... Isto é fascismo e já nem amável tem o rostro, cona!

zemalves #7 30/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Não tenho a menor duvida de que a Galiza sempre precisou dum 25 DE ABRIL! É um absurdo que passados tantos anos de « transição » controlada, não tenham sido ainda alterados alguns nomes ligados á ditadura franquita, que tanto massacrou os povos de Espanha! É imcompreensivel que o governo do BNG, por quem eu tenho muita simpatia, pouco ou nada tenha feito para retirar esses nomes deInstitutos Publicos.Creio que a continuação desses nomes, é uma ofensa para as centenas de milhares, que foram assassinados pelos fascistas, mas tambem uma vergonha para os galegos! Duma coisa me posso orgulhar, é que após o 25 de Abril de 1974, em Portugal foi feita uma autentica Revolução, embora hoje ainda estejam a enterrar os vestigios. Pois dessa Revolução pouca coisa sobrou, a direita portuguesa, aos pouco foi-a destruindo. Neste momento temos o Governo mais reaccionário dos ultimos 34 anos,o governo do PS DE josé sócrates!

Carlinhos #8 30/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Quem foi que dixo aquilo de "[España] antes roja que rota?", devia ser o lema sob o Escudo do Estado espanhol; nom lhe vejo incompabilidade ningumha co marco jurídico-político actual. Se mudar a "vermelha" já se encargariam os EUA de ponher as cousas no seu sítio. Nem mudam os tempos nem mudam as vontades, de resto, jogos florais.
Quem fala de Repúblicas, de direitos, de democracias, de liberdades... e nom as pratica, tem vários cadáveres na boca (e algum no seu armário), por mim que mantenham os nomes, mais mudem a política, peró isso é outra cousa, nom é?
Que aos licéus lhes ponham o nome de Daniel Castelao, mais que se fale espanhol nos claustros.

surenho #9 30/Setembro/2008 surenho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

En Tui un colexio público da vila leva o nome dun dos irmáns Peñarredonda (José ou Ramón). Un deles foi alcalde franquista e o outro un oficial faccioso que fachendeaba dos moitos asasinatos que tiña feito entre os prisioneiros republicanos na fronte de Aragón. Non sei a cal dos dous irmáns esta dedicado o colexio, mais sexa cal for debe entrar nesa ignominosa lista de nomes para mudar.

Carlinhos #10 30/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9 Vale, a ver se o mudam polo nome de alguém que defenda inequivocamente a Democracia no Estado espanhol actual; que tal CEIP J. Josetxu Ibarrtxe? Que deixem falar ao povo agora, óstia, que deixem de lamber-lhe o cu aos sucessores de Franco o assassino e aos seus cúmplices e valedores do Vaticano; que ainda jura o cargo diante dum crucifixo; dum instrumento de tortura dos imperialistas romanos (o povo judeu escolheu a linha dura, a de Barrabás, o independentista via armada, num referendo assembleário, contarom-me de rapaz (ou interpretei eu isso depois, tanto tem) a máxima autoridade competente sobre os tribunais que me julgarám se me excedo nos meus comentários (que se modernicem e ponham umha cadeira eléctrica, cagho no demo!)

Carlinhos #11 30/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Tenho de matizar 10#, os meus conhecimentos de teologia e história da religiom judeu-cristá (e doutros mitos, como os horóscopos, som muito limitados).
Desculpem se ferim alguém nas suas crenças privadas.
O único que compreendim bem das sagradas escrituras, do dogma, do que me ensinaram de moço, foi o mistério da Santa Trindade: Monarquia católica, Capital e Exército espanhol, que som Um e Trino.
Caralho se trino; estou até as mesmas gónadas!!

-Xavier #12 30/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Carlinhos #11:

É que a Igreja católica, assim como outras Igrejas ou religiões -no sentido governativo --> o Poder da Igreja) não tem nada a ver com a mensagem verdadeiramente religiosa ligada à Bíblia ou a textos considerados "sagrados", a Jesus Cristo, etc. De facto, o Poder da Igreja contradiz o que Jesus Cristo predicava (a humildade, a verdade, o amor), e praticam precisamente aquilo que o chegou a encolerizar (a falsidade, a mentira, servir ao "Deus-dinheiro" ("não se pode servir a dous deuses") sobre o outro Deus, etc).

Cumpre apenas lembrar que a Igreja no Estado espanhol apoiou o regime franquista (obviamente contra a vontade do Deus do Amor e da Vida que diziam defender):

http://www.esglesiaplural.cat/....

http://www.fuenterrebollo.com/......

http://farm1.static.flickr.com....

http://www.fuenterrebollo.com/......

http://lacomunidad.elpais.com/....

http://rojiverde.files.wordpre....

http://www.fuenterrebollo.com/......

http://www.flickr.com/photos/e....

etc...


Saúde e reflexão.

moledo #13 30/Setembro/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Pérez Mariño"? Será a irmá de Ventura Pérez Mariño, galegofobico convicto e declarado? Pois...

Carlinhos #14 30/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#12 Que si, home, que nom me engano de inimigo; que eu considerar como Mito qualquer religiom (apesar da arroutada, marula e túzara forma dos meus comentários e tamém apesar de que nom me importe um caralho que me votem negativo) nom quer dizer que nom respeite as crenças íntimas de qualquer persoa; nom misturo Hierarquia com espiritualidade. Sempre admirei a Ernesto Cardenal e quero um artigo como este na Constituiçom da República Socialista Galega: "artigo 80.- O Estado reconhece, respeita e garante a liberdade religiosa. Na República de Cuba, as instituições religiosas estão separadas do Estado. As diferentes crenças e religiões gozam de igualdade de consideração." [Constituição da República de Cuba].

carmeraia #15 30/Setembro/2008 carmeraia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

decatouse alguén por certo de que na publicidade de Vieiros do canal lusofonía hai unha imaxe do Monumento aos descubridores?? Espero que o erro teña que ver coa total ignorancia do responsable (e de todas as demais persoas que non se decataron), porque calquera pode pensar que agora Vieiros fai apoloxía do FASCISMO...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete