O galego descolgou, a cinco quilómetros da meta a dúas 'figuras' coma Sastre e Valverde. O líder do Xacobeo conseguiu distanciarse de Sastre, e segue cuarto. Contador gañou a etapa.
O ciclista líder do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, segue a ser cuarto na clasificación xeral da 'Vuelta a España', a 4.35 do líder, Alberto Contador. Ademais, vai a menos dun minuto de Carlos Sastre, de quen se distanciou hoxe nunha heroica etapa na que atacaba a cinco quilómetros da meta.
Mosquera foi descolgando ciclistas (entre eles Valverde e Sastre) e quedou só con Contador e Leipheimer. Os dous ciclistas do Astana fóronlle á roda todo o tempo, e a pouco da meta arrincaron os dous, cousa que amolou ao director deportivo do Xacobeo Galicia, Álvaro Pino, quen se amosaba, en declaracións á Radio Galega, "anoxado polo comportamento barriobaixeiro" dos corredores do Astana. Para Pino o normal é que despois de irlle á roda a Mosquera arrancara primeiro un e despois outro, e non os dous á vez, despois de facerlle ao de Teo cargar con todo o traballo case até a meta: "un dos dous debería colaborar (...) non pido que lle deixen gañar a etapa, pero que se comporten doutro xeito, porque o rival deles non é Ezequiel, é Sastre".
Tamén Ezequiel pedía unha axuda que non chegou. Foi el quen marcou o ritmo fortemente, cos Astana Contador e Leipheimer pegadiños ás súas costas. E cando lle ía pedir unha contraprestación ao líder da rolda polo seu esforzo, o de Pinto comezou a pedalear, facéndose coa vitoria cunha facilidade pasmosa. "Como un sputnik fronte ao meu motor Perkins", dixo Mosquera.
Por outro lado, os corredores do Xacobeo, David García Dapena e Gustavo César Veloso tamén fixeron unha moi boa etapa, escalando posición, García é vixésimo e Veloso vixésimo sétimo. O equipo ciclista profesional galego é cuarto na clasificación xeral por equipos.
As impresións de 'Zeq'
Ao terminar, Mosquera sinalaba que con esta etapa desquitábase do mal que o pasou o sábado en L'Angliru, onde quedou sen auga e sufriu cambras antes de entrar na meta. Nas súas palabras descríbese o que sentiu "dinlle sen mirar atrás e mesmo soñaba con gañar a etapa, pero os ciclistas de Astana non tiveron piedade e rematáronme ", afirmou, ao tempo que confesaba que o podio "téñoo difícil. Sastre é un grandísimo rival e vexo complicado poder recuperarlle case un minuto na cronoescalada do penúltimo día. De todos os xeitos, heino tentar; as cronoescaladas sempre se me deron moi ben".
Os pactos de Contador e Valverde
Polo seu lado o posuidor do xersei de ouro, o madrileño Alberto Contador revelou que tiña pactada esta etapa con Valverde: "Falamos antes da etapa; a idea era que el quedase co triunfo parcial e eu coa xeral, pero non puido seguir o ritmo de Mosqurera. Eu falei co coche e, ao final, decidimos ir polo triunfo da etapa. Oportunidades así non se poden desaproveitar".
Esto do ciklismo e unha karalhada total. EPOs, Paktos. Non merece a pena nin unha nova.
Moskera. O levas marisko o non hai podio. Lévales unhas vieiras de Toñí Vicente e akaba con eles.
sucio Contador!!!
se axudaran e relevaran a Ezequiel na subida agora Ezequiel sería terceiro e eles estarían máis distanciados.
BRAVO MOSQUEEEEEEEEEEEEERA!!!
Grandísimo Ezequiel!!!!
Loitando contra todos e contra o desprezo dos medios madrileños que só coñecen ás súas figuras que inventan e promocionan. Moi ben! Nós ao noso...
E ollo, que aínda queda unha semana e poden pasar moitas cousas. Mosquera remata no podio.
Adiante Ezequiel!! Adiante XGZ!!
E paro o ano ao Tour!
Com monadas destas o Contador nunca vai ser um grande campiaõ!
Ganhará e voltará a ganhar mas só demosntrou ser um rasteiro.
Grande Ezequiel!!
Contador posúe condicións para ser un grandísimo campión, polo que aínda se entende menos que recurra a este tipo de porcalladas. Ánimo Ezequiel!
Moi grande ezequiel!
Bonkarallan sorprenderaste das porcentaxes de dopaxe no ciclismo se as comparas co atletismo....
Estou con tuzaro.
BRAVISSSIIIIMOOOOOOOO EZEQUIEL
Ó final o conto de sempre. Os galegos traballando duro para que os madrileños lévense a gloria.
Ánimo Ezequiel!
Bravo polo de Cacheiras (TEO). Os Pérkings ainda funcionan. Xa se lle gripará o TDI ao mezquiño do Contador. Ezequiel traballa e o Contador axúdase dese traballo. Contador será sempre un campión miserento e moi noxento. Mosquera,non te preocupes, para nós eres un campión e mellor persoa. ¡Noraboa!