Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
XOGOS PARALÍMPICOS

Chano Rodríguez acada a súa primeira medalla de prata en Beixín

O nadador galego rematou por detrás do brasileiro Daniel Dias, que nunha carreira moi rápida mellorou os recordes olímpico e mundial.

Redacción - 13:45 09/09/2008
Chano durante unha competición

Chano durante unha competición

Gran carreira de Chano Rodríguez, que rebaixou en case tres segundos a marca coa que acadara a medalla de ouro e a marca olímpica en Atenas hai catro anos. Aínda así non puido co brasileiro Daniel Dias, que lle arrebatou a Chano a súa segunda marca mundial, despois de facer o propio co dos 100 metros libres o pasado domingo. Dias fixo un espectacular tempo de 2:32.32 minutos, co que rebaixou en máis de nove segundos a marca que ostentaba Chano.

Chano comezou moi forte a carreira, pasando no primeiro lugar despois de 50 metros, pero non puido aguantar o ritmo do brasileiro, que fixo os catro parciais por debaixo dos 40 segundos, amosando unha espectacular regularidade. O galego terá a oportunidade de redimirse na carreira de 50 metros libres que se disputará o vindeiro domingo 15.

Gustavo Nieves estará na final dos 5.000 metros

O corredor de Vilalba acadou o pase directo á final de 5.000 metros, despois de rematar a súa serie en terceira posición cun tempo de 15:28.21 minutos. O vencedor da carreira foi o brasileiro Odair Santos.

A final disputarase o vindeiro xoves días 11 ás tres da mañá, hora galega.


5/5 (11 votos)


Comentarios (5)

mnawe #1 9/Setembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PARABÉNS CHANO.
A SEGUIR ASÍ.
TODO UN EXEMPLO E UN ORGULLO, COMO DEPORTISTA, COMO PERSOA E COMO GALEGO(xa podían a prender Oscar Pereiro, David Cal ou a selección galega de futbol...)

semprecelta #2 9/Setembro/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con #1.

Sempre Chano! Parabéns campión.

carlosroca #3 9/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns Chano!. Seguro que vai haber máis....

Alenco #4 10/Setembro/2008 Alenco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alégrome polos teus éxitos.
Con medalla ou sen ela, para nos eres un referente.
Ánimo!

antoniosilva959 #5 10/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PARABÉNS GALEGO.
GALIZA é uma NAÇÃO milenária.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete