Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APERTURA DE CURSO POLÍTICO

Feijoo recoñece que o PPdeG cometeu "erros" cando gobernou

O presidente do PPdeG participou nun acto no Castelo de Soutomaior onde tamén interviñeron Mariano Rajoy, en clave estatal, e Manuel Fraga, fóra do previsto.

Redacción / EP - 17:45 30/08/2008

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, recoñeceu este sábado que a súa formación cometeu "erros" nos 16 anos que estiveron na Xunta, aínda que considerou que o PSdeG e o BNG, que actualmente conforman o Goberno, "recolleron e agrandaron" todos os erros que puido cometer o PP durante tanto tempo.

Nun acto de apertura do novo curso político no Castelo de Soutomaior, Feijoo considerou que hoxe en día Galiza está "nunha situación peor" que hai tres anos e concluíu que socialistas e nacionalistas "non souberon aproveitar a oportunidade" que os galegos lles brindaron nas últimas eleccións autonómicas, cando o PP non logrou revalidar a maioría absoluta.

Feijoo considerou que PSdeG e BNG "están a intentar prolongar a súa agonía política ata o último instante" e, nese sentido, referiuse ao feito de que Emilio Pérez Touriño anunciase que non adiantaría as eleccións nunha "comparecencia excepcional, para dicir que excepcionalmente o presidente da Xunta cumpre a súa palabra". En todo caso, recoñeceu a súa ledicia polo feito de que se complete a lexislatura e de que "por primeira vez en tres anos" o xefe do Executivo galego "fora capaz de escoitar á maioría social de Galiza".

O líder popular dixo que o país precisa solucións "dende xa" e ofreceulles a socialistas e nacionalistas un acordo útil, de prosperidade e futuro relacionado con potenciar a economía e a autonomía. Así, citou acordos para axudar ás familias "que o están a pasar peor", así como en educación, sanidade, deducións fiscais e que "se cre emprego e non precariedade", ademais de apostar polo desenvolvemento sustentábel e unha administración austera. En canto a potenciar a autonomía, avogou por mellorar as institucións e os medios de comunicación públicos, entre outras cuestións.

Ovación a Fraga

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, arrancou eloxiando as medallas de ouro logradas polos deportistas galegos nos Xogos Olímpicos de Beijing e, xa no ámbito político, tamén tivo palabras de agradecemento para o ex presidente do PP e da Xunta, Manuel Fraga, que se levou unha longa ovación dos presentes, que tamén o recibiran con aplausos á súa chegada ao castelo.

Fraga Iribarne asegurou que cando arrancou a súa formación se creou "un partido de centro reformista para ir reformando o que había que reformar sen présas, evitando novas confrontacións", tras o cal concluíu que "ese é o partido que Galiza e España necesitan". Aínda que non estaba prevista a súa intervención no acto para oficializar o arranque do curso político, Fraga tomou a palabra para asegurar que o PPdeG pode ser "máis galeguista que ninguén sen ser nacionalista", xa que para el o nacionalismo "é unha traizón a España e á Constitución Española".

Mariano Rajoy, en clave estatal

Pero a principal estrela do acto foi o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, que falou en clave estatal e avanzou que a prioridade do PP nos próximos meses será afrontar a crise económica e, nese sentido, explicou que formularán medidas de austeridade no gasto público e de recorte de impostos.

Na súa intervención perante 2.000 militantes, segundo a organización, Rajoy lamentou que o goberno español crea "que os problemas se resolven sós" e explicou que lle esixirá ao Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero "que goberne, que faga algo, que tome algunha decisión" e que se ocupe "do que importa", en referencia á crise económica.

"As cousas non se arranxan soas e moito menos nunha crise económica como a que vivimos", proclamou o líder popular, que avanzou que dedicarán á situación económica o primeiro pleno de control no Congreso, onde formularán, entre outras, medidas de austeridade no gasto público, algo "obrigado" nas administracións mentres tamén "os españois e as empresas se apertan o cinto".


5/5 (1 votos)

Comentarios (9)

subela #1 30/Agosto/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No acto tamén estaba Mariano e hai que ver o vén que fala castelán, non ten nada de sotaque galego... Ao mellor é porque nunca dixo unha palabra en galego, se o seu avó levanta a cabeza...

carxeva #2 31/Agosto/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ornean os traidores á Galiza como a momia de Fraga ou o inefábel Rajoil-Prestige.

Gaviotero #3 31/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué obsesión la de algunos con si se habla castellano o gallego. Habría que decir, subela, que Anxo Quintana habla tan bien el castellano como Mariano Rajoy cuando no hay micrófonos delante. Galicia entera habla mayoritariamente castellano, salvo unos cuantos que hablan una variante dialectal de este conocida como castrapo.

antoniosilva959 #4 31/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O erro maior foi nada fazerem em defesa da língua original da Galiza o galego-português na norma internacional. Essa atitude vai custar caro a médio prazo a todos os políticos e à Galiza e seus filhos.

antoniosilva959 #5 1/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em vieiros os temas mais importantes e aqueles que são mais visitados e comentados, estão sempre relacionados com a defesa de nossa língua materna quer seja de uma forma directa ou indirecta.
Para provar esta afirmação temos por ordem os temas mais comentados:
• 1- “¡Non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante...”
• 2-“ Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
• 3"A política lingüística deste Goberno foi continuísta se non de retroceso"
• 4- A AELG achaca as declaracións de Steiner ao seu "descoñecemento temerario" da nosa cultura
Entre 6 dos temas mais comentados estão 4 e a semana passada 5 que dizem respeito è lingua ou ao nacionalismo galego.
O grande acesso ao site de Vieiros tem o posto quase permanentemente em primeiro lugar no Diretório do Google devido à grande quantidade de consultas que estes temas têm mercido. http://www.google.com/Top/Worl...
Isto prova que a consciência do povo galego está cada vez maior na defesa da sua Pátria, Cultura e idioma materno e que o dialecto da RAG só servirá para o Estado gastar milhões dos nossos impostos, porque haverá integratas sempre porque não dependem de o serem para viverem, enquanto os isolatas muitos são, porque precisam para viverem.
A Galiza é uma Nação colonizada . O galego-português na norma internacional é um meio imprescidível para a descolonização da Prátria Galega.
Galiza Federada ou Independente só com o se idioma materno na norma escrita internacional e não com dialectos fabricados no século XXI pela RAG para uma Nação que já tem a sua lígua materna desde o SéculoIX

galego83 #6 1/Setembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O portugués (con todo o meu respeto) para Portugal, aquí falamos galego e castelán, e se non te gusta podes marchar para Portugal, se é que non estás alí xa.

mceleiro #7 1/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El castellano (con todo mi respeto) para Castilla, aquí hablamos castellano y ????????, y si no te gusta puedes marchar para Castilla, si no estás alli ya.

Sara_Mago #8 1/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como se atreve este mequetrefe de Feijoo Parlanchin para decir de Don Manuel ha cometido errores? Errores? Don Manuel? Nunca jamas en la vida. Freijoo hereje.

Barcelos #9 1/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi oportuno Feijóo, recoñecendo os erros e meténdolle a cambadela ao vello.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete