Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TREME WALL STREET

Lehman Brothers vai á creba e Bank of America merca Merril Lynch

Os xornais estadounidenses resaltan que a economía sufriu unha das fins de semana máis "dramáticas" da súa historia.

Redacción - 09:00 15/09/2008

A economía estadounidense vive nas últimas horas momentos especialmente convulsos. Un bo exemplo é o que está a acontecer en Wall Street. Lehman Brothers declararase este luns en creba mentres que os directivos de Merril Lynch aceptaron unha oferta de 44 mil millóns de dolares de Bank of America para evitar que a sociedade de investimento tivese que ir tamén á creba.

A prensa de EUA sinala que esta fin de semana foi unha das máis dramáticas, dende o punto de vista económico, que se lembran no país. Ao longo de toda a xornada do domingo, o banco Lehman Brothers, con 158 anos de actividade, intentou por todos os medios unha luz para saír da crise. A entidade financeira Barclays retirouse da poxa polo banco estadounidense.

Máis sorte tivo a entidade Merrill Lynch. O Bank of America, o segundo con máis recursos de EUA, chegou a un acordo para mercar esta empresa por 44 mil millóns de dólares (perto de 31 mil millóns de euros), segundo adiantaba Washington Post.


Máis información aquí:

Wall Street Journal: Crisis on Wal Street as Lehman Totters, Merril Is Sold, AIG Seeks to Raish Cash

Washington Post: Lehman Bros. Prepares for Brankruptcy Filing

New York Times: After Frantic Day, Wall St. Banks Falter


5/5 (4 votos)


Comentarios (9)

Carlinhos #1 15/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Capital é parvo dum pé; fam-na os porcos, pagam-na os bacorinhos; arde a casa, aquentar-se aos cangos.

amoscaesquerdosa #2 15/Setembro/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mesma historia de sempre:
Engordan co seu neoliberalismo e cando lle veñen as vacas fracas, fanlle pagar a crise ao Estado (á xente, aos contribuíntes...)
Menos mal que os franceses empezan a entender: ver hoxe (porén o seu intento manipulador)a reportaxe aparecida no dia Público (publico.es)sobre Besancenot e o proxecto do Novo Partido Anticapitalista. Aínda hai esperanza.
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Tino #3 15/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta é a herdanza q deixa o neo-cristianismo ultraconservador aos EUA e ao mundo: un subnormal presidindo o governo mais poderoso do mundo, e a metade do país devecendo por votar ao seguinte candidato dese partido neo-nazi, q hai q lembrar q McCainn é unha peza do actual desastre que viven e nos fan vivir.

ecoe #4 15/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E Obama o outro cabo da peza

Carlinhos #5 15/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tanto dá toucinho coma soá.

edreira #6 15/Setembro/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dáse conta señor Touriño e Cia. polo que as eleccións deberan ter sido xa.
Esta crise non lle é ningunha chorradiña. E aínda non temos nin idea se estamos escomezando, a medio camiño ou rematando.
Póñanse as pilas ben postas como Goberno e a oposición que deixe de esbardallar, unha palabra mal dita pode escomezar o que ninguén quere.

Carlinhos #7 15/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Das cereijas aos nabos bem o passamos; dos nabos às cereijas dámos as queixas.

Atlantico #8 15/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Trolls aparte, o banco ese que quebrou tiña unha debeda de non sei cantos billóns de pesetas, esto fai que moitos bancos, posiblemente algúns do estado español, non poidan cobrar debedas e teñan problemas. cantos máis bancos quebren mellor.

Carlinhos #9 15/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O dinheiro chama um polo outro, mais o moito polo pouco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete