Aínda que algo máis tarde, Galiza tamén se verá afectada pola situación económica global. Varios expertos e implicados analizan en Vieiros causas, consecuencias e solucións á crise.
A economía depende de máis da construción
Menor crecemento económico, máis restricións crediticias ás pequenas e medianas empresas, suspensións de pagos, despedimentos, ... A crise global, que esta semana viviu un episodio máis coa desfeita financeira en EUA, vai bater -máis tarde, mais con forza- tamén na nosa economía.
Como chegamos a esta situación e como habemos saír dela, son cuestións analizadas por algúns expertos e implicados consultados.
Xosé Domingo Barro, secretario de Formación e Emprego da UXT
Antes de mudar o modelo esfameam-nos a todos, e se alguém protesta vai na cadeia.
Curioso. Os "esquerdosos trasnochados" levam uma década denunciado a virtualização da economia, na que a especulação sobre as opções a especular numa especulação especulativa, produziu uma situação em que o capital que circula por esa economia global neoliberal não é real. É fumo. Os próprios neoliberais "intervecionistas" levan apenas uns anos falando do perigo do "fumo", porque pode levar não dessas tradicionais crises cíclicas do capitalismo, que até o próprio capitalismo sabe rentabilizar, senão a um colapso.
O FMI leva meses a pôr as suas reservas de ouro em circulação.
Mas os neoliberais de segunda divisão (os pepeiros tecnócratas do opus dei e os socialistos "del pucherazo") no seu reino fascista resultante da reconversão a dictadura franquista autárquica e intervencionista a um neoliberalismo selvagem vestido de democracia occidental, seguem o seu discurso mudo.
A crise económica resultante de fulminar os sectores productivos (já raquíticos e decadentes) com a entrada na CEE, agora disfarzada de UE, é considerada uma crise cíclica "del ladrillo". E até têm os colhões de dizer que simplesmente há durar 2 anos.
Na crise "del ladrillo" não se fala de que esta começou oficialmente o dia no que o monopólio do Emilio Botín (irónico nome) sacou todo o seu capita a inversões no extrangeiro, fugida de capital à argentina, dissimulada na compra de não-sei-que banco inglês, retirando todo o capital invertido no sector imobiliário. Foi quando "quebrou" Martinsa. O grande monopólio que enguliu outro monopólio chamado Fadesa, e outros muitos sub-monopólios. Operação que para escándalo público, é bem sabido que de mútuo acordo com o ZP se adiou até passar as eleições gerais.
Agora dizem-nos que é a resaca do que se passa em USA, na "guerra na Geórgia", etc, etc.
Apriétense ustedes el cinturón, trabajen 13 horas diarias, paguen más impuestos indirectos, que papá estado necesita ese dinero para que no baje el nivel de vida de los emprendedores y gente de bién de la cumbre de la pirámide social. Esa que ya no existe porque ya no hay clases.
Esperam muitos meses de "problema basco", "a por ellos, oe!" e tudo tipo de distrações das mentes mansas e obedientes.
Moi interesantes as apreciacións do Benigno Pereira, aproveita-se toda a locución. No referente ao profesor Rego, hai que dicir que o que di é o contrario do que poñedes en escrita, alguén tivo un fallo...
DUZIAS DE MILLÓNS DE $ PARA SALVAR A BANCA TROGLODITA E NADA PARA SALVAR NINGUNHA POBLACIÓN: ése é o síntoma da enfirmidade terminal.
http://www.rebelion.org/notici...
Moi interesanteas as túas aportacións Mceleiro, pero pensa que tanto o Santander de Botin, como outros grandes bancos, non estan salvados, os seus donos poden levar as súas fortunas a Suiza, Arxentina ou onde queiran, pero os bancos teñen o seu mercado aqui, e se o mercado resintese moito, o banco quebra. Eso é o bó desta crise, que pode afectar os bancos e o gran capitalismo español.
Agora lémbranse de que hai que mudar o modelo produtivo. Claro, agora que o mercado inmobiliario desfíxose como unha torre de naipes e xa non se vende nin un piso, agora din que non podemos basear a economía no ladrillo. A isto chámase facer da necesidade virtude. Pena que non o pensaran hai uns anos, antes de que desfixeran a vilas mariñeiras galegas baixo millóns de toneladas de formigón.
Hai que mudar o modelo produtivo e o sistema en xeral!
Ollade as razóns:
http://augasceives.nireblog.co...