Nunha das mañás máis intensas do bipartito, Pérez Touriño mantivo a incógnita do adianto electoral até o último minuto.
A calor en Compostela é abafante. Ás 13.11 horas, nun estudado ambiente de solemnidade, o presidente da Xunta diríxese en Monte Pío a ducias de xornalistas. As cámaras fotográficas rosman sen tregua e a televisión pública emite en rigoroso directo. Logo dun mes de incesantes ruxerruxes, Touriño sabe que a expectación é máxima e que cada palabra súa vai percorrer o país de punta a punta. Toma alento e mira ao outro lado da sala, os seus ollos buscan un dos seus máis fieis colaboradores: Fernando Salgado, o secretario xeral de Comunicación. O veterano xornalista de Monterroso controla todo o que se move no recinto, como se tivese a sensación de estar contemplando algo xa vivido. Touriño solta o primeiro golpe nada máis que empezar: Non vai haber eleccións este outono. A súa vontade é esgotar a lexislatura e deixa claro que os comicios non van ser antes da primavera de 2009.
O presidente non pode evitar un pequeno sorriso ao ver como se desata outra sarabiada de fotos. Sabe que a "serpe do verán" chegou ao seu clímax. Recompón en décimas de segundo o xesto e ponse no papel que lle toca: o dun presidente con autonomía plena, preocupado polo seu país e con forza para enfrontarse aos elementos. O discurso está estudado ao milímetro. Non hai cabos soltos. Detrás do mandatario está a gran cristaleira dende a que se divisa toda a capital de Galiza. Touriño quere transmitir que ten marxe de manobra con respecto a Ferraz. A elección de Monte Pío e a negativa a abordar o asunto en San Caetano, logo do Consello da Xunta busca amplificar pero, tamén, cargar de simbolismo a mensaxe presidencial: "Só pensarei en Galiza e por iso teño o compromiso de esgotar a lexislatura".
Pero ademais de autonomía respecto a Madrid, Touriño insiste en que el sempre dixo que non se ían adiantar as eleccións. O presidente é un home de palabra e ás veces un tamén é escravo delas, sobre todo cando quedan gardadas nas hemerotecas. E por último, a terceira parte nuclear da mensaxe: O presidente ten forza para afrontar "tempos difíciles" en referencia explícita á crise económica.
Entre a autonomía necesaria e a irresponsabilidade
Sete minutos. Iso é o que dura a intervención do presidente. Agora toca o momento das preguntas. Os xornalistas, incómodos polas horas de suspense afían as preguntas. Pensou nestas últimas semanas en adiantar as eleccións? Touriño abre as mans, encolle os ombros, e di que escoitou a moitos dirixentes pero que "sempre o tivo claro". A resposta non semella xa tan críbel como os sete minutos anteriores. Se iso fose certo: é prudente ter a política galega enredada un mes cun único tema? A resposta parece obvia. A incerteza das últimas semanas enrareceu a relación entre as dúas forzas que conforman o Executivo. O mutismo presidencial e as continuas filtracións aos medios fixeron que a maioría da poboación percibise a fin dun ciclo político. A consecuencia directa de todo isto pode ser unha campaña electoral sempiterna.
Non hai dúbida. Touriño bótalle un pulso a Ferraz cunha valentía poucas veces vista no socialismo galego. O seu principal rival, Xosé Blanco, quería eleccións este ano. As filtracións que daban por feito este adianto nalgúns xornais e emisoras madrileñas crisparon a un Touriño que se sentía cada vez máis desautorizado no seu propio terreo. Hai quen asegura que o entorno do presidente devolveu a xogada filtrándolle a dous medios galegos unha reunión en Monte Pío onde estivo presente Xosé Blanco, Ricardo Varela e un sociólogo de Ferraz.
Mais no PSdeG tamén había voces contrarias ao adianto. A máis potente a de 'Pachi' Vázquez. O coronel do Carballiño deixou ouvir a súa voz a nivel interno: adiantar as eleccións é un síntoma de febleza, de impotencia. Touriño non estaba só. A situación describiuna á perfección Ricardo Varela minutos antes do Consello da Xunta. Nunha emisora radiofónica aseguraba que había motivos tanto para adiantalas como para non; aínda así, deixaba caer enigmático que iso era unha responsabilidade, para ben ou para mal, de Touriño.
A lealdade cos socios e a lealdade co país
Touriño gañou unha baza importante. Foi quen de escenificar que a Xunta está por riba de directrices partidarias chegadas dende Madrid. Mais, na quenda de preguntas en Monte Pío deixou sorprendentes cabos soltos. O máximo mandatario galego recoñeceu que informara ao presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero, da súa decisión horas antes da súa comparecencia pública. A seguinte pregunta estaba cantada: E a Quintana? Touriño encolleuse de ombros e deu por feito que ao socio de goberno non era preciso dicirlle nada.
Precisamente esa falta de comunicación coa outra parte do Executivo é o máis sorprendente. O cuartel xeral de Quintana sufría taquicardia minutos antes do Consello da Xunta. O entorno de Touriño non dicía que si, nin que non, nin todo o contrario.
Non hai máis preguntas. Os xornalistas sacan de móbiles. Á hora de xantar en Compostela os termómetros xa acariñan os 30 graos. Rematada a comparecencia, Fernando Salgado afrouxa aliviado o nó da gravata. El sabe ben que, á mesma hora que Touriño saía coa súa escolta cara a San Caetano, a mañanciña trouxo unha estraña treboada, algún que outro lóstrego e unha choiva miúda que secou en tempo de nada. Logo volveu un calmuzo que persiste, como se ventase demasiados meses de campaña.
Un pouco de protagonismo, que de outra maneira é incapaz de conseguir.
Moi ben feito o artigo.Isto é xornalismo e literatura no mesmo saco....
Nunca houbo intención de adiantar as eleccións a este ano: Soporía ter que prorrogar os orzamentos (impensábel e moi irresponsábel) e debilitaría a posición frente aos rivais. Con este teatro o PsdG o único que tenta de de botar fume sobre a súa mala xestión de demostrar unha fortaleza e independenicia frente a Madrid da que carecen
Máis aló do artigo, calmuzo está ben empregado? É unha variante dialectal errónea?
Mellor calmazo, non si? Nunca ouvín calmuzo. Touriño xogouna ben xogada.
¿Por qué habría de informar a Quintana antes que a su jefe, ZP? Quintana es la alfombrilla sobre la que pisa a diario el socialismo para poder entrar en San Caetano.
Mais,... e agora qué.
O que si é certo e que ha unha campaña "clandestina", e culebron Touriño non a resolveu... Ata marzo imos ver de todo.
E porque, enton, Touriño non fixo o que lle recomendaban (sic!) desde Madrid. Pois Feijoo, como Blanco, tiveron algo de culpa.
Feijoo, hai uns días dixo, se se aproba o plan eolico cun goberno en funcions, ele o revisaria. Perfecto. A industria eolica meteu a directa para non seguir coa incertidume de non saber que vai pasar como miles de kvs comprometidos. E Blanco que o culebron non podía mudar os obxectivos dos planos eolicos, acuicolas, etc. etc.
Outra. O mesmo día que Touriño deixaba á dereita neoliberal (ele é a dereita social liberal) coa boca aberta (os Feijoos e os seus apoloxistas), aprobaban, contra a opinion de veciños e ecoloxistas, o plan acuicola, que xa provocara unha manifestacion en Corrubedo, e foi o eixo de outra en febreiro, Galiza Non Se Vende.
A terceira é o desenvolvemento dos plans contra a crise, tanto as do PSdG pactadas con CCOO e UXT, como as do BNG, pois entre elas non ha moita diferenza: subvencionar aos empresarios para que estos, co diñeiro de todos, non perdan moito, e non despidan moito.
Outro motivo pode ser que tanto o PSdG como o BNG non queren entrar no debate da financiacion autonomica -é dicer, o reparto das esmolas que o goberno central dá ás autonomias, despois de recadar nelas o diñeiro e gardalo nos petos do centro estatal- cun goberno en funcions.
Máis. Darse un pouco de tempo para ver que fan coa desfeita que fixeron (porque xa non é do PP, senon que é súa, pois aceptaronna) co Gaiás/Mausoleo Fraga, e non chegar a unhas eleccions coas obras paradas. Ademáis de poder presentar un TAV máis construido.
E por último, demostrar ao BNG (ao PP non, por que se o PSdG depende de Ferraz, Xenova manda moito máis) nesa campaña "clandestina" que xa temos que Touriño ten certa independencia de Zapatero e Blanco.
E en todo esto, os traballadores e traballadoras (é dicer, o 70% da poboacion activa), os que viven do salario e ven como a inflacion levase unha meirande parte, dos que teñen que pagar a hipoteca mes a mes, dos que estan ameazados pola liberalizacion dos horarios ou polas 65 horas que pretende a UE.
Resolverá o TAV ou o financimento autonomico os deficits cronicos de transporte publico (tren de proximidades), da saúde (é inaceptable que haxa listas de espera porque os medicos "vanse de vacacions", ¡qué contraten máis e se deixen de monsergas e obras inutis!), de xardins de infancia integrado no sistema educativo -non esos centros asistenciais chamados galescolas-, o prezo da vivenda, tanto a venda como o aluguer -porque ata agora a unica medida adoptada, a subvencion so conseguir subvecionar aos propietarios, que incrementaron os prezos do aluguer, nunha manobra xenial: dou 200 euros para aluguer, e propietario sube exactamente 200 euros, o arrendatario, fica nas mesmas-, etc. etc.
Os conselleiros traballaran moito, pero nos salarios, nas condicions de vida e nas condicions laborais non se nota nada.
Iso si, Pescanova, Isidro de la Cal, os noruegeses xa teñen o seu Plan Acuicola.
O retraso só serve para que os plans social liberais da Xunta teñan máis tempo para ser aplicados.
Sobre o do aluguer, un matiz importante da mentalidade neoliberal desta Xunta: dou diñeiro ao arrendatario, para que o dono do piso suba o prezo.
Mais cando se faga a renovacion do prezo, segun o coste da vida, esta no será sobre o aluguer inicial, senon sobre o resultado da suba. Polo tanto, calcularase o 5% de 700 euros, por exemplo, e non sobre os 500 que costaba antes da politica da Xunta. Non é o mesmo 5% de 500 que de 700.
Quen paga a crise.... o dono da vivenda non.
O mesmo vai pasar coas vivendas de proteccion oficial prometidas pola Xunta, o final o prezo vai depender da man oscura do mercado, e polo tanto os unicos que non perderan, os constructores e promotores.
Porque a Xunta non constrúe ela as vivendas, e controla ela os prezos. Porque a Xunta non impon un prezo de aluguer, que sexa non superior ó 10% do salario, e obriga a apertura dos pisos valeiros que son miles na Galiza.
É a unica maneira de que non aconteza o que acontece, que coas subvecions, son os construtores, os promotores e os donos das vivendas os que saen beneficiados, pois se lles garante que eles van cobrar.
Calmuzo é unha variante que recollen os dicionarios: "Ambiente con calor abafante e molesta; bafa, bochorno" (Xerais). Aínda que é posíbel que estea máis estendido o uso de calmizo (que vén sendo o mesmo)
Ulo,que non che parezca mal,pero deberías mudar de actitude ou de páxina web. A xente está farta de ti,do teu autoodio e das tuas críticas baleiras (ainda que penses que están cheas de contido)
Levas 3 anos repetindo o mesmo,case estou desexoso de que volva o PP por non te escoitar....
undetantos... que non che pareza mal, mais qué é iso de mudar de atitude?, facer critica "constructiva" e ser a "esquerda" dun goberno de dereitas?.
O do "autoodio", pois a verdade esa si é unha frase valeira de contido. O qué significa?. Se podes explicarllo, o mellor mudo de actitude.
E de actitude fronte a quén, a Xunta bipartida, o PSdG ou o BNG?.
Se es capaz de argumentar as novidades introducidas polo bipartido, pois o mellor mudo a actitude.
Ata o de agora, non atopéi nengun moitivo para mudar de actitude.
E por certo, grazas..... por que vexo que as miñas notas chegan á xente, ainda que séi que, polo de agora, non son ben acollidas polos que ainda confian que o bipartido é un goberno de progreso (de esquerdas????).
Ben séi que a confianza nun goberno como o bipartido non se rompe por un -o moitos- diga as verdades... senon ata que a realidade pon á xente contra as súas contradiccions.
Asi que moitas grazas, polo menos son lido de cando en vez.
"ULO" aburres as cabras sempre o mesmo, solucións ningunha. Para tí todo é o mesmo os sindicatos os partidos. Tiña que vir un goberno cos nacionalistas para que xente coma tí se dera conta do esquerdosos que eran. Esta bén, a túa auto estima debe ser boa.Para que queres argumentos se non tes en conta a situación do Pais. Nunca os aceptarías.Non te preocupes que pronto ganará de novo o PP para o teu contento.
os que aburren ata as cabras son os que respostan, como ZP, como Guerra hai anos, "apoiade, senon ven a dereita". O PP combatimolo para mudar de política.... se a politica segue a mesma, a xente comun -o país- tanto lle ten o PSOE como o PP (non meto ao BNG, ben, queredes non ser da Xunta, non o digo).
E coñezo a situacion do pais tan ben como ti... e o país é o 70% da poboacion activa asalariada. Ese é o país, e o demáis entelequias que só xustifican o continuismo.
Non confio en ningún governo,pois non creo na política. Nunca votei,nin o farei.
Pero cansas,sempre dis o mesmo con outras palabras.
E non pretendo abrir polémica,pois creo que a política do bng é a de máis esquerda do estado espanhol,máis se colles os estatutos do BNG non aparece por ningún lado esquerda ou dereita,sen máis.
Até manhá a tod@s
Pois eu sinceramente penso que Touriño simplemente viuse obrigado a recuar ante a que lle viña enriba. Ter adiantado as eleccións sería interpretado como un síntoma de febleza, mesmo de covardía e de non querer dar a cara, por parte da sociedade galega. Touriño deixouse levar polas teses de Madrid (sempre Madrid....) e tras comprobar a que se lle viña enriba tivo que dar marcha atrás.
http://www.terra-galega.org