Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O URBANISMO NA COSTA

Cincocentos metros, 'aseghún'...

A conselleira de Política Territorial matiza que a protección do litoral será moi diferente segundo cada zona.

Redacción - 18:00 25/08/2008

A protección da costa pode ser relativa. A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, explicou este luns que os cincocentos metros de protección do literal son “unha referencia”. Proba disto é que, segundo explican dende o Goberno, “nalgunhas partes vaise ir máis aló e noutras baixarase”.

Caride fixo pública a relatividade da norma nunha visita á Illa da Arousa. Así, subliñou que naqueles lugares de especial interese natural a protección poderá superar os cincocentos metros pero tamén deixou claro que haberá zonas con condicións especiais que non terán que cumprir esta distancia e incluso outras “en contornos urbanos” que só terán que gardar unha distancia de vinte metros.

As declaracións da conselleira teñen lugar poucas horas despois de que representantes dos promotores criticaran a normativa. Segundo Caride, “cada un ten os seus intereses e os da Xunta é defender os xerais”. A máxima responsábel de Política Territorial reiterou que o compromiso é que as normas urbanísticas da beiramar estean en vigor antes do vindeiro mes de maio.


4,86/5 (7 votos)


Comentarios (18)

Gaviotero #1 25/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si eres cargo sociata, también conocido vulgarmente como "chorizo", los 500 metros son negociables y pueden quedarse en 20...

El ático de pepiño en 'Villa PSOE'

La mole es fea. Y, quizá, también ilegal. El vicesecretario socialista y varios cargos del partido han construido un edificio a pie de playa en Arosa. 150 metros de ático a 20 metros del mar. Los vecinos han denunciado la recalificación del terreno

http://www.elmundo.es/suplemen...

Si a alguno no le dejan hacerse su chabolilla a menos de 500 metros no tiene más que sacarse el carné del PSOE. Ya veréis como las distancias se acortan que es una barbaridad.

PSOE = BNG = CORRUPCIÓN

rochinha_35 #2 25/Agosto/2008 rochinha_35
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro gaviotero claro, que os gobernantes do PP son sinonimo de honradez, transparencia e anticorrupción, jajajjajajaja, mira isto anda:

http://www.youtube.com/watch?v...

Por certo, eu estiven ali e moi orgulloso de sacar a eses mamóns a ostias.

UnDeTantos #3 25/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e fixeches ben #2,que carallo

Lead_bocas #4 25/Agosto/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O asunto está ben claro: os políticos fan a vista gorda e trincan o que poden, os xuices fan o mesmo prevaricando de maneira noxenta...

Os cidadáns están divididos polo medo e pola miserable propaganda: uns votan e calan, mentres que os outros preparan a resposta.

Goberne quen goberne...
http://galizanonsevende.org

xoca #5 25/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que nos queda?
PSOE, PP a mesma merda!
Agora o BNG xa está coa merda.
Eu cheo de frustracións.
Pois non queda outra que a abstención.
É ben triste pero estamos secuestrados por esta falsa democrácia.

Atlantico #6 25/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O BNG implicado no urbanismo? Non home non, ainda ten que facer moitos fraudes para igualarse ós partidos do réxime, PP-PSOE. Os vosos intentos de provocaró abstencinismo no electorado nacionalista de cara as autonomicas, son intentos fallidos.

Erasmo #7 25/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende xa propóñolles incluir no Plan de Protección do Litoral unha nova demarcación 0 metros e así da xente remataría vivindo en Palafitos ou mellor aínda en Bateas sobre o Mar. Ó fin e ó cabo sempre haberá algún 'antropologo da cunquiña' que poda avalar o carácter autóctono destes hábitats mariños. 20 metros querían... pero de corda!

Druida #8 26/Agosto/2008 Druida
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Escoitar aos promotores dame arrepíos, por non decir algo máis forte. Son auténticos ladróns e terroristas. Xa está ben de roubar. Non chegou con inflar e especular durante anos, que aínda queren máis. Teñen o morro de decir que hai que promover as segundas residencias para os "madrileños". E os galegos que non podemos nin siquera ter unha na nosa terra? Quen lles vai parar os pes a estes?
E logo saen os gavioteros de turno coa sua farandula....de momento os políticos do PP foron os mais ladróns (pero sobre todo porque sempre tiveron máis poder).

bertus #9 26/Agosto/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home Erasmo, sorpréndeme un defensor das liberdades como vostede en contra de que cada un constrúa onde lle pete...

Gaviotero #10 26/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

curricha_35, también llamada rochinha_35...cuando no se tiene razón obviamente a los antidemócratas totalitarios y fascistoides únicamente os queda el argumento de las "ostias".

Pues os jodéis, porque los 300 muertos de hambre que allí os congregasteis no podréis con un ayuntamiento libre y democráticamente elegido. Si no sacáis más concejales...¡¡¡OS JODÉIS!!! Miserables...

Tino #11 26/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O representante dos construtores díxoo claramente: nalguns países de europa mesmo se construe enriba da auga e ninguén se estraña!

Así q xa sabemos o q keren, construir enriba da area: é a lei da oferta e da demanda. Pois eu demando q os metan no cárcere directamente, comezando polo portavoz e tras del o resto de PPaifocos q os sustentan.

alicaido #12 26/Agosto/2008 alicaido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao gaviotero nin caso, non o queren nin na Santa Compaña. Qué sabra de liberdade e democracia.Que lea esta páxina e que envie comentarios siñifica que non ten outra que saber galego e que ten a partida perdida.
O dos "promotores" é patetico, levan anos fomentando o pan para hoxe e fame para mañan. Por cada metro de costa (e de territorio)no que poñen as suas mans, xeran un/unha emigrante. Galiza non se vende.
Temos que conquerir que en vez de facer patria na rede a fagamos na rua e no noso entorno social. Non son do BNG, teño as miñas grandes diferencias con eles, pero non é ético metelos no mesmo saco co PP eo PSOE. De momento son os únicos que teñen a Galiza no primeiro posto da sua actividade política. Se queremos mudar as cousas non podemos enterrar a cabeza e quedar na casa. Temos que posicionarnos e defender as nosas ideas todos os días, non cada catro anos, e no día a día traballar coas persoas decentes e sinceiras que todavía existen no noso país.

Anxo #13 26/Agosto/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O "aseghun" da conselleira, polo que eu entendín, é que non se vai construir a menos de 500 m. en todo o territorio, salvo en lugares concretos donde eso xa é imposible.

E ese imposible é nos cascos urbáns de cidades e vilas xa consolidados, como por exemplo na Coruña, a ninguén se lle vai ocorrir prohibir construir na Avda. Barrié da Maza (Paseo Marítimo do Orzán-Riazor) que está a menos de 500 m. da costa, ou noutras vilas como Mugardos, Sada, Laxe, etc., onde as edificacións destes cascos urbáns xa consolidados están a menos de 500 m.

Erasmo #14 26/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anxo razoando así podes vir para Vigo a ver se che dá un carghiño o Abel Caballero (igual xa o tés).

Como na Beiramar hai naves industriais agora imos ter Pazos de Congresos que disimularán Hoteis de 5 estrelas e xa podes mercar no espantallo do Centro Comercial A Laxe (polo morro do socialista Peña con total impunidade xa que gobernaba a Zona Franca e levantou o monstruo en terreos do Porto contra toda a corporación municipal que votara en contra). Non son parvos nin nada estes rapaces: collen a primeira liña de costa para eles e os seus promotores e deixan as vivendas de protección oficial para as calendas grecas... cando se afunda a burbulla inmobiliaria que eles mesmos seguen inflando... ¿non?

Política e negocio de especuladores...!

xoca #15 26/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Atlantico:
Verás, eu non busco o abstencionismo, o que o buscan son os partidos políticos, di grandes palabras participar (queren dicer: votademe a min), nunca deixei de votar nengunha vez: Xerais, Autonómicas, Locais,... pero xa ves nen ti que deberias entender o que quero dicer me entendes. Asi esta democrácia é a da opinión pública (médios de comunicación) non a verdadeira Democracia a que defende os intereses do povo. os políticos nestes momentos non se diferéncian nada das multinacionais as suas marcas son siglas en lugar de coca-cola, ford, opel,...
a min o que me importa é a educación, sanidade, ordenación do território ... Por certo xa verás en que quedan as leis que quere aprobar o parte do Goberno que representa o BNG e que ao PSOE non lle gosta. E moito me gostaria ser eu o equivocado.

Anxo #16 26/Agosto/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erasmo nin necesito nin quero ningún carghiño, nin o teño, son un administrativo dunha empresa privada por se tanto che interesa.

Que eu saiba a Xunta non ten competencias nos terros portuarios estos son competencia das distintas Autoridades Portuarias, ao igual que no Centro de Ocio do Porto da Coruña, que abren todos os días da semán posto que non lles afecta as leis da Xunta de apertura de comercios.

A zona do Pazo de Congresos non sei se esta a menos de 500 m. da costa, pero creo que non.

E non lle deas voltas ao que eu dixen, non xustifiquei todo, senón casos concretos de cascos urbans en vilas, pobos, cidades que pola súa configuración foi imposible non edificar a menos de 500 m. e que xa teñen casos urbáns consolidados. Ou agora tiramos os edificios da Mariña, do Parrote, ou da Avda. Barrié da Maza?

rochinha_35 #17 27/Agosto/2008 rochinha_35
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero,pois vai ser que nas eleccións que se celebraron uns meses despois tamén os botamos fora.

E os 300 mortos de fame que ti dis que se manifestaron ali era xente de todalas cores politicas para a túa información, o que pasa e que cando un par de fillos de puta (perdón pola expresión) empezan a xogar co territorio pensando que isto e o monopoly e ainda por riba ameazan e extorxionan os veciños para facelos calar (Misteriosamente incendiouse o vehiculo do portavoz do BNG no concello) isto é o que soe pasar.

Ah! por certo, Gaviotero, non cambies nunca, sen ti estes miniforos serian moi aburridos.

Gaviotero #18 27/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gracias, rochinha_35...Respecto al coche del portacoz del BNG, igual fue que él mismo se lo quemó para ver si así se lo cambiaban. Ese y no otro sí que es un fillo de las cuatro letras.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete