As negociacións aínda están abertas, pero ao parecer a oferta do equipo galego vaise parecendo a outras máis gorentosas recibidas polo ciclista de Teo.
Mosquera partiu cara o Mundial de Varese
Esta cuarta feira pola tarde Ezequiel Mosquera partía, coa selección estatal, ao Mundial de Varese (Italia). Era a data escollida para revelar que ía facer a tempada que vén, que equipo tiña escollido ou se había seguir, polo menos dous anos máis, no equipo ciclista profesional galego, o Xacobeo Galicia.
Ao parecer, terminada a 'Vuelta', Mosquera recibiu importantes ofertas doutros clubes, entre eles o Katyusha ruso, mais naquela altura o de Teo xa afirmara que o seu principal obxectivo era continuar no equipo de Álvaro Pino, mais deixando claro que para isto era necesario un esforzo do equipo, xa que "a vida deportiva é curta, e estanme facendo ofertas tan altas como nunca pensei que puidesen chegar". Pino tamén dixo, daquela, que Ezequiel era fundamental para o equipo, e que o Xacobeo Galicia non tería sentido sen el.
Mais agora sabemos que o XGZ e máis Mosquera chegaron a un principio de acordo que podería plasmarse nunha renovación do ciclista para as dúas vindeiras tempadas. As negociacións están moi avanzadas, pero aínda non están pechadas, xa que quedan algúns aspectos pendentes que deberán tratarse cando o de Teo volva do Mundial, que se desenvolve o vindeiro domingo.
Outras prioridades
Agora mesmo o director deportivo do XGZ ten abondo traballo. Ademais de atender ás negociacións con Mosquera (ante as que se amosou optimista), debe debullar o resto do equipo, pensar nas novas incorporacións e nas baixas. Alén diso, especúlase con que estea a procurar un bo escalador, que lle axude a Ezequiel Mosquera a rubir nos portos de montaña, onde está entre os mellores. Ademais, está a posibilidade de poder correr noutra grande rolda, coma o Giro, aínda que isto está en mans da UCI.
máis Ezequiel e menos Pereiro castelán
Este si que é un deportista que defende e representa a Galiza e non a merda do Pereiro.
Que lle fichen a Lance Armstrong de gregario, ou a Roberto Heras.
XD
Isa é a mellor opción, pois en ningún outro equipo vai ter a liberdade que no xacobeo, onde exerce de líder. De tódolos xeitos se remata noutro equipo cunha oferta millor non hai nada que lle reprender, ten xa (con perdón) trinta e dous anos e a vida do deportista de élite é curta.
...e para quê serviria umha equipa profissional galega? Para quê servem as selecçons desportivas galegas? Pois para isto. Para que muita gente válida que está no semi-anonimato, emerja e cresça desportivamente. Se nom existisse umha equipa profissional de ciclismo galega...falaria-se tanto de Mosquera? Nom. Cobrou protagonismo porque saiu à luz da mao do Xacobeo.