Despois da cormelá que chegou á presidencia do parlamento, chega outra faragulla da integración de Galiza no país coa presenza da filla dun cercedense e unha haitiana no certame Miss Suíza.
A India, o Congo e... Galiza. Suíza avanza na multiculturalidade é o certame Miss Suíza 2008 é bo exemplo da riqueza e diversidade que vai callando no país helvético. Se hai tempo a protagonista fora a deputada socialista de orixe galega Dolores Cruz de Bolay ,coñecida como Loly Bolay, quen subira á presidencia do parlamento no cantón de Xenebra, desta volta a noticia, máis alá da frivolidade que poidan representar estas citas, chega dun concurso de misses.
A actualidade de Cerceda anímaa estes días Fiona Fariña, a filla dun cercedense do lugar de Queixas e dunha haitiana. Estudante de medicina, Fiona Fariña foi parar na altura dos seus 19 anos e nesta edición 2008 ao certame Miss Suíza. Nada en Xenebra, convida desde a web oficial do concurso a mirar para os seus ollos: "eles falan", e reclámase gañadora para amosar que mundos "que parecen tan opostos, como o da medicina e o das misses" poden ben combinar.
puag!
Xa abonda!
Esta nova colmou a miña paciencia convosco !
Esta nova pareceme unha autentica carallada. Se é galega vale o de miss e se non é comecialización feminina?
Un pouquiño de seriedade señores de Vieiros.
Uma boa mostra de mestizagem galega
A noticia está ben tratada e a rapaza ademais de fermosa parece que ten ben amoblada a cabeza. Outra cousa é que haxa quen pense que máis alá da politica e da lingua todo é superficial e non vale a pena falar de nada que non sexa iso.
Toma ya...estos de Vieiros, con tal de exaltar el RH jalejo ya no saben qué hacer...y rematan cualquier balón...¡jajaja!
Parece mentira que por unha vez concorde coa Gaivota, uff que urticaria me está entrando. Por deus que rapazas fermosas hainas de todas as nacionalidades e cores, está claro que galegas e galegos hainos guapos e feos, agora ben se eso é noticia quer dicir que o nivel xornalístico deste medio que eu teño en moita consideración está a caer en picado....