Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Obituario

Marcha Paul Newman, un dos últimos grandes

O actor e director estadounidense finou este sábado aos 83 anos. Padecía unha enfermidade pulmonar.

Redacción - 18:25 27/09/2008
Newman coa súa esposa, Joanne Woodward

Newman coa súa esposa, Joanne Woodward

O actor e director estadounidense Paul Newman finou este sábado aos 83 anos, segundo informou nun comunicado a Fundación Newman's Own, organización filántropa que fundou o propio artista en 1982.

Newman, nacido o 26 de xaneiro de 1925, padecía unha grave enfermidade pulmonar e a mediados do pasado mes de agosto decidiu deixar o hospital onde estaba ingresado para se trasladar á súa casa, coa súa esposa, a actriz Joanne Woodward, e os seus tres fillos.

Gañou dous premios Óscar, un honorífico, e conseguiu varias nominacións; ademais de traballar en case 60 películas, dirixiu seis longametraxes, e fóra das pantallas impulsou numerosas actividades en beneficio dos máis necesitados.


Ligazóns

4,78/5 (9 votos)


Comentarios (6)

lenin #1 27/Setembro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Enorme actor. No recordo "A lenda do indomable".

alboiando #2 27/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"dous homes e un destino". grande cinema de olhos azuis...

micsha #3 27/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

El buscavidas.

Atlantico #4 27/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Catro de dias de panexiricos na prensa e o circo habitual, por certo moi en "O Golpe".

DanielErreCe #5 29/Setembro/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Actor e persoa. Unha perda. Newman non só estará no cumio dos hooliwoodianos senón tamén no dos activistas polos dereitos humanos e dos desfavorecidos. Non o din nos informativos pero sofreu un duro acoso polo Comité de Actividades Antiamericanas. Ou sexa, un tipo normal nun espeso círculo subnormal.

Anxo #6 29/Setembro/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Unha grande persoa, non porque él así se considerase, senón por como o considerabamos nós.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete