Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'A Coruña, nos textos dos viaxeiros'

Onde ninguén é forasteiro dende hai séculos

Unha obra, de Xan Arias, repasa os relatos efectuados por diversos cronistas que pasaron pola Coruña dende o século XVIII.

Marcos S. Pérez - 17:55 24/08/2008

A obra é unha selección de textos escritos por 28 persoas que nalgún momento da súa vida se desprazaron ou viviron nesta cidade. Destes 28, catro son galegos e hai tamén catro mulleres en total. Segundo indicou o autor, Xan Arias, "a través das súas páxinas é un pracer verificar o interese dos viaxeiros por coñecer, por descubrir non só os aspectos exteriores da cidade, senón tamén os relacionados coa súa vida, cos seus costumes, co seu carácter".

No libro recóllense, por exemplo, a forma de ser dos coruñeses, as actividades de ocio e lecer, os 'usos e cortexos amorosos', a impresión dos viaxeiros sobre a instrución e cultura dos habitantes da cidade, o estado das pousadas. Non se atopan moitos nexos en comúns entre os cronistas, todos con perfís moi distintos, algúns con visións máis críticas e outros menos. Coinciden, iso si, os viaxeiros anglosaxóns nas súas visitas á tumba de Sir John Moore, e en xeral nas súas referencias á Torre de Hércules.

O libro, que pode ficar como obra de consulta e de referencia, dedica un apartado específico á Torre, neste ano tan especial no que aspira a ser considerada pola Unesco 'Patrimonio da Humanidade'.

Os cronistas exerceron durante séculos o labor de xornalistas, levando aos seus países a súa visión da cidade e do país, uns relatos que lles servían a todos aqueles que non visitaran A Coruña para facerse unha imaxe do lugar. Unha imaxe que non sempre era de todo positiva, sobre todo no relacionado co estado das pousadas e coa hixiene. Entre as anécdotas máis salientábeis destaca a de John Adams, segundo presidente dos Estados Unidos, que tivo que ficar na cidade unha semana máis do previsto porque non había cabalos para poder saír da Coruña. Outros viaxeiros ilustres que pasaron pola cidade foron John Quincy Adams (fillo de John Adams e quinto presidente dos Estados Unidos), Von Humboldt, George Borrow, Archer Huntington, Unamuno ou Azaña.

O libro A Coruña nos textos dous viaxeiros. Séculos XVIII, XIX e XX está editado polo Concello da Coruña e a editorial Trifolium e conmemora o 800 aniversario da fundación da cidade.


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 25/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ninguén é forasteiro agás os galegos: nunca me sentín tan desprazado nunha cidade galega como en "Lacueruña,,
A xente facia q non me entendia ou non me keria entender, era algo fustrante.
Están metidos no seu mundo como se non pertenceran a Galiza. Mesmo os niveis de audiencia da TVG e Radio Galega son os mais baixos do país.

Anxo #2 25/Agosto/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia sei que agora se mide o galeguismo dun pobo polos índices de audiencia da TVG ou a RG, non me estrana entón que te sentises tan desprazado, xa que debes ser moi raro.

Maeloc-do-Rouco #3 26/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino, o unico separador es tu proprio e os teus pre-conceitos. A Crunha e a cidade galega onde em termos absolutos (nom proporcionais) mais galego se fala (em termos proporcionais fala-se mais galego na Crunha que em Ferrol e Vigo) e isso som dados estatisticos deste mesmo ano meu amigo. Segundo, se e por presenza histortica e actual do nacionalismo nom che tenho mais ca lembrar ao Murgia e a Cova Celtica (mesmo a hoje malfadada RAG foi nada e tem a sua se na cidade da Torre de BREOGAM), Curros Enriquez, os irmans Vilhar Ponte e as Irmandades da Fala, o primeiro prefeito nacionalista no posfranquismo e figuras senlheiras das nossas letras como Manuel Maria, Marinhas del Valle, Manuel Rivas, Fernam-Velho e outros nasceram ou viviram grande parte da sua vida nesta cidade...Se tu optas pola preguiza intelectual de acreditar que tud@s na Crunha som de Juan Florez e seareir@s de Paco Vazquez a curtedade de olhar esta da tua parte meu amigo...Nem a Crunha e isso nem Galiza e Fraga...a Crunha nom e nem pior nem milhor que outras cidades galegas, antes ao contrario, e umha cidade dumha fonda tradizom liberal, republicana e galeguista, especialmente no periodo pre-franquista (como nengumha outra cidade do nosso pais)...Se queres fazer pola unidade do nosso pais procura fugir de alienazons e de resentimentos cara as partes do nosso pais, pois Galiza ou e tudo o Pais e a suas gentes ou nom e rem nem ninguem...Adiante a Crunha, Lugo, Ourense, Ponte Vedra, Ferrol, o Carvalhinho, a Rua, a Estrada, Vigo, Ortigueira, Viveiro, Mondonhedo, a Canhiza...Se a tua experiencia foi essa, se calhar poderia ter sido outra (eu nacim na Crunha e adimito que a minha cidade nom e perfeita, mesmo pode ser alporizante...mais o mesminho ca outras experiencias de auto-xenreira e indignidade que podem ser vividas em tantismas outra spartes da Galiza...E no que atinge aos dados da TVG e RAG repito o comentario do Anxo...Se coidas que com comentarios como esse estas a fazer pais acho que ficas fora de jogo...Galiza ou e tuda ela e tudos nos ou nom e REM NEM NINGUEM...Se te sentes deslocado ergue a testa e FALA

Barcelos #4 27/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino en Crunia ninguén é forasteiro. Se tí séntesche forasteiro é problema teu, pero non dos crunienses.

Xa se que hai xente por Galiza adiante, especialmente en Compostela e Vigo que nos ten teima, pero iso non é problema noso, senón da envexa.

Eu tamén teño envexa sa doutros lugares de Galiza, pero sempre os recomendo ás persoas que veñen coñecer Crunia. Recomendo especialmente Compostela, as Rías Baixas e a Costa da morte.

E se non nos gusta a Telegaita non é porque é en galego, senón porque é de baixa calidade, ata nos partidos de fútbol, que se ven máis pola Sexta, porque os comentarios resultan máis agradables. Terían que fichar aos Tonechos para comentar os partidos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete