Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita contra o lume

"Látego da indiferenza" do Exército español contra a "poboación hostil" de Galiza

Un documento da Brilat ordénalles aos soldados evitar enfrontamentos e non apagar ningún lume agás cando periguen vidas.

Redacción / Europa Press - 19:30 27/08/2008

Un dos batallóns da Brigada de Infantaría Lixeira Aerotransportábel do Exército de Terra español (Brilat) despregado durante este verán no dispositivo militar de prevención de incendios en Galiza ordena aos seus militares que eviten enfrontarse á poboación civil que se mostre hostil á súa presenza e que os "castiguen" co "látego da indiferenza".

Esta consigna está incluída no documento Normas de actuación, distribuído aos integrantes do citado batallón que participa con varias das súas compañías na operación Centinela Gallego (Sentinela Galega), ao que tivo acceso Europa Press.

O tríptico recolle toda unha serie de ordes de diferente índole, como a petición de que os soldados sexan "extremadamente educados" e "extremadamente escrupulosos coa uniformidade" durante a misión e recórdalles que a súa imaxe é "a das Forzas Armadas".

No apartado sobre o uso de armamento, subliña que "a disuasión non implica o uso da forza" e que os soldados só teñen autorizada a súa autodefensa "aplicando a mínima forza necesaria, limitada tanto en duración como en intensidade".

Neste punto, recorda aos militares da Brilat que deben levar a súa arma con dous cargadores, un con balas de fogueo e outro precintado con munición de guerra, e que só a teñen para defenderse, "non para convencer a ninguén nin disuadilo de cometer un delito".

"Ante a dúbida non apagues o lume"

As normas concretas relacionadas coa actuación ante incendios céntranse en transmitirlle ao militar que se debe limitar a "vixiar a aparición de novos focos" e que só debe actuar contra o lume cando estean en perigo vidas humanas. "Recorda, es da Brilat, non bombeiro nin da UME, ante a dúbida non o apagues", apunta.

O tríptico 'Normas de actuación' está incluído nun documento de de carácter operativo de maior extensión que explica características xerais e pormenores da misión Centinela Gallego.

Este segundo documento sinala unha zona "moi determinada" onde os militares da Brilat atoparán poboación "claramente contraria" á súa presenza. Trátase dunha área delimitada polo triángulo que forman tres municipios e onde a poboación "ameazou con realizar incendios sen importarlle a posíbel presenza das patrullas".

O documento estabelece que os militares que realizarán as patrullas estarán aloxados en xullo e agosto nun ximnasio "con espazo para doce homes, auga corrente e electricidade". Estas condicións de vida xeraron "malestar" nalgúns dos soldados polo nivel de precariedade das instalacións, segundo explicaron a Europa Press fontes militares.


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (26)

ANGR #1 27/Agosto/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já se sabe... exército espanhol FORA DA GALIZA!

ANGR #2 27/Agosto/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ou melhor... exércitos FORA DA GALIZA!

Outro #3 27/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

iso pasa pola incompetencai de Suárez Canal en Medio Rural. Manada truco que un señor da UPG teña que recorrer ao despregamento do Exercito Español para que lle faga un traballo que el non é quen de artellar. É logo será dos que berre "Galiza ceibe", sí ceibe de incompetentes coma vós. o Exercito Español non pinta nada en Galiza e menos nos nosos montes pero para iso necesitamos xente cometente que saiba xestionar os nosos problemas.

lunet #4 28/Agosto/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a min a normativa esta paréceme moi correcta, outra cousa é que estea a prol ou non do exército.

fillotolo #5 28/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os militares (incluíndo a garda civil, pois non son un corpo civil) deben ser un dos gremios con máis paletos que presentan delirios de grandeza. Faime graza como por exemplo en Monterroso, o meu povo, che tocan os ovos nun rexistro no medio da rúa porque si, e cando lles dis que non teñen dereito a eso (pois non hai indicios ningún de nada) che espetan (un ceutí con acento mozárabe) que "Es tu palabra contra la mía". Serás burro, analfabeto, que o único que foches capaz de facer foi un puto exame tipo test e correr ao igual cunha cabra o fai polo monte (con menos estilo).
Até cando teremos que aturar que os corpos de seguridade (¿ou inseguridade?) estén cheos (algunha excepción hai pero as menos) de analfabetos que nunca foron nada, de repente se ven cunha pistola e se pensan que son os sherifs do Salvaxe Oeste.
Sei que hai excepcións, pero até os que pertencen a ese corpo e que se comportan como seres civilizados, recoñecen a deriva na que se atopa dito corpo. Esta cheo de fascistas, incultos e totalitarios.

Biosbardos #6 28/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero se a Guardia Civil na sua variante autótona galega Gharda Sivil son para indispensable da fauna galega. Son bos homes, é certo que hai algún tarado, pero son bos homes (e mulleres).

Por outra parte que queredes que poña o tríptico? Pois o de sempre. Ser bos, aínda que os veñan a tocarvos os ovos non fagades caso, e se empeza a contaros un velliño as historias de cando el tamén servía a España dicídelle que ten que ir tomas as aspirinas... o normal

aovellaquemira #7 28/Agosto/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sem convénio com o M. de Defensa: 2000 lumes em 12 dias, muitos deles provocados com paraquedas incendiários.
Com convénio: os lumes 'normais'.

O convénio está publicado no BOE para quem queira ler. Quem saiba do tema também saberá quanta ajuda inestimável comportam as brigadas do exército.

Imposto revolucionário??

cidadan77 #8 28/Agosto/2008 cidadan77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E eses 3 concellos rebeldes cales son???

ecoe #9 28/Agosto/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

brilat FÓRA DA GALIZA!

E DO AFEGANISTÁN, os pacifistas do BAMBI ZP en Herat: 90 CIVÍS ASASINADOS, deles 50 CRIANZAS E VELLOS!!!

papuxa70 #10 28/Agosto/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que trabalhamos todo o ano nisto do lume estamos fartos de que esta escoura sen p..a idea sobor da extinción dos incendios venha buscar protagonismo ó noso país.Que lles dean unha fouce e que se ponhan a desbroçar ,vaia pero se istes borderlines entarom no exército para non súar ,nugallados profesionais non precisamos de vós¡¡¡¡

antoniosilva959 #11 28/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os castelhanos reconhecem que são uma força ocupante e hostil da população na GALIZA.
Se todos os povos do mundo têm direito à autodeterminação porque será que os galegos não têm?

galeguzo #12 29/Agosto/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O triângulo formado por 3 municípios? Quais? Corunha-Lugo-Vigo XD? (Não me chamem de iluso :p)

Tino #13 29/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3 Outro: semella q ti debes ser realmente brillante nas tuas decisións: se os galegos pagamos cos nosos impostos (e ben pagos) numerosos servizos ao Estado, temos dereito a q nos devolvan parte cando é necesario.

Canal está facendo unha xestión excelente.

E mellor ainda sería q os impostos q pagamos os galegos para o exercito, polícia e gardas de estradas ficaran en galiza para ser xestionados por nós. Pero as cousas estanche así!

Tino #14 29/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, non estaria mal comezar a facer patrullas q devolvan o "regaliño,, q nos fan os incendiarios.
Cada vez q collan a un e o xulguen: prenderlle lume á sua casa e os seus bens.

A meu avó xa lle keimaron varios montes, así q cando eu herde algún dia xa verei o q fago...

antoniosilva959 #15 29/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os espanhóis são nossos primos. Os portugueses são nossos irmãos.
Se nós GALEGOS vivemos independentes dos nossos irmãos portugueses, porque temos de ser colonizados pelos primos castelhanos?

lostrego #16 29/Agosto/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min o que me preocupa é que os que lle prenden lume ó monte non señan castigados coma merecen e seña algo case "folclorico" que arda o monte na Galiza.
E os principais culpabeis somos os galegos.
Alguén está a falar de que as FAS están inzadas de memos, peron máis memo é quen lle prende lume ó monte porque está a matar a Galiza.
Tanto me ten que patrullen voluntarios, a milicia de Kentucky, as mocidades do PP+BNG en común agarimo, as FAS ou a nai do cordeiro, sempre que supoña que nin unha hectarea se queime

Outro #17 29/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou dacordo en que o importante é que ningunha
hectarea se queime pero os lumes apáganse en inverno e iso é o que a Xunta non está a facer. No tocante ao Exército se lle pedimos axuda logo non o podemos critica por ser o que é, unha forza armada española, e os que agora defenden a política de Suarez Canal de meter ao exércto no monte gustaríame oilos se esa mesma medida a tivese tomado Fraga, estou seguro que o mínimo que lle terían chamado é fascista e de aí para arriba. O que cambian as cousas...

antoniosilva959 #18 30/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Exércitos a apagar fogos sempre foi demagogia em qualquer parte do mundo. É preciso pessoal especializado. Não é com espingardas e pistolas que se apagam fogos.

Coyote #19 30/Agosto/2008 Coyote
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manda Carallo (con perdón)

Se o facía Fraga... Facha
Se o fai Suárez Canal... Facha
Se ven o exército a axudarnos... Fachas

Pero qué é o que vos vale? Creo que nada, só protestar e estar en contra de todo e todos. Pero de "dar o callo", nada. Só manifestarse e pintar paredes.

Respeto a estas medidas, á axuda solicitada por Suárez Canal e o manifesto paréceme do máis normal e respetuoso.

Unha pregunta ós Lusistas:
Aínda non vos decatastes que Galiza e Portugal son dúas nacións distintas e que o seu idioma tivo evolucións distintas ???

antoniosilva959 #20 30/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#19
Aí é que te enganas o galego na Galiza durante os séculos escuros não teve evolução distinta teve retrocesso por deixar de ser escrito , passou a ser uma língua de ouvido do campo e em casa como de um dialecto se tratasse por imposição do castelhano. O galego pior que parou no tempo por deixar de ser escrito deformou-se na Galiza durante esse periodo.
Nesse periodo em Portugal pelo contrário o galego teve uma evolução natural sem influência colonizadora.

OBSERVADOR #21 30/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.gara.net/azkenak/08...

COUTOVEN #22 30/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguén sabe onde pode ser lido o tríptico en cuestión?

Sinceramente, se unha información existe ou é a base dunha noticia ou dunha interpretación xornalística. O menos que pode facer o medio e o profesional da información é pór a proba documental e deixarlle ao lector que saque as súas conclusións.

Ente un "eu creo" "dixéronme" e "un eu vin ou lei" Prefiro o último.

Hispanico #23 30/Agosto/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E como vai o exército apagar os fogos?!?! ... nom sejam ridículos ... e logo nom começa o hino do exército de terra: "ARDOR guerrero ... "?

O que podem fazer, e moi bem, e dar "teóricas" sobre a extinçom dos fogos. Eu lémbro-me duma delas e quando o cara (um sargento) quer explicar o concepto do fogo extinguir-se por nom ter mais alimentaçom, por via da criaçom de corta-fogos, e nom atopar as verbas para o explicar, vai e diz: "... y al llegar al corta-fuegos, el fuego se extingue, porque ... porque ... ehh ... porque NO HAY MAS COJONES!

Outro #24 30/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non chamei facha Suarez Canal senón que o que digo é que se iso mesmo o tivese feito Fraga moitos dos que defenden ese sistema, empezando polo propio conselleiro, teríanlle chamado de todo. Só denuncio a incongruencia de algúns que levan toda a vida berrando Exercito Español fóra de Galiza e agora resulta que botan man del.

De todos xeitos, o ideal son brigadas especialzadas que traballen todo o ano no tema; o Exército non é máis ca un parche que esivo ben no seu momento para sair do apuro pero en tres anos puido terse feito algo máis.

antoniosilva959 #25 31/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O exército é feito por homens teinados para fazerem FOGO e não para apagar o FOGO!

rockandroll #26 31/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pfffffsssss....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete