Por outra banda, o portavoz nacional da formación nacionalista, Anxo Quintana, participa este domingo no 'Alderdi Eguna' do PNV.
Asemblea comarcal en Ourense, este sábado
O secretario de Organización da Executiva do BNG, Alberte Ansede, considerou "histórica" a participación da militancia nas asembleas comarcales para elixir os delegados que participarán na Asemblea Nacional Extraordinaria do 5 de outubro. Este sábado, organízanse asembleas comarcais en Ourense, O Morrazo e A Mariña.
Ansede destacou que a participación está sendo "superior" á do resto de asembleas, o que demostra o "alto nivel" de implicación dos militantes da organización. Así mesmo, subliñou o apoio "masivo" ao informe de avaliación política e de obxectivos electorais do BNG por parte dos afiliados.
Para rematar, o nacionalista anunciou que Anxo Quintana -que este domingo participa nas celebracións do PNV no Alderdi Eguna (Día do Partido)- será o único candidato do BNG á Xunta, logo de contar co aval de 3.332 afiliados e superar o mínimo de 300 requerido regulamentariamente. "É a única organización política en que a militancia elixe o candidato á presidencia", destacou.
Vigo e Lugo
A Asemblea Comarcal do BNG en Vigo elixiu este venres á noite un total de 111 delegados para a Asemblea Nacional, nunha lista única encabezada polo ex responsábel local Xavier Paz, que foi referendada con 139 votos a favor; ademais, houbo un voto en contra e unha abstención.
Na lista tamén figura o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, así como outros edís nacionalistas vigueses, o ex rexedor Lois Pérez Castrillo, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán; o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato; o delegado provincial de Vivenda, Eudosio Álvarez; ou o actual rexedor de Gondomar, Antón Araúxo; entre outros.
Tamén a comarca de Lugo escolleu os seus 86 delegados para a Asemblea, nunha "lista de consenso que integra as distintas sensibilidades existentes dentro da formación nacionalista", segundo informou o BNG nun comunicado. A candidatura está encabezada polo responsábel de Política Municipal, Xosé Manuel Becerra.
Pois algúns parece que non están tan contentos con esta decisión de delegados.
Seri moito bo que houbera un problema de loxistica nas asembleias do BNG porque foran 50.000 militantes pero cos que conta hoxe, máis parece que é un asunto de control.
Tan histórica vai ser que na fase previa de asembleas comarcais, na maior parte dos casos elíxense máis "delegados" ca persoas están a participar de facto nesas asembleas. Un éxito no fomento da participación...
É tan histórica a participación nas asembleas porque debemos ser o primeiro caso en que 100 asembleistas elixen a 150 delegados. Sumando todos os que participaron na elección de delgados andaremos pola metade dos que asistiron á última asemblea nacional, pero os que pensan como Antón Losada, Quin pero tamén Paco Rodríguez, está protexidos da base que ao fin somos unhos marulos.
Pero, eu non entendo unha cousa, se a participación é menor que os postos delegados... iso significa que os que se moven son realmente poucos e eses que critican o proceso en nome das bases, xa vexo cal é o apoio que teñen, que non se atreven votar en contra das listas...
Ese é o problema Roi_Batti que con tanta lista e tanta puñeta ao final nada fica claro; ó único que se pode sacar en conclusión é que este sistema de delegados só trae problemas internos e de cara fóra, e que, polo tanto, o mellor tería sido organizar unha asemblea segundo a formula 1 militante = 1 voto, porque só hai un candidato e un documento, que segundo me puiden enteirar, non é enmendábel.
Este asunto parece unha exhibición muscular de Paco Lavoz (*) diante os quinistas, para marcar terreo para as listas das próximas autonómicas, e que de pasada barreu a todos os que se manifestaban críticamente dentro do BNG contra a deriva centrista e autonomista da organización, cuestión sempre discutible no sentido que a crítica ou autocrítica nunca debe desaparecer nunha organización que se pretende transformadora da realidade.
(*) Paco Lavoz antigamente coñecido como Paco Rodríguez
Canta demagoxía, a participación é moi baixa. Feitos: Se en Vigo votaron 139 votos a favor e 1 en contra, quere dicir que había na asamblea 140 persoas. Se a militancia a nivel comarcal segundo nós contan aos afiliados é de 500 a 600 persoas. ONDE CARALLO está a alta participación, compañeiro Ansede??
Non esquezades que cando se aprobou pasou co 55% de votos, algo de tanto calado deberá ser aprobado cunha maioría cualificada.
As bases do BNG non estamos dacordo, pero Quintana xa ten a "organización" ou o que queda dela collida polos collons.
Hai o grao e a palla.O grao é o verdadeiramente importante sen rexeitar a palla.Eu sempre quixen ser grao,e loitei por el.Agora vou a ser palla,palla mallada,estercolada...A partires de outubro,serei palla coma militante do BNG,non terei dereito a votar coma sempre foi e debera seguir sendo.Non vos decatades todos os as militantes de que outros o farán por nos?.Non teño nada contra delegados as,pois serán compañeiros da viaxe,pero non amigos....porque se poden prestar a ser manipulados dende arriba,dende o medio...,e se queren ter DIGNIDADE,rexeitarán o posto,pero virán os seguintes atrás.Eu vivín na época da dictadura,traballei a prol da nosa cultura e loitei sempre polos dabaixo,e agora na democracia vou rematar sendo clase de tropa,lastre etc...Esto non é limpo.Tal e coma van marchar as cousas,penso que o mellor é non participar,borrarse,retirarse ós cuarteis de inverno e pensar noutros ideais.Estamos perdendo o Norte.O sinto moito,moitísimo...,de verdade....no meu corazón nacionalista.Aburiño....e co tempo supoño,madurarán os froitos.
A nova linguaxe do BNG.- Xa non somos de esquerdas, somos progresitas que é máis moderno, xa non somos unha organización política de clase se non transformadora, que no molesta tanto; xa non somos unha fronte de partidos, agora hai quintanismo, proxecto persoal e non proxectos de organizacións. etc.......
Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas mãos deles, querem um socialista ou querem a Quintana?
Num país de velhos não se pode pretender mudar a situação política democráticamente sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comédias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles.
Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!
que ninguén se engane. Aqueles delegados con voto anunciado negativo son convintemente "depurados" para evitarlle ao Quin e á directiva pasar un mal trago, polo que non irán o 5 cinco de outubro co resto da happy pandy.
Aceitamos todos mas..Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!
Coincido con moitos dos comentarios aqui feitos, non me sinto representado polo sistema de elección dos delegados presentes na vindeira asemblea, pareceme que a única intención deste sistema é o de calar a voz dos militantes de base. Tamén coincido na participación, posto que case só participaron os que iban nas listas. Mal futuro podemos agardar con este presente tan escuro.
A min, o que me pon é que todo este proceso se faga sen Beiras, sen Camilo, con varias organizacións do BNG en contra e coa UPG como motor de todo o proceso.
Penso que a actual direción do BNG tenno claro: endexamáis van ser a forza política hexemónica na Galiza, por iso, mellor acomodar-se e participar co PSOE no governo autonómico; como hai pouco a repartir, os anacos (que poden ser máis pequechos dentro de pouco tempo) que toquen corresponden e corresponderán ao Quintanismo e á UPG.
Se isto é a liberación nacional...
Non creo que Miguel Anxo Fernán Vello sexa unha persoa sospeitosa antidemocrática e antigaleguista. Nas súas propias verbas recoñece que foi militante do BNG durante 20 anos e deixou de selo por cuestións persoáis. Por que entende o Nacionalismo de esquerdas como algo participativo e de progreso. Xusto a contra do que se está a facer nistes intres. Agora ben, se aos dirixentes do BNG lles parece que todo isto é un fito histórico, por suposto que están no seu dereito. Faltaría máis! Non hai cadavres políticos no seo do BNG, pola contra, de agora en adiante si que irán semiando cadavres ao seu paso e antollo. Logo non nos queixemos da colleita que recollamos. Se isto non é un congreso a búlgara, veña Deus e o vexa. Digo congreso por que de asamblea xa non compre falar. Pode que lles pareza todo isto demagóxia; tamén están no seu dereito. Pero os que discrepamos tamén estamos no noso dereito. É ou non é? Por certo, fai tempo que non se oe falar do dereito a autodeterminación….por que será?
Os agoreros nos dín que non só non haberá colleita senon que eles xa non sebrarán máis, cansados xa de ser de esquerdas e non recibir o trato que se merecen por parte dos outros, que parece que somos ou pagados ou manipulados ou engañados.... Teremos que seguir resistindo xa se verá. Galicia Nación.
Sementase prezado lugris, sementase. Ninguén está canso de ser de esquerdas, estamos cansos de ser "progresistas".O que acontece é que a situación orgánica do BNG semella xa a de calquera partido estatal (PP, PSOE) alguns, ilusos de nós, pensabamos que eramos unha organización diferente, e agora xa podemos dicir que non,e que todos os políticos ao chegar as institucions ¡¡SON TODOS IGUAIS!!
Sementar sementarei, logiño de clarear, encanto no pobo berre un meniño un vello e un cantar.
O que tem de comum a GALIZA e a IRLANDA?
A Galiza e a Irlanda têm muito em comum:
A Irlanda do Norte está ocupada pelos ingleses.
A Galiza do Norte está ocupada pelos espanholistas.
A Irlanda do Sul é um país independente.
A Galiza do Sul é um país independente (Portugal).
Galiza, naçom, "levanta-te e anda como em Irlanda" mas para onde e como?
"Cum cantar de redençom, cum velho e novo cantar?" A "Nova Poesia Galega" só beneficiou eleitoral e social(-democratica)mente ao BNG. O Bloco fai bem o seu trabalho; e os outros, que demo fazemos?
#19 No dia em que uma parte do partido PSOE da Galiza for patriota a Galiza ficará livre.
A guerra hoje para uma Galiza livre é política e económica.
Antigamente vejam o exemplo dos portugueses era assim:
Facto Histórico.
A padeira Brites de Almeida não foi uma mulher vulgar. Era nacionalista, grande, com os cabelos crespos e muito forte. Não se enquadrava nos típicos padrões femininos e tinha um comportamento masculino. Nasceu em Faro (Algarve) Portugal, de família pobre e humilde. O Reino de Portugal tinha sido fundado só há 240 anos e os portugueses sentiam-se ainda galegos.
Mais do que nacionalismo português havia um sentimento contra Castela e Leão pelo facto de pouco tempo antes os independentistas galegos terem sido esmagados por exércitos desses reinos.
Para o povo português a derrota castelhana em Aljubarrota para além de ser decisiva para Portugal representava um ajuste de contas com Caslela e Leão pelo que tinham feito aos irmãos independentistas galegos.
O dia 14 de Agosto de 1385 amanheceu com a notícia da invasão de Portugal pelo exército castelhano constituído por mais de 30000 homens criando as condições para a batalha de Aljubarrota. A padeira Brites de Almeida não conseguiu resistir ao apelo da sua natureza. Pegou na primeira arma que achou e juntou-se ao exército português que só com 6500 homens já incluindo 300 arqueiros ingleses naquele dia derrotou o invasor castelhano que tinha um poderoso exército com mais de 30000 homens incluindo castelhanos, franceses e genoveses. Depois da derrota castelhana chegou a casa cansada mas satisfeita, despertou-a um estranho ruído: dentro do forno estavam sete castelhanos escondidos. Brites pegou na sua pá de padeira e matou-os logo ali. Tomada de zelo nacionalista, liderou um grupo de mulheres que perseguiram os fugitivos castelhanos que ainda se escondiam pelas redondezas. Conta a história que Brites acabou os seus dias em paz junto do seu marido lavrador mas a memória dos seus feitos heróicos ficou para sempre como símbolo da independência de Portugal. A pá foi religiosamente guardada como estandarte de Aljubarrota por muitos séculos, fazendo parte da procissão do 14 de Agosto.
A Batalha de Aljubarrota foi uma entre muitas que o invasor castelhano foi derrotado e humilhado em Portugal. Versão castelhana indesmentível: http://es.wikipedia.org/wiki/B...
No fim da batalha nenhum comandante português ficou ferido. Dos 5 comandantes castelhanos 2 foram mortos( Juan de Rye e Pedro Álvarez Pereyra), 2 ficaram gravemente feridos e prisioneiros ( Pero López de Ayala e Gonzalo Nuñez de Guzmán ) e 1 (o Rei D. Juan I de Castela) fugiu gravemente ferido, beneficiando da clemência do Rei de Portugal. O rei D. Juan de Castelha ostentou falsamente o título de Rei de Portugal sem nunca o ter sido porque nunca foi aclamado pelo povo nem em cortes e foi derrotado militarmente pelos portugueses. Morreram mais de 10000 homens do lado castelhano (em 2004 um historiador espanhol diz sem fundamento que só morreram 3000) e 6000 foram presos. A certeza é que dos mais de 30000 homens do exército comandados por D. Juan I de Castela que invadiram Portugal só menos de um terço voltam. Chegaram a casa só menos de 7000 homens muito feridos. Dois (2) rios na zona de Aljubarrota ficaram entopidos com os corpos mortos das tropas castelhanas. O povo matava todos os soldados castelhanos que debaixo de humilhação tentavam fugir até que o Rei de Portugal pediu clemência ao povo pelos derrotados para que alguns podessem partir. Só este pedido de clemência do Rei português que o povo obedeceu, permitiu o regresso de menos de 7000 dos derrotados onde se incluia o Rei D. Juan de Catela após humilhação popular. Das mãos da padeira Brites de Almeida foi salvo e feito presioneiro o comandante castelhano Pero López de Ayala já com dentes, pernas e braços partidos, quase sem vida, pelo exército português que o queria vivo para dar informações e ser peça de negociação da paz definitiva. Na sociedade machista da época a humilhação foi tão grande que os castelhanos se dividiram em duas explicações, uns diziam que Brites de Almeida não era uma mulher normal tinha grandes mãos com seis dedos em cada uma, outros que tinha sido um sonho ou uma lenda. A verdade é que a biografia desta mulher está documentada desde o nascimento até à sua morte. A grande superioridade numérica de nada valeu aos castelhanos. Nesta batalha morreu a élite do exército castelhano, fidalgos e nobres dos mais importantes. Foi decretado luto em Castela por 2 anos.
Deste facto histórico temos de tirar conclusões:
Os portugueses só com 6500 homens ganharam contra um exército com mais de 30000 porque usaram a inteligência. Quando o Rei de Portugal sobe da invasão estava à mesma distância de Aljubarrota que as forças castelhanas e ainda teve de reunir as tropas. Teve a inteligência de empurrar os castelanos para o melhor local para os portugueses vencerem a batalha e conseguiu. Ou seja conduziu a guerra desde o início.
Com este facto histórico não se pretende insentivar a violência mas a inteligência. Hoje não é com guerras ou guerrilha que a Galiza conquistará a sua autodeterminação conforme está consagrado na carta das Nações Unidas. Os patriótas galegos têm meios políticos e económicos para inverter esta situação de forma à Galiza deixar de ser um território colonizado onde a vontade castelhana prevalece. É só usar a INTELIGÊNCIA.
Os partidos nacionalistas galegos são muito importantes independentemente das ideologias. Porém é fundamental estabelecer pontes de ligação com personalidades dos partidos maiores (PSOE-Galiza e PP)para a causa galega.
"Histórico" é, meu caro Ansede.Porém, nom com o significado de positivo; "histórico" pode ser algo extraordinário, anormal, que se sai da norma do ordinário. Que umha organizaçom "assemblear" reduza a assistência dos seus membros a umha assembleia é bem raro, anormal e extraordinário. Lembrades quando estas reunions eram chamadas "Plenários", e que quer dizer "plenário?
Porque não recebemos em canal aberto as televisões portuguesas na Galiza? Temos de exigir já. Emilio Pérez Touriño é o culpado de não estarmos a receber em canal aberto as televisões portuguesas na Galiza.
Não merece mais o nosso voto porque está a fazer o jogo dos espanholistas contra a língua e cultura galega.
Emilio Pérez Touriño não pediu ao governo central e não faz intensão de o fazer está a mentir.
A nova movida do BNG poñendo delegados as,é semellante a que teñen o PP e o PSOE.¡Que mágoa!,somos iguais que os demais partidos....por eso a xente di con toda a razón "os políticos son todos iguais".O BNG,debera mirar mais ó berce do Nacionalismo,e deixarse de tantas "pantasmadas".Imitamos o dos demais(sen meditalo moito),e non afondamos nos nosos ideais.¡mal camiñaremos!.
Agora ven a movida do 5 de outubro,na que non poderemos votar,porque está "atada e ben atada".....Os as militantes de "clase de tropa",acougaremos no BNG só para cotizar a cuota,tocar as palmas e decir amén,aleluia......
Os políticos en xeral,rematarán sendo rexeitados por unha sociedade que precisa pensar,é practicar a ÉTICA,porque estes valores moven as conciencias dos cidadans de ben,e é o que xamais se debe esquecer ó longo de toda unha vida......pero sempre cos pés ben afondados nesta terra.
Histórica dende logo si que o é. Por algo é a primeira que se fai por delegados. Sobre todo será por iso que o consideran un fito histórico. Polo demáis, xa será o tempo quen o diga.
O que non hai lugar para dúbidas é que sendo a primeira xa é HISTÓRICA, pero creo que tan só por iso. Todas as cousas que acontecen por vez primeira teñen moita historia.