Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por primeira vez na historia

Un equipo galego chega á máxima categoría do béisbol estatal

O Coinasa Halcones de Vigo conseguiu, a pasada fin de semana, o ascenso a División de Honra logo de vencer, nos dous encontros da eliminatoria directa, ao Sevilla Red Sox.

Redacción - 13:21 22/07/2008
Tags:
O Coinasa Halcones de Vigo ao completo

O Coinasa Halcones de Vigo ao completo

O Coinasa Halcones, que naceu hai catro anos en Vigo, fixo historia ao se converter, esta fin de semana, no primeiro equipo galego que ascende á máxima categoría do béisbol estatal.

O sábado disputouse a última xornada da fase final, á que chegaban os vigueses empatados a vitorias co seu rival, o Sevilla Red Sox. Era gañar e ascender ou perder e quedar sen a ilusión e a oportunidade de xogar entre os mellores.

Finalmente, os de Vigo impuxeron a súa calidade e, grazas ao apoio do público que se reuniu no campo, na parroquia de Bembrive, gañaron os dous partidos e o arelado ascenso, culminación dunha tempada que comezaba en abril e na que, pasados xa certos problemas económicos, ninguén pensara en subir á máxima categoría. Mais os bos resultados fóronse sucedendo, e o equipo non perdeu un só partido na casa, o que os situou na primeira posición.

Na vindeira tempada xogarán contra equipos como o Barcelona e o actual campión, o Marlins Puerto Cruz canario. O primeiro obxectivo será conseguir a permanencia, debido, sobre todo, ás limitacións económicas.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

xviluba #1 22/Xullo/2008 xviluba
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se trocádes o nome polo de Falcóns de seguro que varios palanadores e palanadoras da Conferencia Sur da Liga Nacional de Billarda estarían dispostos a botarvos un guante... que o poder galego da LNB invada ós vosos Home Runs!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: