Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ve "nerviosismo" no seu socio de Goberno

O BNG considera "unha falta de respecto aos maiores" as críticas do PSdeG

Os socialistas din que as festas para a terceira idade que organiza Vicepresidencia son "actos políticos".

Redacción - 11:35 24/08/2008

O coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, cualificou este sábado de "falta de respecto aos maiores" as críticas do voceiro parlamentario socialista, Ismael Rego, ás festas para a terceira idade que organiza Vicepresidencia, e as achacou ao "nerviosismo" do PSdeG "ante a evidencia de que a xestión do BNG é vista con simpatía por cada vez máis galegos".

Rego acusou o venres o BNG de "utilizar os maiores" con xornadas como a organizada por Vicepresidencia en Vilalba, que logrou reunir, segundo os promotores, máis de 12.000 persoas. Considerou ademais que se está a retomar o que facían os gobernos de Manuel Fraga e queixouse de que a reunión fose feita con fondos públicos "para facer un acto meramente político".

Fronte a todo iso, Jorquera advertiu de que o BNG seguirá desenvolvendo e fortalecendo as políticas sociais e recomendoulles aos socialistas que se dediquen a gobernar e resolver os problemas dos cidadáns e que deixen "os foguetes electorais para cando o presidente teña a ben convocar as eleccións".

O dirixente nacionalista insistiu en que as declaracións de Rego son "unha falta de respecto ás persoas maiores, impropias dun dirixente dunha forza de goberno", e reclamoulle que se realmente lle preocupan as políticas para a terceira idade lle esixa ao goberno español que destine a Galiza os fondos comprometidos e necesarios para aplicar a Lei de dependencia.


4,5/5 (8 votos)

Comentarios (16)

maleiro #1 24/Agosto/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rego, que che está medrando moito a papada...

subela #2 24/Agosto/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tanta leria fixo que o suposto adianto xa non favoreza, ou polo menos non favoreza tanto, ao PsdG.
Aínda así, por si hai adiante La Voz de Galicia, leva un par de días criticando máis que nunca ao BNG, que noxo de xornal!!

COUTOVEN #3 24/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que resposta máis ridícula.

Tan pobre como os argumentos con que trataron de xustificar o apoio ao famoso plus aos altos cargos, demostrando o seu inconsistencia ideolóxica. E empeorada co patético remiendo que tentaron realizar para limparse a cara posteriormente. Demostrando con isto que se diferencian moi pouco do resto da fauna política Galega.

Por suposto. A persoa da terceira idade gozan e merecen este e moitos máis recoñecementos. Iso si. Menos oportunistas e menos asociados a eventos electorais.

Certamente, dá mágoa a escasa artillaría política de Francisco Jorquera ao dicir cínicamente que se ofende aos anciáns con estas críticas, tratando de facer crer que non son eles os que realmente tentan manipular os anciáns de maneira similar a outros partidos no pasado. Co agravante que polo menos o PP tiña o pretexto de que Fraga obviamente pertencía ao grupo da terceira idade. Conste, isto non fai a o PP menos manipulador e oportunista.

Os políticos Galegos saben moi ben cales son os problemas dos nosos maiores e que os mesmos non se resolven cunhas cantas horas de charanga e opíparas comidas.

Afortunadamente os nosos maiores e os Galegos en xeral non son estúpidos. E teñan por seguro que non se perderán estes saraos póñaos quen os poña. Pero á hora de votar farano pola súa conciencia.

Certamente esa esperanza que nos brindaba o BNG cando non detentaba o poder, hoxe dilúese de igual forma como os seus políticos se dilúen na putrefacta sopa política galega.

Non se pode ser diferente cando se fai o mesmo que os demais.

LOIS_DE_SILAN #4 24/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

("... e as achacou ". Rectius: ... e achacounas?).

Eu vin o Touriño na polbada do Carballiño!

Só vos son ciúmes!

Na Galiza aínda non vos hai ideoloxías, só vos hai necesidades!

toivonen1978 #5 24/Agosto/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu simpatizo co BNG pero sí penso que hai algunha cousas como a protesta polo retraso do AVE que se fixo hai un mes e que rematou en opípara fartanza que se deberían de mirar. Estivo moito máis cerca da paiasada que da reivindicación. E a factura da gracia foi digna de colgar á vista de todos para que vexamos o desnortados que andan algúns dende que pillaron cacho.

Erasmo #6 25/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Visto o visto... xa estamos en Campaña Electoral...?

Pois mira que se foi nun plis-plas esta lexislatura...!

E que foi o que fixeron...? Eu aínda non tiven tempo de sabelo...?

Gaviotero #7 25/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Angelito Quintana es el líder del fraguismo actual en Galicia. Fiestas en las que se intenta convencer a los abuelos de que le voten a cambio de una merienda o un baile con él.

Lástima que en general pocos quieren bailar con el más tonto del lugar...

Tino #8 25/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PPsoe q aclare por q foron derivados varios camións de materiais de construción para o arranxo do pazo do golpista Afonso Armada cando se construiu o Paxonal na época do alcalde socialista Xerardo Estévez.

martin32 #9 25/Agosto/2008 martin32
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ben por Quintana poñendo nerviosos os PPros

galegoportuguesa #10 25/Agosto/2008 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Avante o Quintanismo. Avante o BNG!! (E se hai que bailar cos vellos, báilase!)

DoutorEsweider #11 25/Agosto/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erasmo, Gaviotero e Coutoven..."tres patas pra un banco...". As tres persoas máis racistas de vieiros: Erasmo defende a posibilidade de que se poida estudar na Galiza criando guetos en castelán, para burguesitos, coutoven un reaccionario de clase alta que odia que lle governen xente de pel morena, e gaviotero, o troll menos simpático de vieros...en fin...

COUTOVEN #12 26/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que raro, outra vez noso emplumado compañeiro DoutorEsweider coas súas profundas e ben sustentadas criticas.

Que eu saiba aquí falamos de formas pouco edificantes de facer política e que o BNG no cal moitos criamos realizou e está a realizar prácticas similares ao PP e ao PSOE.

Agora resulta que o noso DoutorEsweider non só dálle polas plumas. Senón que é defensor das epidermis mais pigmentadas.

Aclárolle para que argumente os seus comentarios e non se exprese a sua diáfana ignorancia. Segundo vostede non me gustan os gobernantes morenos.

Emplumado compañeiro, en Venezuela hai bastante tempo que nos deixamos deses tópicos racistas. Se de algo podemos presumir neste país é de ter presidentes de variadas orixes étnicas e sociais. Por certo, tan morenos como Chávez (Raúl Leoni e Betancourt), Fillos de nai solteira como Lusinchi. Orfos como Caldera. De tal maneira que como diriamos en Venezuela. "Estas mas pelao que rodilla de chivo"

E recórdoche. Que o argumento dos que non teñen a razón é o insultar e o descualificar. Se de verdade tiveses algo de razón darías argumentos e demostrarías con probas que algo do dito non é certo

Gaviotero #13 26/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Curioso, ver al naci Quintana considerar una falta de respeto para los mayores las mismas críticas del PSdeG que él mismo hacía hace unos años a Don Manuel Fraga.

¿Será Alzheimer o será que tiene la cara más dura de Galicia?

Angelito, no se puede estar llevando el dinero con una mano e intentar lanzar cortinas de humo con la otra...

vila_dala #14 26/Agosto/2008 vila_dala
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Centrándonos na noticia: é una verdadeiro contrasentido afirmar que se promoven as políticas sociais e gastar os cartos en xuntanzas idénticas ás que organizaba Fraga e que non teñen certamente ningún contido social. De nada vale como réplica reclamar o diñeiro para o desenvolvemento da Lei de Dependencia (que o manden xa e sen recortes, por outra banda) e seguir dilapidando presuposto nunha actividade totalmente irracional tendo en conta a situación orzamentaria actual. Se o BNG quere levar adiante o seu concepto do Benestar Social este tipo de cousas sobran e, ademais, restanlle credibilidade (Quintana un Fraga II, facéndose fotos cos maiores mentres papan? Espero que non. Aínda que o lembra perigosamente).

Gaviotero #15 27/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo curioso del asunto y que nadie es capaz de argumentar (estos nacis ya se sabe que sólo saben insultar...) es por qué con Fraga era algo tan malo y con Quintana está muy bien.

Quintana es el líder actual del fraguismo, sin duda alguna.

teixugo #16 2/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

JÁ FALOU A NINHADA DE RATOS!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete