Xavier Lama, en quen recae agora o premio, impugnou o fallo do xurado por considerar que a obra gañadora xa fora publicada en enconstrucion.blogspot.com.
O 27 de maio Eduardo Estévez gañou o premio de poesía González Garcés, que convoca cada dous anos a Deputación da Coruña. Ese mesmo día nunha entrevista en Vieiros recoñecía que o libro comezara a escribirse no blog enconstrución, onde aínda se poden atopar os traballos previos, o work in progress da obra, ""o obxectivo era amosar en directo a evolución do libro, o proceso creativo, que a xente fose lendo os poemas e participase coa súa opinión", dicía daquela Estévez. Con todo, o autor deixaba claro que "no blog está apenas unha parte pequena do poemario e do proceso, porque deixei de escribir nel nun momento dado, cando comecei a pensar na posibilidade de publicar o libro".
Porén, o finalista do premio, Xavier Lama, impugnou o fallo do xurado por considerar que a publicación previa que Estévez fixera neste blog supuña o incumprimento de dous dos puntos das bases: o carácter inédito das obras presentadas ("obras inéditas e non premiadas con anterioridade", base primeira) e o anonimato dos autores (base terceira). Tres meses despois o xurado do premio, formado por Manuel Álvarez Torneiro, Manuel Fernández, Gonzalo Navaza, Luz Pozo Garza e Medos Romero, ademais da responsábel da área de Cultura da Deputación, Caridad González, e do propio presidente do ente provincial, Salvador Fernández Moreda, aceptou a impugnación de Lama por catro votos contra un.
No texto da impugnación, Xavier Lama denunciaba que "o texto do poemario premiado titulado 'Construccións' está nun blog de Internet desde o ano 2006". O xurado, na súa acta, salienta que "unha grande parte da devandita obra estivo publicitada en formato de edición electrónica e recibiu numerosas visitas e lecturas públicas coa agravante de figurar expresamente vencellada ó nome real do seu autor, durante un longo periodo temporal, feito que o propio autor recoñeceu en declaracións públicas".
Eduardo Estévez queda, polo tanto, desposuído do premio, que recae no propio Xavier Lama, que leva os 6.500 euros do premio, e verá publicada a súa obra, Cabalos do Alén. Estévez anuncia que non recorrerá a decisión, malia a considerarse no seu dereito a interpoñer un recurso contencioso-administrativo perante o TSXG contra a resolución da Deputación. Así mesmo considera que "a actuación do señor Xavier Lama só pretende obter nos despachos o que en boa lide literaria non lle fora concedido". Eduardo Estévez presentou alegacións á impugnación, baseadas no argumento de que non se pode considerar que a súa obra fora publicada previamente, en ningún caso como obra completa, posque que no blog "é posíbel consultar borradores de algúns dos textos que compoñen a obra, pero non todos os textos nin as súas versións finais".
Ademais, Estévez aclara que "a publicación do proceso de produción abandonouse o 1 de maio de 2006. Un mes despois (o 13 de xuño) déixase constancia dun período de reflexión sobre os textos e, posteriormente (o 25 de agosto), infórmase de que a obra sufríu moitas correccións". Eduardo Estévez parece ter unha maldición con este premio, no que antes desta ocasión quedara finalista dúas veces, a primeira en 1997 con Só paxaros saíron desta boca.
Apoio de Fran Alonso, Miro Villar e Fernán Vello
Estévez apoiou as súas alegacións en tres informes técnicos remitidos por Fran Alonso, Miguel-Anxo Fernán-Vello e Miro Villar. Fran Alonso afirma que "en ningún caso pode entenderse o blog 'En construción' como un libro dixital. En primeiro lugar, un blog non responde ao que desde o punto de vista profesional os editores entendemos por 'edición dixital'". Pola súa banda, Fernán Vello considera que ao non incluír as bases "xunto á denominación "obras inéditas", as especificacións "na súa totalidade" ou "no seu conxunto", enténdese que a obra presentada puidera permitir a inclusión de textos poéticos parciais anteriormente "recitados" en público ou mesmo, como é o caso, reproducidos, parcialmente, através dun formato electrónico en Internet".
Finalmente, Miro Villar conclúe que "só recibe consideración de obra édita aquela que posúe o seu correspondente rexistro", polo que os poemas publicados por Estévez no seu blog non incumprirían as bases. Ademais, puntualiza que "as versións anteriores á edición definitiva ou testamentaria por parte do autor teñen a consideración de material de traballo para a crítica textual, mais en ningún caso se chegan a considerar como textos definitivos do autor".
"Un debate necesario"
Dende a área de Cultura da Deputación, asúmese a "boa fe", tanto de Eduardo Estévez, como de Xavier Lama, como dos membros do xurado, que descoñecían a existencia do blog no momento en que concederon o premio. Así mesmo, consideran que con isto se abre "un debate necesario" e que as súas consecuencias van ser positivas "vainos facer reflexionar sobre os novos soportes de publicación e vaino obrigar a actualizar as bases dos concursos literarios". Ademais, subliñan que a obra de Xavier Lama que finalmente levará o premio "ten unha calidade literaria contrastada", e que por iso foi considerado "finalista" polo xurado.
Demasiadas veces perdemos o noso tempo ollando para os de fóra e indignándonos por palabras no aire que pronuncian persoas como Steiner, deixamos correr os días en disputas decimonónicas en vez de mirar para dentro, para nós mesmos. E seguiremos así porque é a nosa natureza minifundiaria de matar ao próximo.
Asistimos, mais uma vez, a unha vella reclamación da denominada xeración dos 90: a renovación das formas, dos contidos, e novos espazos para a poesía. E asistimos, mais unha vez, á oposición dos centros literarios que temen morrer a mans dos fillos.
Eduardo Estevez incorpora, en xaneiro de 2006, unha tradición, amplamente desenvolvida noutras literaturas, á nosa: a participación do lector nos procesos de producción. Abre un dos primeiros blogs no noso eido cultural con esta temática. Grazas a el puidemos achegar os nosos comentarios, alterar liñas enteiras dos poemas ou propor ideas. Precisamente, esta innovación literaria é o argumento central polo que agora se lle retira o XIV Premio de Poesía Miguel Gonzalez Garcés.
Se, desde o ponto de vista filolóxico, é inadmisíbel confundir proceso poético de producción con obra ou produto final, desde o punto de vista do receptor non cabe máis do que pensar que sempre seremos unha literatura minifundista baseada no escurantismo. Por que? Pois porque se unha serie de persoas especializadas en litertura se deixan influir polas leas do sistema ata o punto de rexeitar os propios principios da escrita, que nos queda?
A poesía como xénero non é unha insipiración das musas senón o froito dun traballo de anos e anos, de longas sesións de correccións nas que unha coma ou un punto cambian completamente o significado do verso, na que un acento varía a métrica, na que unha grave altera a rima... se son os propios xurados e especialistas da literatura os que confunden o proceso poético co producto, se son eles mesmos quen negan o seu propio traballo formado e especializado afirmando que un bosquexo inicial é o mesmo do que unha obra editada, que nos queda?
Moi sinxelo: unha literatura que non se recoñece a si mesma co rango de producción especializada, un oficio sen rigor. Un escritor non é máis do que un instrumento dos deuses que non precisa ter unha formación que distinga elementos tan básicos como obra e rascuño, o escritor é aquel que decide o que o lector debe recibir...
Pois como lectora, como filóloga, négome a que me prohiban incluir os recursos da miña época na escrita (internet, os blogs,...), como lectora desexo unha formación literaria axeitada de aqueles aos que lles axudo a reclamar os seus dereitos de autor (os dereitos conlevan deberes) e como lectora expreso a miña indignación ante aqueles que prefiren gañar nos despachos o que non son capaces de gañar coa súa obra ainda que sexa a custa dun compañeiro de profesión.
Que nos queda? o minifundio literario.
Independentemente da qualidade literária de Eduardo Estévez e Xavier Lama, aqui o que compete é falarmos das bases. É muito simples: se nas bases -como aponta Fernán Vello- não se inclui a denominação "obras inéditas" especificando "na sua totalidade" ou "no seu conjunto", O POEMÁRIO (O POEMÁRIO ou A OBRA não é apenas um poema ou vários poemas ou um rascunho de um ou de vários publicados na net) não foi publicado.
Com anterioridade ao mundo digital poetas galegos têm obtido prémios poéticos por poemários que previamente foram publicados parcialmente em revistas (um ou mais de um poema) e ganharam legitimamente porque uma parte de uma obra não é a totalidade de uma obra.
Sinceramente, só espero que esse único voto com sentidinho fosse o de Gonzalo Navaza. Que me desculpe o resto do júri, que, contudo, contam com uma interessante poesia em geral, cumpre dizê-lo.
Saúde e reflexão.
P.S. Lanço um repto à redação de Vieiros: consigam saber quem votou com sentidinho. (É uma brincadeira, mas estaria bem.)
Pois sentíndoo moito polo señor Estévez, creo que non ten razón. As bases dun concurso son as que son. Se non nos gustan ou non nos parecen pertinentes podemos suxerir que se modifiquen, pero polo momento, temos que pasar polo aro. Se Estevez publicou (nun blog do seu nome, amais) poemas que serviron de base a estes, e claramente reconvertiu para o poemario, está incumprindo a 'non publicación' e a parte do 'anonimato'.
Non creo que ninguén 'proiba' emprego de ningún recurso. Pero temos que ser conscientes de que publicar nun blog, anque non remunerado, é entendido por todos como 'publicación', e como elemento excluínte dos premios que esixen carácter inédito.
Señor Lama, se Miguel González Garcés ve esta historia que vostede montou para gañar o premio que leva o seu nome, garantizolle que vostede nin o cheira, iso senón deixaba os dous finalistas mirando para o ceo.
Magoa que para gañar un premio que leva o seu nome teñamos que andar con lerias.
Aquí que é o que se premiaba?? A mellor obra, non?? E ao final danlle o premio á segunda mellor. Eu supoño que as bases deberan interpretarse ao igual cas leis, pero claro nun país de dereitas todo debe ser estricto.
O resumo é que gañou a segunda mellor obra, non hai máis lecturas. Xavier Lama terá toda a razón do mundo a nivel administrativo pero polo visto, non a nivel literario, e polo que vexo, disque se considera escritor.
sr. maiakovsky acho que as palavras de miro villar("as versións anteriores á edición definitiva ou testamentaria por parte do autor teñen a consideración de material de traballo para a crítica textual, mais en ningún caso se chegan a considerar como textos definitivos do autor".) som bastante explícitas em si mesmas.
de todas as formas alguém tem o livro presentado a concurso nas suas mans para saber se tá edito ou nom? como é que o senhor lama pode acceder a material que só deveria tar nas mans do júri? será que há algum topo no comisariado? por que o senhor lama fez a primeira impuganzom do premio sem contar com um asesor literario que lhe explique o que é um working progress? é necessario trepar por cima dos companheiros para ver o nome na lapela?
aqui há demasiado gato encerrado...
work in progress, desculpas...
Cubre-se de glória o senhor Lama! Vai passar a história por se o ganhador que nom ganhou o González Garcés deste ano.
Para além das queston técnicas, di muito sobre o sentido estético e ético do senhor Lama a sua actuaçom. E, por certo, se a obra nom está publicada, como é que tivo aceso a ela?
Quem do juri decidiu dar-lhe a volta à primeira decissom?
Merda de sistema literário, isso é o que temos.
Felicito ao único membro do juri que conservou a dignididade e a honra. Felicito a Eduardo, mais umha vez por ter ganhado o prémio este ano, e pola sua decisom de nom seguir esta batalha nos tribunais.
Os direitos de autor/a é aqui que estám em jogo, nom na recaudaçom a mao armada polas bibliotecas e as copisterias!
Numa leitura crítica do acontecido (embora o sentido comum após a leitura das "Bases" diga que o prémio deveria ser concedido ao poeta Eduardo Estévez e não ao segundo -não entro a valorizar a qualidade literária de Eduardo Estévez-) vemos, mais uma vez, uma das doenças endémicas da nossa literatura nacional. É assim: um poeta ou uma poeta não é um caçador ou uma caçadora de prémios, ou não deverias de ser. A poesia deve ser -porque é- OUTRA COUSA. Um poeta ou uma poeta desenham uma arquitectura luminosa sobre a palavra por amor à palavra, por vontade de expressar e por ser um ou uma com a palavra, ou por muitos outros motivos, literários, humanos, linguísticos inclusive, etc., mas não por ficar à deriva na procura do reconhecimento ególatra ou do prémio de turno. O verdadeiro prémio é o valor da escrita, a palavra criada. Não digo que esse caso doentio seja o caso de Estévez ou de Lama, mas o acontecido reflecte e refere claramente uma situação doentia na nossa literatura (como noutras): a perigosa doença da premite aguda, toda uma epidemia em expansão que ameaça com devorar a nossa literatura nacional desde o centro, na escravidão da palavra morta, assassinada por um título, um prémio, uma coroa dourada.
Isto faz-me lembrar aquela citação que tem o livro de Celso Álvarez Cáccamo intitulado "Os distantes" e que foi escrita polo escritor Avelino de Sousa:
"Não desejeis, poetas, coroas de louros
ou outras, ainda que singelas, sobre as frontes,
porque são frágeis as folhas, cedo secam."
Saúde, reflexão e poesia desde as margens, livre.
Canta razón tes, Xavier, mais o que foi e será sempre un tongo ignominioso é o colegueio que gastan todos os literatos do Réxime que ti chamas "literatura nacional".
Viva o antisistema literario!
Saúde e liberdade (da de veras).
Unha pregunta dende a humildade:
cal é a razón de que na meirande parte das bases dos premios literarios se inclúa a cláusula "traballos inéditos"? Eu sempre pensei que a razón desta cláusula, entre outras ademais das que se comentaron arriba, era manter en segredo a identidade do autor.
Non é un pouco absurdo mandar unha plica e ter o traballo en internet? (por moi sen rematar que estivese) ese traballo non era anónimo e posíblemente fose coñecido por algún dos membros do xurado.
Perdón, expreseime mal ao final
quería dicir que podía ser posible para o xurado coñecer a identidade do autor.
Bom, o assunto é desagradável mas as "bases" (bases é españolismo deveria ser regulamento) e a questão do inédito é para salvaguardar o perante o júri anonimato da obra apresentada. No caso de Eduardo Estevez é claro que qualquer pessoa do júri poderia saber quem era o autor, e isso é o que os regulamentos de qualquer prémio literário rigoroso tratam de evitar. Doutra maneira, sim que poderíamos estar perante um caso de "colegueio", embora este dum autor novo, da geração dos 90 e com blog. Ou é que qualquer grupo humano não cria o seu próprio sistema? No meu entender, a argumentação de Lama é correta. O resto, admita-se são posições de simpatia para um ou outro autor.
fillotolo #5: Aquí que é o que se premiaba?? A mellor obra, non?? E ao final danlle o premio á segunda mellor..
1.- Premiabase, polo visto, non a mellor obra a secas, senón a mellor obra presentada baixo o anonimato. A de Estevez debeu ser a mellor obra a secas, pero podía asociarse a un nome e apelido. Por tanto non cumpría os requisitos requeridos.
2.- Se hai que criticar algo aquí eu criticaría a redacción das bases e non a resolución do xurado, que entendo que se limitou a cumplilas, obviamente en contra do seu parecer estético e literario.
Totalmente dacordo co dito por modelo en #13
Postura de Eduardo Estévez sobre a cuestión do anonimato da que falabamos nos comentarios anteriores:
"8.Canto á alegación presentada á cláusula TERCEIRA das bases (que dice, literalmente: “As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono”), a Deputación pode dar fe de que o libro foi presentado baixo plica, cun título e un lema, polo que non se entende a que violación desta cláusula se refire a alegación.
9.Con todo, atendendo ao espírito desta cláusula que procura o anonimato dos textos para non viciar a resolución do premio, o xurado está no seu dereito (aínda que non o respalde unha lectura estrita das bases) de, antes de emitir o fallo, desbotar un libro porque pode recoñecer a súa autoría por haberse difundido algún dos textos que o compoñen en publicacións colectivas ou mesmo en recitais poéticos. Porén, unha vez que o xurado falla de boa fe e en exercicio da súa indiscutíbel profesionalidade, non parece pertinente que este mesmo dereito de veto se lle conceda a calquera persoa por que tivese coñecemento previo da obra."
zigor_strogoff #11,
perguntas: cal é a razón de que na meirande parte das bases dos premios literarios se inclúa a cláusula "traballos inéditos"?
Não é bem assim. Nas bases dos prémios literários (especialmente nos poéticos, que são mais facilmente publicáveis parcialmente do que um romance ou uma novela) não costuma incluir-se a cláusula "trabalhos inéditos", mas "poemário inédito", "obra inédita" ou "livro inédito". Pode parecer uma subtil diferença que não interessa, mas aqui sim interessa. vejamo-lo: é bem diferente que as bases digam A) "o poemário apresentado terá de ser inédito" ou B) "todos os poemas da obra apresentada deverão ser inéditos". O que normalmente aparece nas bases é a opção A). Portanto, para o caso, Eduardo Estévez deveria ser o ganhador, porque o livro, o poemário apresentado não tinha sido publicado em nenhum formato, quer digital, quer em livro. Além disso, os poemas publicados já não eram os mesmos, e lembro que há pessoas que têm prémios na Galiza por livros dos que previamente foram publicados poemas nalguma/s revista/s.
Também quero dizer que o anonimato do/a autor/a nos prémios literários é um conto. O sistema da "plica" é facilmente manipulável. Se o autor indica a um membro do júri o seu pseudónimo, já está a identificar-se se quer. Além disso, estive uma vez num júri de um prémio literário e reconhecia textos porque os tinha escutado em recitais, porque se distingue o estilo, etc., e fui imparcial na mesma, como o resto dos meus companheiros do júri. As bases há que respeitá-las. E o júri neste caso não as respeitou (excepto uma pessoa) nem as entendeu, obviamente. Mas normalmente (paradoxalmente) as bases costumam indicar que as decisões do júri em casos conflituosos são inapeláveis. Portanto, haverá que respeitá-las, mesmo que não façam nenhum sentido ou sejam contraditórias.
Saúde e liberdade!
a obra foi presentada baixo un título diferente e com um pseudónimo de ramom caaveiro pelo que me parece dificil associar nada. de facto poderia ser eu a presentar com esse nome e esse alcume ou qualquer. ainda mais os textos do blogue nom têm isbn e qualquer de nós poderia verniza-los e apresenta-los como próprios incluido o senhor lama. aliás as palavras de forcadela deixavam bem clarinho que os primeiros surpeendidos por saber quem era o autor eram eles próprios.
claro que o leitor atento pode reconhecer facilmente um texto de iolanda castanho, chus pato ou reixa porque todos têm um estilo característico mas as bases som as bases e se no pseudónimo nom pom o nome real, o título nom corresponde com nada publicado e os poemas nom som os mesmos, é lícito retirar o premio? ou é que alguém cre que o que há no blogue é material suficiente e de qualidade para ganhar o garcés? eu ali só vi uma quantidade de textos que nom dá nem para encher a folha parroquial e que nom tem coherencia de livro, nem de poemario...
acho que o colegueio que diz moledo anda por outras partes... nom vejo claro como ninguém dos que aqui participa explica em que consiste a razom de se realmente estava editado ou nom e menos como se podia associar a plica ao autor, será que nós nom temos acceso ao datos que tem lama? bem, esta nom é a primeira vez que há tongo num premio literario deste sistema e também nom será a última... nom concordo com o que se diz de rigorosidade neste premio... aí rasca algo no comisario... há informazom confidencial que sai do ámbito do júri, este autor tem dois accesits no garcés... e estamos a falar dum autor que tem um premio europeu de poesia aliás de ser um dos fundadores de letras de cal! é só esperar, que neste sistema todo se sabe...
eu persoalmente nom gosto desta poesia de 90 mas os meus gustos literários nom fazem que nom fique surpreendida pela luta dos gabinetes. acho pouco elegante nom admitir ser a segunda obra... se o senhor lama quissesse publicidade ia te-la igual porque o accesit também o publicam mas a arrogancia e o peseterismo levam a estas coisas. devem estar que trinam os escritores...
Calquera q sexan as bases, as novelas premiadas... A verdade é q semella algo ben feo q un colega lle faga iso a outro.
Unha mancha no currículo do X. Lama.
...o que pretendo dizer é que, sendo a atitude de Lama deselegante ou pouco popular neste caso no meu entender não está muito afastada da de Eduardo Estevez porque não existia garantia do anonimato ao estar o material, fragmentos do texto, publicado (si, publicado) no blog. Para mim isso é jogar com vantagem. A pergunta é: por que a mesma indignação que se tem contra Lama é mais benévola ou inexistente pelo facto do outro autor ter fragmentos publicados no blog e apresentar-se ao prémio? Não será afinal uma questão de simples simpatias e afinidades de idade, blogueiras não blogueiras? Claro que o nosso sistema tem gabinetes, mas também lobbys muito activos, cada vez mais estruturados, à volta de blogs e as suas comunidades...e este facto era o que queria aqui colocar. Saudações.
sabelinha #18:
O que trato de explicar (entre outras cousas) é que com o sistema de pseudónimos também se pode favorecer um autor ou autora. Vejamo-lo. Ponhamos que eu estivesse no júri. Apresentas-te tu com o pseudónimo "Artábria" (por exemplo) e dizes-me pessoalmente que te apresentas-te ao prémio com esse pseudónimo porque sabes que estou no júri, ou dizes-lho a algum amigo em comum. Eu poderia favorecer no resultado final. Contudo, apenas seria um voto. Mas imagina o que se pode fazer quando há "amizades" (para mim a a mizade é outra cousa, por isso uso aqui as aspas) entre todas as pessoas do júri e um/a autor/a que se apresenta.
Saúde!
moledo #20:
Eu não tenho um especial interesse na poesia de Estévez e defendo que deveria ser ele e não Xavier lama quem ganhasse o prémio, simplesmente por aplicação do regulamento do certame, das referidas "bases".
Repito: isto já tem acontecido antes com prémios literários a outros livros (e eram publicações de poemas em revistas em papel prévias à publicação do livro).
Saudações!
recolho do blogue http://cabaretvoltaire.canalbl... uns apontamentos que me parecem dar em muitos cravos...
En primeiro lugar. A poesía é un xénero difícil o seu público é acérrimo mais escaso, isto implica que o único reoñecemento que pode ter un poeta pasa, necesariamente, pola vía dos premios. Non obstante nos últimos anos, a revolución tecnolóxica permite a moitos autores publicar dun xeito sinxelo, ben sexa a través dunha bitácora ben a través dunha páxina persoal. Considerar que a obra que aparece nun deses medios é unha obra editada desmerece, mesmo insulta, a todo o colectivo editorial e o seu traballo.
En segundo lugar. Lanzo agora unha pregunta. O precedente creado por esta decisión podería chegar a acabar cos certames literarios no noso país? Eu persoalmente coido que non, mais si establece perigosas implicacións para os premios literarios. Especialmente se coñecemos o intrincado das relacións literarias na nosa terra. Poderiamos chegar ao momento de que se recusen membros dun xurado? poderá chegar o momento no que algún colectivo considere discriminatorio que un certame esixa que a lingua dunha obra sexa o galego? Agardo que todo quede nunha anécdota.
Por último. Unha puntualización na que probablemente estea equivocado, mais un accésit non é un segundo premio. Tal e como recolle o dicionario da Real Academia Galega: Accésit s.m. Recompensa inferior ó premio, que se concede nun concurso.
Polo tanto, creo, a descualificación do cabaleiro Estévez do premio González Garcés non implica que o señor Lema se aupe ao primeiro posto, senón que este debera quedar deserto.
Choriminha: compartilho o que dis no último parágrafo do teu comentário (#23). Eu penso que o juri tinha duas opçons:
a)Manter-lhe o prémio ao Eduardo, e recomendar a revisom e modificaçom das bases para futuras convocatórias.
ou b) Tirar-lhe o prémio ao Eduardo, recomendar a revisom das bases, e declarar deserto o prémio, mantendo o accesit ao Lama.
A opçom c) que eles tomaram, dando-lhe o prémio ao Lama, fai supor que havia intereses (escuros ou claros, tanto tem) em dar-lhe o prémio ao Lama. De facto, nom entendo como em só três dias depois de conhecer o primeiro falho do juri, o Lama já apresenta alegaçons: se nom podia ainda conhecer a obra premiada. Como sabe quais poemas e quais nom componhem o livro do Eduardo? Nom será que alguém no juri filtrou informaçom?
O dito, triste espectáculo.
Paréceme un debate flipante este. Sen entrar en si Lama debería ficar do seu posto (ignoro se o premio obriga a que haxa un gañador) creo que fóra de todo debate conceptual acerca de "obra", non me parece normal o que fixo Estévez. Colgas x poemas no teu blog e anuncias que te vas presentar a un premio? Veña home, a min non me gustaría gañar do xeito en que o fixo Lama pero estou alucinando cos comentarios de Estévez e dos seus colegas. As bases son as que son, neno, polo menos nesta edición.
pois de 2006 a 2008 mira que non houbo premios de poesía aos que presentarse... hai algunha indicación no blog que se refira ao garcés? e as bases son as que son pero hai que lelas antes de opinar porque precisamente o que interesa neste caso non é quen leve as pelas ou non(a eles seguramente si)senón que estamos atrasadiños en alguns aspectos respecto á literatura e nunca avanzaremos se as novas tecnoloxías e os novos recursos non se incorporan ás expresións artísticas. ou é que queremos quedar sempre no carro, escribindo en pluma de ganso e pergamiño? se falaramos de cine seguro que non tería muita dúbida, evusca#25, en argumentar que pagas a entrad do cine para ver unha peli porque o trailer non é o mesmo que ver a película. nom mesturemos churras com merinas...
legalmente ten razon lema.tratase de preservar o anonimato no de "non-publicado".O curioso é que lama teña acceso ao libro presentado por estevez.moralmente o de lama non parece limpo;cheira a cousa burocratica pra gañar os cartos...non era abondo con publicar as obras?
penso que os dous se confundiron.e como leitor non me gustan os autores especializados en premios.
Lama xa gañou o Esquío... en fin... o Esquío... non é o que foi
Bonito espectáculo. O que lle faltaba á nosa poesía e ao "académico premio" González Carcés!Moitas dúbidas por resolver:
1. Se agora Lama é primeiro, quen é o novo accesit?
2. Un repaso exhaustivo aos premiados nos últimos tempos tamén resulta interesante: relacións, liñas de forza, gravitacións, inercias...
3. É realmente competente o xurado? Se o é, que aclare xa este (re)incidente.
4. Que aportou o señor (¿) Lama á nosa historia literaria? Pois iso, un incidente.
Saúde a Albertiño, amigo Garcés.
Ah! E por que non unha antoloxía Estévez-Lama? Un anaco dun poema de Labarta Pose que creo axuda:
Veñen eses cartos?
...Que o que inspira o meu acento,
e me fai perder as chavetas
e reloucar de contento...
francamente! Son as cento
e vintecinco pesetas!
E revolvéndome os sesos
conta que te contarás
vexo que os cartiños esos
suman... vintecinco pesos!
que fan ...quinientos reás!
E se o premio me concede
mire, señor presidente
heille de dar a vostede,
caladiño o conto quede!
pra unha copa de augardente.
Déanmo a min pois, e prometo,
se non mo toman a mal,
que, co debido respeto,
tamén lles darei pra un neto,
aos outros do tribunal.
Xavier Lama. Ouh! (desculpas) Labarta Pose
Que sorprendente é todo isto!
Acúsase aquí a Lama de ter algunha relación espúrea co xurado por coñecer que se utilizaban no libro textos do blog, cousa que declarou o propio autor en Vieiros cando se fixo pública a concesión do premio, e non se acusa a Estévez, que foi a quen ese xurado premiou inicialmente e que como mínimo, e como el mesmo publica no seu CV, é traductor dalgún membro do xurado. (E diria que calquera xurado faría o que lle tocou facer a este moi a contragusto e só baixo un categórico imperativo legal -para iso están os servizos xurídicos da Deputación-, o que tal vez explica tamén a "xenerosa" retirada de Estévez).
Acúsase aquí a Lama de ser peseteiro por impugnar un premio que tal vez considerou que desbordaba o aceptable nunha "competición en boa lide", e non se acusa a Estevez de peseteiro por presentarse a un concurso sen molestarse en montar un poemario diferente do que montara no blog. Por non dicir que, como sabe ben calquera que se enfrontase a unha situación parecida, dar un paso coma o de pór un recurso é sempre unha batalla quixotesca, porque sempre se vai saír perdendo: aos xurados non lles gusta que se cuestione a súa decisión e normalmente van a por ti, polo tanto o máis probable que se podería calcular tal vez sería que, aínda en caso de verse obrigados a aceptar as alegacións, sería pouco probable o que resultou, que sairía beneficiado persoalmente o impugnante. E por suposto o perxudicado vai tomalo como afrenta persoal e xurarcha por toda a vida.
Clámase contra o efecto negativo da publicación na rede para lograr un premio literario como se iso fose unha prohibición taxativa de uso das novas tecnoloxías na literatura galega! (é necesario aclarar que isto só condena o descaro da reutilización de materiais publicitados na rede para intentar gañar un diñeiro "en mala lide"?) E ponse como exemplo o equiparable (e na miña opinión tamén pouco aceptable desde o punto de vista moral, se non legal) recitado público ou a publicación en revista dalgún poema doutras obras premiadas en plan "moito coidadiño, que vos convén calar a todos, que podemos rascar onde vos doe!" Uiuiuiiii!
Na miña opinión, este caso pon en evidencia que, efectivamente, o colegueo abunda na leiriña da nosa literatura (véxase como ferve a bogosfera, onde Estévez é tan coñecido e admirado) e que vale máis calar e tragar, se non queres alporizar o galiñeiro e crearte unha imaxe perigosa.
Sr. Lama, tome nota.
A participação e debate em VIEIROS não respeita a liberdade de expressão.
São vários os espanholistas que escrevem palavras obsenas e o acesso não é cortado.
Pelo contrário usuários educados como: Galeguismo, PedraCorado, MinhoGalego, VerdadeiroGalegoaNorte, GalizaLivre, GalegoColonizado, GalizaVerde, ZecastroCurunha, ZecastroCurunha2, XosePinto, ManoelGalego, AntonioSilva, RealistaGalego, Galego2008, LiberdadeGaliza, Independentista e Outros foram cortados do acesso a Vieiros.
O que têm em comum:
- Escrevem em galego na norma Internacional.
- Defendem a autodeterminação para a Galiza com todas as consequências.
- Defendem a paz,são contra todas as formas de violência.
- Apelam à união de todos os galegos pela Pátria, pedindo para olvidar ideologias enquanto a Galiza não for livre dos seus destinos.
- Defendem a cultura e o idioma materno.
Acresce ainda que votações positivas nos seus comentários são feitas mas não aparecem, não se sabe se as negativas são verdadeiras.
Assim não há credibilidade nestes debates.
Depois desta denúncia, devo ser mais um cortado ao acesso a estes debates. Por isso possivelmente não vou poder responder a qualquer questão.
Por certo, alguén leu ao recentemente suicidado David Foster Wallace? Seica este home abominaba do imperio google e desa pretendida modernidade que contempla a realidade mediatizada polas novas tecnoloxías, escribía obras e artigos de prensa longuísimos e prefería facelo con boli+papél (e cunha navalla de barbeiro ao lado, diría eu), e disque escribiu unha das cen mellores novelas en lingua inglesa. Era un paletiño David F. Wallace ou estaba de volta desa necesidade de ter que demostrar ser máis moderno ca ninguén? Por certo, é moi gratificante que haxa tanto blog e tanta creatividade na rede en galego, pero tampouco vai ser iso o que nos poña no mapa da literatura universal, digo eu. Isto de valorar tanto calquera cousa porque enche un oco do sistema xa vai cheirando a broma infinita.
E aínda máis, eu diría que o feito de que unha obra gañe un premio, ou que quede finalista, non implica que sexa a mellor, ou a segunda mellor. Simplemente significa que gustou máis a un grupo de xente que cadran ser xurado e iso en función de moitas cousas: do gusto subxectivo de cada un, do canon imperante, da liña poética que se considera razoable potenciar nun momento determinado,etc. Se cadra "a mellor" non a leremos nunca. Quen sabe?
Moito maximalismo anda por aí: disque a de Estevez é a mellor, sen ningunha dúbida, porque o xurado a premiou inicialmente, sen embargo ese mesmo xurado algúns insinúan que é corrupto cando por unha cuestión xurídica ten que descartar a súa primeira elección e decidirse por outra. Así que a súa primeira elección é superválida e vai a misa, e a segunda non. ?????
Por outra banda, anda por aí a xente queixándose de que se explican cousas no seu blog a ver se despois non van poder presentarse a premios. Pois efectivamente, faltaría máis! Se te vas da lingua no blog, ou nos recitais públicos ou nas revistas, non é moi ético ir con iso a un premio e terás que inventar algo novo, colega. Éche así. E se non che dá para tanto pois non te presentes, ou espera un pouquiño a soltar aos catro ventos as túas pérolas creativas. Primeiro unha cousa e despois a outra, ou primeiro a outra e renuncias á unha.
É que ir de puros e despois enrabecharse porque non vale todo tampouco é...
isto xa parece unha comedia de walter matteau e jack lemmon, aderezados co jerry lewis lusista de turno.
Estou con eli#26 no da confusión de churras e as merinas. Escribes a un blog falando de churras (que a alguén se lle retire
un premio por incumprir as súas bases) e contéstanche falando de merinas ("o que interesa neste caso"). Efectivamente, de
2006 a 2008 houbo moitos premios como para saber a cal se presentaba Estévez, direi máis; nun país con tanto Pierre
Menard pouco importaba que bastantes dos poemas xa puidesen ser lidos por calquera, porque calquera podería telos escritos como fixo Estévez. Concordo con eli#26 nos aspectos que nos atrasan na literatura e nos premios. Creo que do debate sairá gañando en prestixio e respetabilidade a web: no futuro/presente incluirase nas bases dos premios a eliminación da súa "visibilidade pública" dos textos, sexa en edición ou na Internet. Por último creo lembrar que hai unha figura retórica, a sinécdoque, que confunde a parte polo todo, como por exemplo un trailer cun filme. Pero aquí non creo que haxa ninguén tan iluso como crer que tendo visto un trailer xa veu a película ou para presentarse a un premio incumprindo as súas bases e alporizarse cando se demostra iso, ou si?
En realidade, creo que é máis creativo aínda o debate que a obra de calquera dos dous seismileuristas. Acaso é todo unha trama e eles, logo de tácito acordo, crearon este absurdo absurdo.Na estratéxica e minifundista poética galega é un novo camiño crítico de investigación para tamén todo ese abano de críticos e avogados defensores de un e outro que comentan a inercia do verso na fin do século etc etc etc etc Se así for (o da estratexia común Lama- Estévez e acólitos) conclúo afirmando que "até o infinito e máis alá", que dixo Garcés ou Esquío ou...