Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
IR INDO EDICIÓNS

A Enciclopedia Galega Universal xa se pode consultar na internet

Anxo Quintana, que participou na presentación, considéraa unha ferramenta para impulsar a presenza da cultura galega na rede.

Redacción - 17:00 10/07/2008

Este xoves presentouse oficialmente a edición dixital da Enciclopedia Galega Universal (EGU) de Ir Indo Edicións. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que participou na presentación, asegurou que vai supoñer "un antes e un despois" para a presenza de Galiza e do noso patrimonio cultural e lingüístico na Sociedade da Información.

Quintana apostou pola necesidade de empregar internet como vehículo que reforce a identidade cultural galega, na procura do enriquecemento e da normalización cultural e lingüística de Galiza. Tamén salientou que é preciso aproveitar a oportunidade de xerar contidos galegos e en galego para a rede, pois o 62% dos internautas do país consideran baixa ou moi baixa a presenza da nosa lingua na internet.

Na elaboración da enciclopedia tivéronse en conta a promoción da igualdade e mais a accesibilidade. Así, eliminouse a linguaxe sexista e incorporáronse sistemas de accesibilidade para as persoas con discapacidade, como entradas de voz para persoas cegas.

A Consellaría de Innovación e Industria achegou 60.000 euros para a adquisición dunha licenza corporativa da enciclopedia para o seu emprego nos centros da Rede Galega de Dinamización da Sociedade da Información e na adquisición de 2.000 licenzas individuais.

A Enciclopedia Galega Universal en Internet, ao igual que na súa versión impresa, é a primeira de carácter universal escrita integramente en galego. Editada por Ir Indo Edicións, incorpora vídeos, animacións e audios. Conta con 200.000 entradas permanentemente actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías, material didáctico para profesores e alumnos, ademais de variados xogos e concursos.

No acto de presentación, que se desenvolveu no hotel Porta do Camiño, en Compostela, participaron, ademais do vicepresidente da Xunta, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; o director de Ir Indo, Bieito Ledo; o reitor da USC, Senén Barro, e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares.


3,75/5 (8 votos)

Comentarios (5)

Carlinhos #1 10/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E podemos consulta-la gratuitamente enquanto nom gastem o subsídio que lhes pagamos.

pampo #2 11/Xullo/2008 pampo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A capacidade do Sr. Bieito Ledo para "extraer" recursos é proporcinal ao desnorte do BNG no ámbito cultural. Esta enciclopedia xa contou cunha grande subvención da anterior Consellería de Educación do PP e agora o camaleónico Ledo "dixitaliza" os fondos e volve chupar do bote. Que noxo dan algúns "parásitos" das institucións !

galeguzo #3 11/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seria bom aclarar desde o início que a consulta gratuita só será, ao menos em princípio, até depois do Verão. Ou seja, unicamente um isco para que a gente se anime a utilizá-la, comecem a aparecer pseudo-notícias utilizando-a como fonte, dar-lhe algo de nome a esta versão digital... e depois a cobrar por subscrição. E todos, da Junta aos meios de comunicação, participando servilmente a esta estratégia. Enfim, quem quererá pagar pola EGU estando as Wikipédias, que são igual de fiáveis (ou seja, pouco)?

Tino #4 11/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana é un político do século XXI frente outros q ficaron no seculo XX antes de Cristo.

Xallundes #5 11/Xullo/2008 Xallundes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Entendo que é interesante, tanto se é de balde como pagando, mesmo lles desexo sorte. Fundamental que haxa contidos na rede. A diversidade, a competéncia e a pluralidade fará que melloren, e que a xente teña diferentes opcións de consulta.
Eu prefiro poder escoller, incluso entre os puntos de vista.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: