Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O XOVES O CONGRESO DE EUA TRATOU O TEMA VENEZUELANO

Venezuela é un país soberano e non acepta ser "examinado" polo Congreso dos Estados Unidos

"Non aceptamos ser revisados por ningún Congreso, e menos polo Congreso dos Estados Unidos. Ese sistema imperial tense que acabar. Non pode ser que ese sistema imperial coas súas institucións e as súas leis pretenda lexislar e impór a súa visión ao mundo. Non o aceptamos!."
Así respondeu o ministro de Relacións Exteriores de Venezuela, Nicolás Maduro, verbo a sesión que o Congreso estadounidense realizou onte xoves sobre Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 09:42 18/07/2008

"O sistema estadounidense non está na época que está vivindo a humanidade nestes momentos. Hai unha contradición de fondo entre o sistema imperial e a visión humanista e democrática das relacións internacionais para un mundo multipolar, que hoxe é a visión global que comeza a abrirse paso, sobre todo no noso continente" declarou o ministro de Relacións Exteriores, Nicolás Maduro.

Resposta a Thomas Shannon


Do mesmo modo, son rexeitadas as declaracións do xefe da oficina para América Latina do Departamento de Estado, Thomas Shannon, emitidas no Congreso dos EUA.

Shannon declarou que o presidente venezuelano, Hugo Chávez, chegou ao límite da súa influencia na rexión. Afirmou que "por primeira vez en moitos anos Venezuela expresou a súa disposición por mellorar as relacións con EUA.", pero tamén afirmou que "non será doado" normalizar rapidamente as relacións con Venezuela, xa que terá que ver "se esta oferta (de Chávez para mellorar as relacións) é seria".

O ministro Nicolás Maduro dixo: "As expresións contradictorias de Thomas Shanon, expresan a traxedia da política de Estados Unidos que perdeu toda a súa influencia e a súa capacidade de dominación na rexión. Ás veces fálase tecnicamente da capacidade de influencia, é a capacidade de dominar, hoxe non poden dominar a rexión como a dominaban antes, porque hai un liderado que ten a claridade, a coraxe e a afouteza de falar a súa propia linguaxe".

Explicou que as palabras de Shannon "permítennos entender con maior claridade como funciona o sistema imperial. Vostedes non se imaxinan a un Congreso de calquera outro país de América discutindo o que discute o Subcomité de Política Exterior da Cámara de Representantes, coma se fosen o goberno do mundo. Alí eles ditaminan quen se porta ben e quen se porta mal”.


Intervencionismo estadounidense


"Ese goberno que está hoxe nos EUA pretendeu, financiou e planificou un golpe de Estado, no ano 2002, en Venezuela, e estreláronse co liderado do presidente Chávez , do noso pobo e da Forza Armada. Alí comezou a mingua da capacidade de dominación da elite imperial dos EUA", sinalou o ministro venezuelano de Relacións Exteriores Nicolás Maduro.

"Eles pretenden, sendo os vitimarios, pasar por vitimas", dixo Maduro. "É o vello xogo das oligarquías hipócritas e rapaces: matan, asasinan, estragan, interveñen, conspiran, e eles son as vitimas, como di Thomas Shannon, e nós somos os culpábeisde todo o que pasa no mundo", manifestou o diplomata venezuelano.

Finalmente, Maduro pediu ao goberno estadounidense que trate de cultivar un pouco o sentido común, de descubrir que está pasando en Latinoamérica, e "que acepten que perderon a súa capacidade de dominación sobre o noso país e sobre a nosa rexión, e que se queren ter relacións coa rexión, deben redefinir as mesmas".


Ligazóns

4/5 (4 votos)